Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses
Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses
Entidade cultural creada o 6 de abril de 1964 na Coruña co obxectivo de potenciar os estudios sobre a cidade herculina. Xurdiu baixo iniciativa do concello e do seu alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte, que foi o primeiro presidente do padroado. Promove estudios de carácter científico, artístico, literario, económico, social ou industrial que afecten á cidade. Publica monografías e unha revista.