"Conde" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 167.

  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Emigrante en Bos Aires, foi catedrático de Xeografía Marítima na Escuela Naval Militar e colaborador na prensa (El Correo Español, La Prensa Española e La Opinión). Escribiu, entre outras obras, Influencia del descubrimiento de América en el proceso de la civilización (Premio do Centro Educacionista Popular de Concordia, 1892) e Los municipios en la América española (1899). Como poeta elaborou varias composicións en galego e castelán para diversas publicacións (“O que foi”, “Fóra do niño” e “Os porcos vencedores”). Foi membro correspondente da Real Academia Galega en Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, traballou nunha fábrica de curtidos en Inglaterra antes de regresar á súa vila natal para facerse cargo da empresa de curtumes do seu pai. O primeiro proxecto que acometeu foi a modernización da fábrica familiar e a creación dunha importante explotación gandeira de carácter industrial. Non obstante , a súa obra máis coñecida é a dotación de electricidade á cidade de Ourense para o que construíu a estación térmica do Campo dos Remedios, no Miño. Tamén foi o construtor dos saltos dos ríos Loña, Arnoia e Mao. Exerceu, ademais, como membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e como secretario da Comisión de Monumentos de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freire agostiño. Foi mestre e prior dos conventos de Caión e Pontedeume. Publicou, en 1736, Novena del arco de paz entre Dios y los hombres: del libertador del Purgatorio: del hijo del Sol de la Iglesia Agustina: San Nicolás de Tolentino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa canadense. Unha parte dos seus traballos realizounos en colaboración co tamén fotógrafo Karl Beveridge. Individualmente, expuxo as súas obras na The Art Gallery of Ontario, en Toronto (1946), no Printed Matter de Nova York (1981), no Australian Centre for Photography, en Sydney (1982), e na Camera-work Gallery de San Francisco (1985). Colectivamente participou nas mostras do San Francisco Art Institute de San Francisco (1977), do Museum Moderner Kunst de Viena (1985), da Bronx River Gallery de Nova York (1987) e da IV Fotobienal de Vigo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción militar situada no interior da fortaleza de Salvaterra de Miño construída a mediados do XVI tralas invasións portuguesas que arrasaran a fortificación anterior. As obras de ampliación afectaron á parte oeste e á norte, onde se levantou baixo o amparo de Guillén Román de Moncada, marqués de Aytona e capitán xeneral de Galicia, o castelo de Santiago de Aytona. Construíronse pavillóns, polvoreiras, almacéns, cuarteis e a casa do gobernador. Posteriormente, fixéronse proxectos de ampliación coa construción do Pazo do Conde no s XVII do que na actualidade só quedan as chamadas Covas de dona Urraca, accesibles por unha escaleira de caracol que dá paso ás estancias abovedadas. Este conxunto rehabilitouse a finais dos anos noventa mellorando os muros defensivos do recinto. Acolle a celebración da Festa do Viño do Condado o derradeiro domingo do mes de agosto. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor, fillo de Xosé Conde Corbal. Comezou a súa andaina artística na pintura. En 1971 realizou a primeira exposición individual no Museo Arqueolóxico de Ourense, onde traballou con Xesús Ferro Couselo. Viviu fóra de Galicia ata que, en 1980, se instalou en Vilagarcía de Arousa, onde comezou a cultivar a escultura. Empregou a madeira, o ferro e a pedra como materiais principais das súas obras e, en 1991, celebrou a súa primeira mostra escultórica en Santiago de Compostela. A súa obra, influenciada por Chillida e Oteiza, achegouse ás propostas construtivistas. Entre as súas construcións destaca a peza realizada para o Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela (1993) e a súa participación no proxecto Galicia Terra Única (1997). Ilustrou tamén un libro de poemas de Miguel Durán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ferreiro. Realizou unhas reixas de ferro para o mosteiro de Vilanova de Lourenzá en 1650.