"COE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 127.

    1. Que constrinxe a alguén para que faga ou diga algunha cousa.

    2. Campo magnético mínimo que se necesita para anular a imantación dun corpo imantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos coeríbidos de 10 cm de lonxitude, peteiro agudo e lixeiramente curvado cara a abaixo, cola curta; a cella e a gorxa son brancas, as partes superiores grises e as inferiores amarelas. Aliméntase de froitos, invertebrados e néctar, e fabrican un niño arredondado cunha entrada lateral. A especie C. flaveola distribúese polas Antillas, o S de México e o nordeste da Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dióxido de silicio, de fórmula SiO2. Cristaliza no sistema monoclínico. É o mineral polimorfo da sílice de maior densidade. Orixínase en rochas que estiveron sometidas ao impacto de grandes meteoritos. Loring Coes sintetizouna por primeira vez no ano 1953 a unha presión de 35 atmosferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentimento global de unidade sensorial (orgánica e psíquica) que se produce pola síntese do ton nervioso fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de coetáneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen vive ou coincide nunha mesma época ou nun mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de coeterno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que coexiste eternamente con outro ou outros seres.

    2. Calidade de eterno aplicada a cada unha das tres persoas que integran a Trindade, en tanto que existen simultaneamente por xunto e por separado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica francesa realizada en 1992. Foi dirixida por Claude Sauet e interpretada por Daniel Auteuil, Emmanuelle Béart, André Dussolier e Elizabeth Bourguine. É a historia de Stéphane e Maxime, dous prestixiosos luthiers con moita habilidade no seu traballo. Os dous comparten a profesión e unha prolongada amizade. A irrupción dunha fermosa violinista na vida de Maxime ameaza con rachar a relación dos dous amigos, tanto no eido profesional coma no persoal. O director desta película creou unha galería de personaxes moi variados e complexos que sosteñen toda a trama argumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mercador francés. Mestre das moedas (1435), ministro de Finanzas (1440) e conselleiro (1442) de Carlos VII. En 1432 iniciou o comercio con Oriente desde Montpellier e Marseille. Dispuxo dunha flota e alternou o valioso intercambio con Oriente, sobre todo de especias, con outras actividades comerciais. Acredor do rei e dos cortesáns, e envexado polas súas riquezas, foi acusado de diversos delitos que levaron á súa detención en 1451. En 1453 foi condenado ao pagamento dunha gran cantidade de diñeiro e confiscáronlle os seus bens; por esta razón, fuxiu de Francia e refuxiouse preto do papa, que lle confiou o mando dunha escuadra contra os turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evolución simultánea de dous grupos de organismos que se inflúen reciprocamente e que se adaptan progresivamente uns aos outros, como por exemplo as anxiospermas de polinización por insectos e os propios insectos. Tamén se coñece como evolución concertada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de coexistir.

    2. Fórmula de política e diplomacia internacional adoptada entre estados de configuración política e económica diversa e antagónica, para solucionar as súas diverxencias de forma pacífica, co rexeitamento dos enfrontamentos militares directos. Este concepto desenvolveuse a partir da superación das etapas de Guerra Fría e distensión seguintes ao final da Segunda Guerra Mundial, co obxecto de regularizar as relacións e diminuír a tensión existente entre a Unión Soviética e os estados do sistema económico capitalista, liderados por EE UU. O período de coexistencia pacífica abrangueu desde os anos sesenta ao desmantelamento do bloque comunista, a partir de 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que coexiste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Existir simultaneamente. Ex: Durante algúns anos coexistiron as dúas tendencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico e político. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomouse en Sanidade. Membro do Partido Popular (PP), iniciou a súa andaina política en 1987 como concelleiro do concello de Ordes, cargo que ocupou ata 1989. Foi parlamentario galego nas lexislaturas IV (alta 12.9.1995) e V (alta 12.9.2000), pola circunscrición da Coruña. Participou como vogal na Comisión Institucional e na de Agricultura, Gandería e Montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cóengo en relación aos outros cóengos do mesmo capítulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra escrita por Nicolao Copérnico ao longo duns vinte e cinco anos de traballo (1507-1532) e publicado no ano 1543, no que expresa as súas teorías sobre a estrutura do sistema solar. Segundo Copérnico é o Sol, e non a Terra -como propuxera Ptolomeo-, o centro do sistema planetario e arredor del xiran todos os planetas. Este modelo imaxinouno Copérnico cara ao ano 1505, aínda que non o publicou ata 1543, porque quería facer un desenvolvemento matemático da súa teoría co fin de demostrar que podía explicar os mesmos feitos ca o modelo ptolemaico e evitar problemas coa Inquisición, xa que o seu punto de vista se podía considerar contrario ao dogma católico. O seu discípulo Rheticus, un matemático luterano, animouno a publicar a obra e empezou a preparar a súa edición; continuouna o teólogo luterano Osiander, quen escribiu un prólogo no que sinalaba que cumpría tomar a teoría copernicana como un modelo matemático. Como o prólogo non ía asinado, creuse que era do propio Copérnico, ata que Kepler...

    VER O DETALLE DO TERMO