Condé, principado de
Título xurisdicional concedido en 1530 a Luís I de Borbón-Condé (1530-1569), duque de Vendôme, sobre o señorío de Condé-sur-l’Escaut, pertencente aos Borbóns. Os seus descendentes formaron a rama de Condé da casa de Borbón. Entre os membros desta casa principesca destacaron Luís II de Borbón-Condé (1621-1686), coñecido como o Grand Condé, Luís V Xosé de Borbón-Condé (1736-1818) e Luís Antonio Enrique de Borbón-Condé (1772-1804). O pai deste último, Luís IV Enrique Xosé de Borbón-Condé (1756 - 1830), derradeiro príncipe de Condé, cedeu os seus bens ao príncipe Enrique de Orlèans, duque de Aumale, fillo do Rei Luís Filipe I. O título de príncipe de Condé restableceuno este rei e cedeullo a Luís Filipe de Orlèans, fillo do duque de Aumale. Extinguiuse á súa morte (1866).