"Cide" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 95.

      1. Relativo ou pertencente ao oeste.

      2. Que está situado no oeste.

    1. Aplícase ao astro que se pon despois do Sol.

      1. Relativo ou pertencente ao Occidente.

      2. Natural ou habitante dunha rexión de Occidente.

    2. Aplícase á Igrexa Romana e a cada unha das súas liturxias.

    3. Aplícase á parte de Europa situada ao O dos confíns político-ideolóxicos que simbolizou o pano de aceiro.

    4. Conxunto de potencias adheridas á OTAN e opostas ás que constituían o Pacto de Varsovia.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Kenya (8.360 km2; 3.358.776 h [1999]). A súa capital é Kakamega (58.862 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zambia (126.386 km2; 607.497 h [1990]). A súa capital é Mongu (24.919 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Ghana (23.921 km2; 1.374.483 h [estim 1991]). A súa capital é Sekondi-Takoradi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Malta (68,7 km2; 54.159 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa petrolífera estadounidense creada en 1920 en Los Angeles (California) por Armand Hammer. Ten unha forte actividade química e mineira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección pola vida e a cultura dos pobos occidentais.

    2. Movemento reformador ruso que se desenvolveu en tempos do Tsar Nicolao I de Rusia. Os occidentalistas (Čaadajev, Herzen, Belinskij), ao contrario dos eslavófilos, pensaban que o Imperio Ruso tiña que seguir a escola occidental tomando o máis moderno da mesma (organización administrativa, laicismo) e non copiala servilmente. Como consecuencia da Revolución de 1848, a policía tsarista perseguiu ferozmente os occidentalistas, de xeito que o movemento desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao occidentalismo.

    2. Seguidor do occidentalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de occidentalizar ou occidentalizarse.

    2. Proceso complexo de tipo cultural, mediante o que os pobos afastados da cultura europea intentan apropiarse dela, sexa nos seus aspectos máis profundos, como a filosofía ou a relixión, ou ben sobre aquilo que é máis asimilable, como a moda ou a técnica. Nacido do trastorno europeo que supuxo o Renacemento e os descubrimentos científicos e técnicos, o proceso acentuouse a partir do s XIX, como consecuencia da expansión colonial. Foron exemplos típicos deste fenómeno a Rusia de Pedro I ou a Turquía de Atatürk.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer adoptar os costumes ou a cultura occidentais.

    2. Adoptar formas de vida ou de cultura occidentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto do horizonte por onde se pon o Sol.

    2. Parte da Terra que mira a poñente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rexións ou territorios occidentais. A partir da morte de Teodosio I (395) e ata a deposición de Rómulo Augusto, o nome Occidente foi empregado para designar unha das dúas seccións nas que foi dividido o Imperio Romano (Imperio Romano de Occidente). Ao cabo duns cantos séculos, coa ruptura das relacións entre Roma e Constantinopla, acentuouse o uso do termo aplicado á Igrexa Romana, -Igrexa de Occidente- en contraposición á Igrexa de Oriente. Sempre na base dunha fundamentación histórico-cultural, desde o s XIV ata a segunda metade do s XIX reuniuse dentro do xenérico Occidente o complexo de estados europeos unidos pola fe cristiá e que ideal e relixiosamente (se non sempre politicamente) se opoñían ao dominio turco. Co afastamento dos turcos de Europa e a causa da súa progresiva occidentalización, os límites culturais occidentais trasladáronse á zona dos mongois, sometida á influencia asiática. Con posterioridade, o concepto ampliouse ata comprender aos países do Atlántico e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista francés. Estudou a flora, a fauna e a etnoloxía dos países sudamericanos e foi un dos creadores da paleontoloxía estratigráfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu un dos dous territorios en que se dividiu o estado de Paquistán, desde a súa formación (1947) ata a independencia de Paquistán Oriental (1972). Constitúe o estado paquistaní.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de plácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación cefálica en diferentes grupos animais, como a trompa dos elefantes.

    2. Figura semellante á trompa dun elefante que en realidade é a estilización dun corno de touro ou búfalo ao que lle foi seccionada a punta e ancheada a abertura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos proboscídeos.

    2. Mamífero da orde dos proboscídeos.

    3. Orde de mamíferos que comprende animais de gran volume, coas extremidades alongadas e robustas, e cinco dedos unidos por unha membrana para formar unha base sólida, provistos de pequenos pezuños. Presentan unha longa trompa olfactiva e prénsil, formada pola fusión do nariz e o labio superior. Os seus incisivos superiores forman unhas longas defensas que medran continuamente e poden alcanzar ata 3,5 m de lonxitude. A súa pel é grosa e con pouco pelo e son de réxime herbívoro. Pertencen a esta orde o elefante de sabana (Loxodonta africana) e o elefante asiático (Elephas maximus).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prolapso, caída ou saída dunha parte ou dun órgano, especialmente do cordón umbilical e do colo da matriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do antigo Reino de Prusia, situada ao O do Vístula, con capital en Gdańsk. Durante os ss XII e XIII constituíu o ducado polaco de Pomerelia e en 1309 foi conquistada pola orde Teutónica. En 1466 reincorporouse a Polonia e recibiu o nome de Prusia Real. A primeira repartición de Polonia (1772) atribuíuna ao Reino de Prusia, e polo Tratado de Versailles (1919) incorporouse novamente ao estado polaco, excepto o enclave de Gdańsk, que se converteu en cidade libre e que non se uniu a Polonia ata 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO