"Deiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 188.

    1. Faixa de tea ou doutro material que se pon arredor da cintura para cinguir o traxe ou o vestido. Ex: A miña avoa sempre levaba cinguideiro por riba da saia.

    2. Peza de roupa que se cingue á cintura para non manchar a parte dianteira do corpo.

    3. Lámina de ferro que protexe a roda do carro.

    4. Faixa diminuída nun terzo do seu largo normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘retrete’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral oriental da Illa de Arousa, na parroquia e concello homónimos, situada ao S da punta do Furado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que herda conxuntamente con outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode comer ou que está en boas condicións para comer.

    2. comedeira.

    3. Lugar no mar onde acoden a comer as bandadas de peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación militar destinada a destruír os torpedos inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Valga baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume profesional moi común durante a Idade Media e que se lles aplicaba ás persoas que facían cordas; este oficio desapareceu contra mediados do s XX. Con todo, non se pode descartar a posibilidade de que nalgún caso remita ao latín vulgar *cordariu ‘cría da ovella’, aínda que é pouco probable posto que a voz máis común para designar este animal en galego é ‘año’. Atéstase no s XII en documentos en latín e no s XIV en textos en galego: “Pelagio Cordario” (doc ano 1152-1157 en Ángel Rodríguez González/José Ángel Rey Caiña “Tumbo de Lorenzana”, Estudios Mindonienses 8, 1992, p 65), “Afonso Cordeyro” (doc ano 1358 en J. I. Fernández de Viana y Vieites, Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 80). Adoita aparecer castelanizado (Cordero).

    2. Liñaxe de orixe asturiana que se estendeu por toda a Península. Unha rama pasou a Portugal. Leva como armas escudo axadrezado de doce pezas, seis de ouro e seis de goles; bordo de sinople, con catro cordeiros brancos. Outros traen escudo cortado: primeira partición, en campo de goles, cun castelo de ouro aclarado de azul; segunda partición, en campo de sinople, con dous cordeiros brancos postos en pao. Os galegos usan, en campo de goles, dous cordeiros brancos, terrazados de sinople, un pacendo e outro coa cabeza erguida. Outros levan, en campo de sinople, catro cordeiros brancos en cadanseu cantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fabrica ou vende cordas. Pertence a unha caste de itinerantes que fai e vende cordas nas feiras e romarías. Para atender moitos dos encargos mercaba a materia prima, como a estopa do liño, do cánabo e, especialmente, as sedas de rabo de vaca e crina de cabalo na rapa das bestas que se realizaba no verán. Facía tamén cordel para redes e trampas de pesca de río e, ás veces, recibía encargos para a realización de xergóns. Desprazábanse ata Extremadura, Andalucía e Portugal.

    2. Mestre cordeiro que traballaba esencialmente con cánabo. A súa produción destinábase principalmente a cordas de barcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría da ovella ata a idade dun ano.

      1. Carne de cordeiro de menos de catro meses cun peso de ata 13 kg. En Meira (Moaña) celébrase desde 1990 a festa do Cordeiro ao espeto, asado á maneira crioula, e en Poio hai tradición de celebrar unha festa do Cordeiro o día de san Xoán.

      2. cordeiro leitón

        Carne de cordeiro de menos dun mes e medio, cun peso de ata 8 kg.

    2. Pel de cordeiro.

    3. Persoa de carácter pacífico, dócil e humilde.

    4. año.

    5. año de Deus

    6. Planta perenne de ata 40 cm de altura e con capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos. Propia de dunas e praias, está totalmente recuberta dunha lanuxe branca que a protexe das duras condicións, como a alta insolación, a desecación ou a acción abrasiva do vento cargado de area. Tamén se coñece como carrasca de san Xoán.

    7. año pascual

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como inspector de servizos da consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Concelleiro en Foz dende 1967, accedeu á alcaldía en 1979, pero dimitiu para presidir a Deputación Provincial de Lugo (1979-1983). Por decisión de Antonio Rosón Pérez, foi membro da Comisión dos 16 e participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia en decembro de 1978. Foi conselleiro da Xunta preautonómica no goberno de José Quiroga Suárez (1979-1982), concelleiro de Lugo e membro da Deputación Provincial (1983-1987). Parlamentario na II lexislatura (1985-1989) pola circunscrición de Lugo, foi vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia dende o 13 de maio de 1986, en substitución de Tomás Pérez Vidal. Entre 1992...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Foi director xeral de Instrução Pública e fundador da Sociedade de Geografia (1875). Escribiu obras de historia e literatura, como Diogo Caõ: descobertas e descobridores (1892) e Arte e literatura portugueza d’hoje: livro de critica: 1868-1869 (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na fachada de Praterías da catedral de Santiago de Compostela, onde realizou a creación de Eva, o Cristo en maxestade do contraforte da esquerda, uns anxos e dúas figuras de Deus Pai. A súa obra diferénciase da do mestre Estevo pola falta de expresividade. O seu estilo é semellante ao do autor das portas do cordeiro de San Isidoro de León e ao das portas da catedral de Jaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Valga. Baixo o nome de Santa Comba de Louro foi cabeza da antiga xurisdición de Cordeiro, que sufriu as invasións normandas pola súa proximidade ás Torres do Oeste. Antano foi un mosteiro de monxas fundado no s X polos condes Menendo e Tonda. En 1028 pertenceu a Vermudo III e, posteriormente, don García doouno á igrexa compostelá. Ao disolverse a comunidade de monxas, instalouse nas súas dependencias unha comunidade de cóengos regulares, polo que a igrexa acadou a categoría de colexiata. En 1478 anexionouse á colexiata de Iria por mandato de Alonso III de Fonseca. Consérvase a igrexa de estilo barroco con influencias neoclásicas (1733-1734). Realizouna o mestre Xoán Fontenla segundo a traza de Antón Barros. Ten planta de cruz latina, ábsida rectangular e cóbrese con bóvedas de medio canón. No interior destaca o altar maior, trazado por Xosé Bieito Malvárez e realizado por Alexandre Nogueira. As imaxes orixinarias deseñounas Xosé Gambino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce moitas crías.

    2. Que se cría con facilidade.

    3. Conxunto de instalacións nas que se crían plantas ou animais mentres son pequenos ou ata que se poden introducir no mercado ou consumir.

    4. Órgano do aparato reprodutor das femias dos mamíferos que contén o embrión e posteriormente o feto.

    5. Casulo de protección dos ovos, de natureza coriácea, rectangular e prolongado en cada ángulo por un filamento que serve para fixarse á vexetación, propia dalgunhas especies de peixes cartilaxinosos como a patarroxa e as raias. Os casulos baleiros arrástraos a miúdo o mar e deposítaos na praia, e unha vez secos escurécense e ennegrécense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ourense. De estilo románico, construíuse no s XII. Consta dunha nave e dunha ábsida rectangular. O arco triunfal é apuntado. No interior destaca o coro realizado polos mestres Alonso Martínez e Cornelio Guillermo. Na fachada principal sobresae a portada formada por arquivoltas semicirculares que descansa en columnas acobadeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que exerce prácticas curativas en persoas ou animais valéndose de coñecementos médicos de tipo tradicional e empírico, ou de prácticas máxicas ou relixiosas. Ademais dos compoñedores -que non empregan tanto a medicina máxica senón que orientan máis o seu traballo a compoñer ósos fracturados articulacións ou tendóns escordados, e tratar certas enfermidades especiais e frecuentes nos animais-, na sociedade tradicional galega e europea hai dous tipos de curandeiros, asociados aos distintos sistemas médicos. Por un lado están os curandeiros ou menciñeiros (ou as curandeiras médicas) que curan fundamentalmente con plantas; moitas destas plantas levan nomes de santos e son consideradas sagradas polo santo que lles dá o nome, outras son herbas comúns ás que recorren para o seu curandeirismo supersticioso, como as follas de loureiro, de romeo, artemisa, carballo, oliveira, menta, fiúncho, ruda, etc; e, polo outro, os curandeiros (ou as bruxas curandeiras)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilanova de Arousa baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen nunha serie non ten nada máis detrás. OBS: Derradeiro é sinónimo de último só cando este se refire a series ou procesos completamente finalizados.

    2. Aplícase a un vehículo cando a carga que transporta está desproporcionada porque leva máis peso na parte traseira ca na dianteira.

    VER O DETALLE DO TERMO