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. En 1825 proxectou e dirixiu a construción da fonte da praza das Praterías e realizou a escaleira da praza da Acibechería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador. Pertenceu á Escola Linoleísta de Pontevedra. Colaborador da revista Spes, realizou linóleos como Torre del reloj (1940) e unha portada de tema mariñeiro (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Perito mercantil, colaborou en diversos xornais e revistas (Poesía española, Ágora, Gánigo, Aturuxo, La Coruña. Paraíso del turismo, La noche, El Progreso, La Voz de Galicia, etc) e participou na fundación da revista Nordés en 1975, xunto con Tomás Barros e Luz Pozo Garza. Entre outras obras publicou: Wagner (1943), Tiempo (1957), con ilustracións de Díaz Pardo, El “verso blanco” en la poesía española (1960), Versos con un poco de muerte (1962) e Viaxe cara a morte (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciada en Belas Artes pola facultade de Pontevedra (1996), ampliou estudos en Londres. Realizou unha obra de carácter antropomórfico, onde o corpo se converteu no soporte conceptual dunhas reflexións que, a través do estímulo e do acto de agochar a vista, viaxan á vida real. Participou en exposicións individuais e colectivas en Galicia e no estranxeiro, entre as que destacan a 8th Exhibition of Prints in Kanagawa, Xapón (1993), e a 2nd Exhibition of European Exchanges, na Knights Gallery de Londres (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e político. Trasladouse a Montevideo en 1780, onde se converteu nun destacado home de negocios e membro do cabido da cidade dende 1802. Nas loitas pola independencia permaneceu fiel á monarquía española (1811). Exerceu tamén como tenente do tribunal do Consulado de Comercio de Montevideo (1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador norteamericano. Formouse en Nova York ata que en 1963 recibiu unha bolsa do goberno francés e posteriormente outra da Guggenheim Foundation. Instalouse en España en 1969. A súa obra inscríbese dentro da nova figuración con predominio da alegoría. Membro da Societé des Peintres Gravours Français.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título xurisdicional concedido en 1530 a Luís I de Borbón-Condé (1530-1569), duque de Vendôme, sobre o señorío de Condé-sur-l’Escaut, pertencente aos Borbóns. Os seus descendentes formaron a rama de Condé da casa de Borbón. Entre os membros desta casa principesca destacaron Luís II de Borbón-Condé (1621-1686), coñecido como o Grand Condé, Luís V Xosé de Borbón-Condé (1736-1818) e Luís Antonio Enrique de Borbón-Condé (1772-1804). O pai deste último, Luís IV Enrique Xosé de Borbón-Condé (1756 - 1830), derradeiro príncipe de Condé, cedeu os seus bens ao príncipe Enrique de Orlèans, duque de Aumale, fillo do Rei Luís Filipe I. O título de príncipe de Condé restableceuno este rei e cedeullo a Luís Filipe de Orlèans, fillo do duque de Aumale. Extinguiuse á súa morte (1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Belas Artes da Coruña. Participou no Concurso Artístico Nacional de Bellas Artes de 1856 coa obra Las flores de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Manuel López Conde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou en Ourense, en Deusto e na École d’Electricité e Conduteur de Travaux de París. Foi comisario local de escavacións arqueolóxicas de Allariz e en 1936 participou no proxecto de desecación da lagoa de Antela. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e no Boletín Auriense, e escribiu, entre outras obras, Dos villas romanas de la cibdá de Armeá, en Santa Mariña de Augas Santas (1959), Nuevas puntas de flecha en la Laguna de Antela (1959), La capilla titular de la sierra de San Mamed (1959), Un busto céltico (1959), O facho do Castro (1960), El castillo de Sande (1961) e El convento del Buen Xesús de La Limia (1962). Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Historia e á Sociedade Arqueológica Martins Sarmento de Guimarães.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de condecorar.

    2. Insignia honorífica, que xeralmente se leva no peito, coa que se condecora a alguén como galardón por algún servicio ou por algún mérito notable, ou por perpetuar un feito histórico importante. En Roma outorgábase como premio ao valor militar. A súa concesión constitúe unha prerrogativa dos xefes de estado ou dos gobernos, e o seu uso está ao abeiro e regulado polas distintas lexislacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de condecorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conceder ou impor a alguén unha condecoración.

    VER O DETALLE DO TERMO