cri du chat*

cri du chat*
[PAT]

Enfermidade xenética provocada por unha delección no brazo curto do cromosoma 5. Detectada por primeira vez en 1963, un dos seus signos característicos é a emisión dunha especie de miaño durante a infancia, de onde lle vén o nome. Outros síntomas son a presenza de ollos moi separados con dobramentos epicánticos, trazos faciais únicos e varios atrasos físicos e mentais.

Palabras veciñas

Crewe | crewel work* | Crex | cri du chat* | cría | criadeiro -ra | Criado