"EDES" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
PERSOEIRO
Matemático grego. Descubriu a concoide dunha curva, que utilizou para resolver os problemas da duplicación do cubo e a trisección dos ángulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III - IV) Mártir. Foi martirizado baixo o mandato de Diocleciano (303). A súa festividade celébrase o 15 de setembro.
-
PERSOEIRO
Rei de Bitinia (279?-250). Durante o seu goberno, conseguiu reunificar e helenizar profundamente toda a rexión de Bitinia. Foi o fundador de Nicomedia (264 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro rei de Bitinia (91-74 a C), fillo e sucesor de Nicomedes II. Aliado dos romanos, foi vencido (88 a C) por Mitridates VI de Ponto e tivo que abandonar a rexión, pero volveu coa axuda de Lucio Cornelio Sula.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé en Ourense e formou (1899) unha pequena e breve sociedade cinematográfica con Xosé Gil, con quen realizou diversas exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. Asociouse en Vigo (1907) co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta (1915), a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser de propiedade exclusiva de Xaime. Moitas das fotos realizadas por Filippo e Cándida foron posteriormente utilizadas por Pacheco, que continuou o catálogo de retratos e vistas da cidade que iniciara o fotógrafo italiano. Colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, sobre todo, de El Pueblo Gallego, especializouse en retratos de estudo de xente anónima ou de persoeiros, como Carlos Maside, Ramón Cabanillas, Luís Seoane, Martínez Garrido ou A. Castelao, co que se converteu nun dos máis destacados de Vigo e de Galicia. O seu traballo, realizado cun amplo equipo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe do ciclo troiano, fillo de Nauplio e de Clímene. Participou como embaixador na guerra de Troia para esixir a devolución de Helena, e tamén foi a Ítaca para facer que Ulises cumprise coa promesa que lle fixera a Menelao de acudir a Troia. Foi acusado polo heroe de Ítaca de traizón e morreu lapidado polo exército.
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Discípulo de M. Mierevelt e F. Hals, empregou o claroscuro como efecto técnico--compositivo nunha pintura costumista.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Taboada dos Freires (Taboada). O seu cumio acada os 697 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Cibrán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Marisa Paredes, debutou no teatro en 1961. Interveu como actriz secundaria en filmes como Canción de cuna (1960) ou Las bicicletas son para el verano (1983), ata que logrou o recoñecemento do público e da crítica con Tacones lejanos (1991). Participou tamén en filmes como Ópera prima (1980), La flor de mi secreto (1995), Todo sobre mi madre (1999), Hable con ella (2002), Una preciosa puesta de sol (2003) e Frío sol de invierno (2004). Presidiu a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas (2000-2003) e recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no val de Retortillo e regado por diversos afluentes do Carrión (2.342 h [2001]). É un mercado comarcal con agricultura e gandaría. Posúe industria alimentaria e téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista e compositor. Estudou piano e harmonía en Vigo e, en 1946, trasladouse a Madrid para continuar os estudos musicais no Real Conservatorio. Despois comezou unha serie de concertos en solitario que, a partir de 1960, realizou acompañado dun grupo de música lixeira. En 1973 conseguiu unha praza como profesor de piano no Conservatorio de Varkaus e, posteriormente, exerceu a docencia noutros conservatorios finlandeses, como o de Kokkola e o de Joensuu. Das súas composicións destacan Suite Antigua, Fanfari e os ciclos sobre Cantares Gallegos e Follas Novas. Recibiu o Primeiro Premio de Piano do Real Conservatorio de Madrid (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Paredes (Montederramo). O seu cumio acada os 1.318 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Santa Cruz (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.400 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xastre e impresor. Fundou en Santiago de Compostela unha das imprentas máis importantes da súa época e traballou preferentemente con publicacións universitarias. Dos seus obradoiros saíron revistas como El Eco de la Verdad e El Porvenir, e diversos escritos ultraconservadores e carlistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María Luisa Paredes Bartolomé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nicomedes-Pastor Díaz Corvelle.
-
-
Pilastra de pouca altura, con base e cornixa, que soporta unha estatua, unha columna, un vaso ou outro motivo decorativo.
-
Base ou fundamento sobre o que se asegura algo.
-
Consideración ou estima elevada que se ten a alguén ao que se admira.
-
-
-
Que se despraza ou anda a pé.
-
Que se realiza a pé.
-
Aplícase á estatua que descansa sobre os pés.
-
Que destaca pola súa sinxeleza ou baixa calidade e porque presenta unhas características vulgares.
-