Criado Boado, Felipe

Criado Boado, Felipe

Arqueólogo. Doutor en Xeografía e Historia, foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela (1984-2001), onde dirixiu o grupo de investigación en Arqueoloxía da Paisaxe e o laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais. Ademais, desde o ano 2001 foi profesor investigador do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e dende 2003 é Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais. Centrou o seu estudo na arqueoloxía da paisaxe, na arquitectura megalítica, na teoría arqueolóxica e nas metodoloxías para a xestión do patrimonio arqueolóxico. Colaborou, entre outras, nas revistas Gallaecia e Cuadernos de Estudios Gallegos.

Foi coautor, entre outros libros, de La cerámica campaniforme en Galicia (1982), La cultura megalítica de la provincia de la Coruña y sus relaciones con el marco natural: implicaciones socio-económicas (1987) e La arqueología en la gasificación de Galicia 1: programa de control y corrección de impacto arqueológico (1998). Escribiu Del terreno al espacio: planteamientos y perspectivas para la arqueología del paisaje (1999), Planear el pasado: ideas para la recuperación del Castro de Elviña (2003) e Arqueológicas. La razón perdida (2012). 

É membro da Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia e da European Association of Archaeologists e A European Association of Archaeologist (EAA), segunda asociación de arqueólogos máis importante do mundo despois da Society for American Archaeology, da que foi presidente tres anos. 

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela