"Diego" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
PERSOEIRO
Político, fillo de Luís López Ballesteros. Militou inicialmente no Partido Moderado, en 1840 pasou ao Partido Monárquico-Constitucional e posteriormente ingresou na Unión Liberal de O’Donnell en 1858. Deputado por Galicia en 17 lexislaturas (1837-1873), foi director xeral de Arbitrios e Amortización, de Rendas Estancadas e de Contribucións Directas. Foi conselleiro do Estado (1857) e ministro de Ultramar (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador e xustiza maior de Galicia (1484-1498?). Sucedeu a Fernando de Acuña nos seus cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Porteiro de fútbol. No ano 1994 ingresou na canteira do Club Deportivo Lugo, onde permaneceu ata o 2000, ano no que asinou co Real Madrid como porteiro titular do Real Madrid C, na Terceira División. Na seguinte temporada foi cedido á Agrupación Deportiva de Alcorcón, na Segunda B e en 2002 regresou ao Real Madrid, onde pasou 3 anos entre o Real Madrid C e o B, co que conseguiu o ascenso á Segunda División. Na temporada 2005/06 saltou ao primeiro equipo como segundo suplente, debutando o 30 de abril de 2006 ante o Osasuna. Na temporada seguinte non xogou na Liga pero si na Copa do Rei. Dende a temporada 2007/08 xoga no Villareal CF, é porteiro titular, aínda que comezase como suplente. No 2008 foi elixido pola web oficial da UEFA como porteiro revelación da Liga española. Debutou na selección española en marzo do 2009
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso agostiño. Coñecido como o Cicerón galego e Tertulián español, foi elexido vigair xeral no convento de Nostra Signora delle Grazie (Nápoles). Escribiu Flores Amoenae Eruditionis, Quinque Porticus Moralis Probatiae Piscinae Misticae Sanitatis (1717) e Phoenix Renatus ad Thora Augustinus, sobre a vida de Santo Agostiño (1601).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Camareiro do bispo Alonso III de Fonseca e notario e secretario do conde de Monterrei. Formou parte do grupo fundador da Universidade de Santiago de Compostela como escribán (1553).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista arxentino. Comezou xogando en Argentinos Juniors, de onde pasou ao CA Boca Juniors. Despois de gañar a liga arxentina, fichou polo FC Barcelona, co que gañou a Copa da Liga e a Copa do Rei (1983). Co Nápoles obtivo dúas ligas (1986-1987 e 1989-1990), a Copa de Italia (1987), a Copa da UEFA (1989) e a Supercopa de Italia (1990). Tamén gañou o campionato do mundo coa selección arxentina (1986) e recibiu tres Balóns de Ouro (1979, 1980 e 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador e capitán xeneral do Reino de Galicia (1606-1608). Reconstruíu a maior parte das fortificacións que defendían o recinto urbano da Coruña e colocou nos muros os escudos coas súas armas que retirou o seu sucesor no cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Partidario de A. Lerroux, foi ministro de Comunicacións no goberno provisional de 1931. Xefe da minoría radical no Congreso de los Diputados e ministro de Gobernación (1933), fíxose cargo da presidencia do goberno. Rompeu as relacións con Lerroux e fundou o partido Unión Republicana. En 1945 foi presidente da República no exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, terceiro marqués de Leganés, marqués de Mairena e de Morata de la Vega e cuarto duque de Sanlúcar la Mayor. Comendador maior na orde de Santiago, foi lugartenente de València (1667-1669), de Catalunya (1678 e 1685-1688) e gobernador de Milán (1691-1698). Responsable da caída do ministro Oropesa, mostrouse partidario de Carlos de Austria como sucesor de Carlos II. Filipe V condenouno á cadea durante a Guerra de Sucesión Española (1705), ao descubrir que facilitara información ás forzas de Carlos de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, primeiro marqués de Leganés (1627) con Grandeza de España (1634) e comendador maior de León na orde de Santiago. Curmán do conde-duque de Olivares, foi presidente do Consello de Flandres e gobernador de Milán (1635-1637), onde recobrou a Valtellina. Derrocado máis tarde polo mariscal francés Henri de Lorraine, conde de Harcourt, retornou a Madrid, e posteriormente foi lugartenente de Catalunya (1645-1647) ao servizo de Filipe IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela, foi o sucesor de Yanguas, desde 1719 ata 1723, ano en que marchou a Madrid para ocupar o maxisterio de capela do Convento de la Encarnación. Malia a súa breve estancia en Compostela, foi un dos músicos máis valorados, ata o punto de que moitas das súas obras polifónicas seguiron cantándose ata ben entrado o s XX. Delas consérvase só unha pequena parte no arquivo da catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e eclesiástico. Foi retor da Universidad de Salamanca (1787), deputado por Extremadura ás Cortes Generales (1810) e presidente da comisión encargada da elaboración da constitución nas Cortes de Cádiz. Defensor da liberdade de imprenta e da abolición da Inquisición, foi encarcerado por orde de Fernando VII (1815). Tras a sublevación de José del Riego (1820), foi liberado e elixido deputado (1822), pero coa restauración do absolutismo tivo que exiliarse en Portugal (1823), onde tamén foi perseguido polas súas ideas liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diego I de Muros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diego II de Muros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diego III de Muros.
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Foi ministro provincial no convento de San Juan Bautista de la Ribera, en València (1663-1666) e fundou os conventos de San Antonio de Pego e Nuestra Señora de Albacete. Escribiu Oración panegírica del beato Pascual Baylón (1668) e Doce pares de sagrados panegíricos y evangélicas oraciones, dedicados al Cordero Eucarístico y Dios Sacramentado (1681).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Conquistador. Colaborou con Hernán Cortés na conquista de México e en 1530 concedéronlle a conquista e o poboamento das terras comprendidas entre o río Marañón e a gobernación dos Welser (Venezuela). Fundou San Miguel de Pavia (1531) e remontou o Orinoco no intento de chegar a El Dorado. Morreu durante o retorno á Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi membro do cabido da catedral de Sevilla e historiador desta cidade. Inventou o termo “plateresco” cando comparou a rica decoración das fachadas co traballo desenvolvido polos profesionais da prata. Da súa obra destacan Discurso genealógico de los Ortices de Sevilla (1670) e Anales eclesiásticos y seculares de la ciudad de Sevilla (1677).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Cóengo, inquisidor e vigairo xeral de Toledo, foi bispo de La Puebla de Los Ángeles (1664) e arcebispo de México, cargo ao que renunciou para regresar ao seu bispado. Foi vicerrei interino de Nueva España en 1664 ao substituír ao conde de Baños. Atribúenselle as obras manuscritas Historia de Nueva España e Episcopologio de Méjico, que non se conservan.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Debuxante de corte postimpresionista, traballou a acuarela. A paisaxe galega está presente na súa obra cun desexo de transformación e de idealización da realidade concreta. Captou recantos das cidades que visitaba, destacando o seu traballo sobre París e Vigo. Destacan Rúa de Santiago (1970), Paisaje de La Guardia (1970), El Berbés (1970) e Paisaje onírico (1972?).
VER O DETALLE DO TERMO