"EPP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 84.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista italiano. Traballou sobre todo en Milán, onde reformou o Palazzo Reale en estilo neoclásico (1769-1778), proxectou o Palazzo Belgioioso (1777) e o Teatro alla Scala (1776-1778). Urbanizou a Piazza dell’Arcivescovado (1780), proxectou a Via Santa Radegonda (1783) e varios xardíns públicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Salviati, fixo cartóns para mosaicos (Xenealoxía da Virxe, 1542, basílica de San Marco), participou na decoración do gran salón da Libreria Vecchia (1556) e decorou numerosas igrexas venecianas (Daniel e Habacuc, en Santa Maria della Salute, e Cristo con catro santos, en San Zaccaria).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Publicista e escritor italiano. Fundou e dirixiu con G. Papini as revistas Leonardo e La Voce. Organizou a compilación do Repertorio bibliografico di storia e della critica della letteratura italiana dal 1902 al 1932 (1937-1948). Escribiu unha serie de obras en colaboración con G. Papini e publicou o Manifesto dei conservatori (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Evolucionou desde unha filosofía de carácter idealista, pasando polo escepticismo, cara a posicións positivistas, fenomenoloxistas e materialistas que intentou superar na súa última época buscando un fundamento máis profundo da realidade e da persoa humana. Foi autor de La trascendenza (1914), Lineamenti di filosofía scettica (1919), La filosofía dell’autorità (1920), Apologia dell’ateismo (1925), Apologia dello scetticismo (1926), Il materialismo critico (1927), Spinoza (1929), Le aporie della religione (1932), Motivi spirituali platonici (1933) e La filosofia dell’assurdo (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Profesor en Mainz e Darmstadt, dirixiu as investigacións na BASF e desenvolveu varios procesos de obtención de éteres vinílicos a partir de alcohol e acetileno, a alta temperatura e presión elevada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biblista. Foi sacerdote (1913) e abade dos cóengos regulares de Letrán. Da súa produción destacan os estudos Storia d’Israele (1932-3194), A Vita di Cristo (1941), Paolo Apostolo (1949) ou Giuliano l’apostata (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Talasemia, de caracter heterocigótico, máis benigna que outros tipos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán XXIII.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Venceu no concurso para a construción en Roma do Monumento Nazionale a Vittorio Emanuele II, Il Vittoriano, que iniciou en 1885.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Profesor de hixiene en Roma, especializouse en bacterioloxía e descubriu o bacilo que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Compoñente do Fronto Nuovo delle Arti e de Otto pittori italiani, en 1944 ilustrou Grand air de P. Eluard. Pintou a base de manchas de cor con formas e contornos pouco delimitados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Fundou o Partito Socialista dei Lavoratori Italiani (PSLI), que en 1951 se converteu en Partito Socialdemocratico Italiano (PSDI), do que foi secretario xeral (1957). Partidario da colaboración coa Democrazia Cristiana, foi ministro en diversos gobernos e presidente da República (1964-1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. En Roma, dentro da corrente rococó, restaurou a basílica de Santa Maria en Cosmedin e construíu a igrexa de Santa Maria Maddalena (1735).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pío X.
-
PERSOEIRO
Romanista. Catedrático de Filoloxía Románica e profesor emérito da Universidade de Roma La Sapienza. É autor de numerosas obras sobre poesía medieval provenzal, francesa, galego-portuguesa, catalá e castelá, e estudou a vida e obra de Gil Vicente e Camões, a literatura portuguesa do s XVI e a poesía contemporánea portuguesa, galega e catalá. Das súas obras destacan Repertorio metrico della lirica galego-portoghese (1967), La poesia lirica galego-portoghese (1980), Ensaios portugueses: filologia e linguística (1980), Poesia e ritmo: proposta para uma leitura do texto poético (1983), Methodologie et practique de l’édition critique des textes littéraires contemporains (1985), As Cantigas de escarnio (1995) e Trovadores e Jograis. Introdução à Poesia Medieval Galego-Portuguesa (2002); e edicións críticas como A poesía de Airas Nunez (1992), Arte de trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1999) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, príncipe de Lampedusa. Estudou en Turín, foi avogado e cultivou en secreto a súa vocación literaria. A obra pola que destacou foi Il Gattopardo (1958), que foi levada ao cine por L. Visconti en 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teatino e liturxista. Coñecedor de moitas linguas orientais, centrou as súas investigacións no estudo dos libros litúrxicos das bibliotecas de Roma. Clemente XI promoveuno ao cardealado (1712). As súas obras máis importantes foron reeditadas en 11 volumes por A. F. Vezzosi (1747-1756). Foi beatificado por Pío VII (1803).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. En 1912 viaxou a París, onde se relacionou con G. Apollinaire, Charles Péguy e P. Valéry. Iniciado no simbolismo, evolucionou cara a unha poética propia e atrevida, que culminou na introspección e na reflexión sobre o destino do home e a morte. Publicou Il porto sepolto (1916), Sentimiento del Tempo (1933), Il dolore (1947), La terra promessa (9150) ou Il taccuino del vecchio (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista. Inspirándose na obra de A. Palladio e Vignola, realizou, entre outras obras, a igrexa de San Pantaleone e o teatro Villa. Urbanizou a Piazza del Popolo, en Roma (1816-1831) e o xardín de Pincio. Escribiu Architettura pratica (1829-1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudou en Milán con V. Lavigna. Levou á ópera italiana do romanticismo incipiente cara ao verismo dos seus sucesores. Foi director da banda municipal de Bussetto (1836-1839) e puido estrear a ópera Oberto, conti di San Bonifacio (1839) na Scala de Milán, pero fracasou coa ópera cómica Un giorno di regno (1840). Recuperou, porén, o seu prestixio con Nabuco (1842), en que empregou o tema do cativerio xudeu en Babilonia como alusión á Italia do seu tempo; o público italiano viu na célebre pasaxe coral “Va pensiero” un auténtico manifesto nacionalista. Converteuse así na principal figura musical do Risorgimento e, daquela, nun símbolo político, “Viva Verdi”, empregando as letras do seu apelido, convertíase en “Viva Vittorio Emanuele, Re D’Italia”. Obtivo novos éxitos con I Lombardi (1843), Ernani (1844), I due Foscari (1844), Giovanna d’Arco (1845), Alzira (1845) e Attila (1846), dramas románticos...
VER O DETALLE DO TERMO