"Dios" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

    1. Maneira de ser propia dunha persoa, dun pobo ou dunha colectividade.

    2. Susceptibilidade a unha droga, un alimento ou calquera outra substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa con insidias.

    2. Que amosa insidia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural constituída formalmente en 1944, aínda que se acordou a súa creación en 1943, en Santiago de Compostela. Adscrito ao Centro Superior de Investigaciones Científicas, naceu baixo o Franquismo en substitución do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) e recolleu parte dos seus fondos, espoliados e depositados na Universidade de Santiago de Compostela. Desde a súa fundación acolleuse á patrocinio e maxisterio de frei Martín Sarmiento. Tivo a súa primeira sede na rúa Nova e en 1946 trasladouse á antiga librería do Colexio Fonseca para, posteriormente, instalarse no Hospital de San Roque. O seu primeiro director foi Francisco Javier Sánchez Cantón e desde 1994 diríxeo Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. No momento da súa creación estaba constituído en dez seccións: Xeografía, Prehistoria, Historia, Arqueoloxía, Arte, Filoloxía, Literatura, Etnografía e Folclore, Estudios compostelanos e Peregrinacións, e Bibliografía e Publicacións. Despois de diversas modificacións organízase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural xurdida en Ourense en 1972 baixo o patrocinio da Deputación Provincial de Ourense. Os seus fins fundacionais foron o fomento e a promoción dos estudios locais e provinciais. O seu primeiro director foi Emilio Duro Peña e o seu secretario. Logo de publicar diversos libros, desapareceu a comezos da década de 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural dependente da Fundación Provigo y su Área. Edita o Boletín do Instituto de Estudios Vigueses e monografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural creada o 6 de abril de 1964 na Coruña co obxectivo de potenciar os estudios sobre a cidade herculina. Xurdiu baixo iniciativa do concello e do seu alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte, que foi o primeiro presidente do padroado. Promove estudios de carácter científico, artístico, literario, económico, social ou industrial que afecten á cidade. Publica monografías e unha revista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos compostos de iridio en que este ten unha valencia ou un número de oxidación de +3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid polo Real Decreto de 11 de xaneiro de 1907 cando era ministro de Instrución Pública Amalio Gimeno. O artigo 1 de fundación determinaba como competencias o servizo de ampliación de estudios dentro e fóra de España, as delegacións a congresos científicos, o servizo de información estranxeira e relacións internacionais en materia de ensino, o fomento dos traballos de investigación científica e a protección das institucións educativas no ensino secundario e superior. O primeiro regulamento foi publicado o 16 de xuño de 1907. A JAE naceu dentro do espírito gineriano de “europeizar” España e a súa composición orixinal reflicte a influencia da ILE (Santiago Ramón y Cajal, Gumersindo de Azcárate, Xosé Casares Gil, Ramón Menéndez Pidal e Eduardo Vicenti, entre outros). Entre 1906 e 1936 levou a cabo un fecundo labor de extensión cultural ao enviar como bolseiros ao estranxeiro a centos de mestres e inspectores. Aspirábase á formación do persoal docente e a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Esmirna 1748 - París 1833) Filólogo e escritor turco. Estudiou en Amsterdam, Montpellier e París. Investigou e editou a maioría dos autores gregos antigos. Interveu tamén na denominada “cuestión da lingua”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten lendias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Perú e Bolivia que nace na Cordillera Oriental dos Andes e forma parte da conca do Amazonas (1.450 km). Desauga no río Beni en Bolivia, preto da fronteira con Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (85.183 km2; 79.172 h [estim 1998]). A súa capital é Puerto Naidona (27.407 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi procurador da provincia de Filipinas e ministro do Real Hospital de San Lázaro. Escribiu Disposiciones para confesar y ayudar al bien morir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é agradable ao oído ao estar dotado de melodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten misericordia.

    2. Que amosa ou implica misericordia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Mondoñedo. Foi construída en estilo barroco entre 1733 e 1738, por orde do bispo A. Alexandre Sarmiento, e realizouse en cantaría granítica sobre unha antiga ermida. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, cruceiro, capela maior e sancristía detrás. A fachada data de 1755 e presenta rosetón circular e un frontón curvo, flanqueado por dúas torres de dous corpos rematadas en cúpula. Conserva unha inscrición coa data de fundación no lintel da portada principal. No interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII coa talla da Virxe dos Remedios, o arco sepulcral, onde descansan os restos do bispo Sarmiento, a bóveda de canón das naves, os brazos do cruceiro e a capela maior. Neste santuario celébrase a concorrida romaría dos Remedios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de odioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que provoca odio.

    2. Que é digno de odio.

    VER O DETALLE DO TERMO