Coeur en hiver, Un
Coeur en hiver, Un
Nome científico:
[Un corazón en inverno]
[IMAX]
Produción cinematográfica francesa realizada en 1992. Foi dirixida por Claude Sauet e interpretada por Daniel Auteuil, Emmanuelle Béart, André Dussolier e Elizabeth Bourguine. É a historia de Stéphane e Maxime, dous prestixiosos luthiers con moita habilidade no seu traballo. Os dous comparten a profesión e unha prolongada amizade. A irrupción dunha fermosa violinista na vida de Maxime ameaza con rachar a relación dos dous amigos, tanto no eido profesional coma no persoal. O director desta película creou unha galería de personaxes moi variados e complexos que sosteñen toda a trama argumental.