López Rodríguez, Diego
Porteiro de fútbol. No ano 1994 ingresou na canteira do Club Deportivo Lugo, onde permaneceu ata o 2000, ano no que asinou co Real Madrid como porteiro titular do Real Madrid C, na Terceira División. Na seguinte temporada foi cedido á Agrupación Deportiva de Alcorcón, na Segunda B e en 2002 regresou ao Real Madrid, onde pasou 3 anos entre o Real Madrid C e o B, co que conseguiu o ascenso á Segunda División. Na temporada 2005/06 saltou ao primeiro equipo como segundo suplente, debutando o 30 de abril de 2006 ante o Osasuna. Na temporada seguinte non xogou na Liga pero si na Copa do Rei. Dende a temporada 2007/08 xoga no Villareal CF, é porteiro titular, aínda que comezase como suplente. No 2008 foi elixido pola web oficial da UEFA como porteiro revelación da Liga española. Debutou na selección española en marzo do 2009
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Paradela, Lugo