Palamedes

Palamedes
[MIT]

Heroe do ciclo troiano, fillo de Nauplio e de Clímene. Participou como embaixador na guerra de Troia para esixir a devolución de Helena, e tamén foi a Ítaca para facer que Ulises cumprise coa promesa que lle fixera a Menelao de acudir a Troia. Foi acusado polo heroe de Ítaca de traizón e morreu lapidado polo exército.