criado -da
criado -da
(< criar)
-
p reg
de criar ou criarse.
-
s
Persoa que serve nunha casa a cambio dun salario. Na tradición oral recóllense ditos como: “Criado dun día caseiro dun ano. Farta ben ao teu criado e veralo calado. Ao bo criado nunca lle falta amo. O criado ben mandado pode ser compañeiro do amo. Ao criado novo, pan e ovo; ao vello, caldo acedo”.
Ex: Traballa de criada no pazo. Foron os criados os que nos dixeron que non estaban na casa.