criadeiro -ra

criadeiro -ra

(< criar)

  1. adx

    Que produce moitas crías.

    Ex: Hai que traer un carneiro para xuntalo con estas ovellas que son moi criadeiras.

  2. adx

    Que se cría con facilidade.

    Ex: Diminuíron a explotación de vacún para aumentar a de polos porque son máis criadeiros.

  3. s m

    Conxunto de instalacións nas que se crían plantas ou animais mentres son pequenos ou ata que se poden introducir no mercado ou consumir.

    Ex: O peixe que trouxen para a cea vén do criadeiro. Fomos buscar as árbores froiteiras a un criadeiro porque estaban moito máis baratas ca no mercado.

  4. s f

    Órgano do aparato reprodutor das femias dos mamíferos que contén o embrión e posteriormente o feto.

    Sinónimos: tero.
  5. criadeiro da raia

    Casulo de protección dos ovos, de natureza coriácea, rectangular e prolongado en cada ángulo por un filamento que serve para fixarse á vexetación, propia dalgunhas especies de peixes cartilaxinosos como a patarroxa e as raias. Os casulos baleiros arrástraos a miúdo o mar e deposítaos na praia, e unha vez secos escurécense e ennegrécense.

Palabras veciñas

Crex | cri du chat* | cría | criadeiro -ra | Criado | criado -da | Criado Boado, Felipe