"EUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 354.

  • PERSOEIRO

    Financeiro e político inglés. Estudioso das causas da riqueza e do desenvolvemento do comercio, é considerado un dos primeiros defensores do libre cambio. A súa obra máis importante é Essay on the Causes of the Decline of the Foreign Trade (Ensaio sobre as causas da decadencia do comercio estranxeiro, 1744)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bélxica que forma parte da área metropolitana de Anveres (79.744 h [1982]). É un importante núcleo industrial (química, alimentación) e centro residencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade helena situada no curso alto do Éufrates, preto de Mari, que foi fundada polo xeneral Nicanor ao redor do 280 a C. Pasou a mans dos partos e integrouse no Imperio Romano a finais do s II d C. No s III sufriu os ataques dos sasánidas, que a destruíron. Das estruturas arquitectónicas conservadas, cómpre destacar as pinturas do santuario de Mitra, da sinagoga, con escenas do Antigo Testamento, da capela e dun baptisterio paleocristián con escenas do Antigo e do Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro. Foi ministro da Guerra (1936-1945). Accedeu á presidencia da República en 1946 e no seu mandato redactouse unha nova constitución, a cuarta, que foi aprobada en setembro de 1946, pero que conservou a estrutura sindical corporativa e reprimiu as forzas obreiras independentes. No verán de 1947 tivo lugar a Conferencia Internacional para o Mantemento da Paz e a Seguridade de Petrópolis. Unha disposición do tratado estipulaba a defensa recíproca dos asinantes no caso dunha agresión armada directa contra calquera das nacións asinantes do tratado. En outubro de 1947, desatada a Guerra Fría, rachou as relacións coa URSS e, poucos meses despois, ilegalizou o Partido Comunista e expulsou os comunistas que ocupaban escanos no Parlamento (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revestimento máis interno dos nervios composto por tecido conxuntivo laxo, que envolve cada axón individualmente e que serve para o seu sostemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa interna do episperma que adoita provir da secundina do primordio seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa máis externa dos tres revestimentos dos nervios, composta por tecido conxuntivo denso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bordo lateral e dobrado dos élitros dos coleópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da República Democrática do Congo (403.292 km2; 4.789.000 h [estim 1994]). A capital é Mbandaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revestimento interno da cavidade celómica formada por tecidos de orixe mesodérmica e endodérmica, que forma ao mesmo tempo as paredes do tubo dixestivo e os seus órganos anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio do S de Roma que empezou a ser construído en 1938 para albergar a exposición do ano 1942, e non se realizou por mor da Segunda Guerra Mundial. As obras retomáronse en 1951. Ademais dunha zona residencial, acolle a sede de diversos organismos privados e públicos, entre outros, o Palazzo dei Congressi, o Museo Nazionale delle Arti e delle Tradizioni Popolari, o Museo della Civiltà Romana e o Palazzo dello Sport.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1739-1763). Monxe agostiño, fundou a congregación da Buena Muerte na igrexa de Santa María Madre de Ourense. Durante o seu bispado restaurouse o altar maior da catedral auriense. Fixo un libro contra a obra de J. de Barbeyrac Moral dos padres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos continentes de Europa e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Eurasia.

    2. Aplícase ao ma-crophylum que comprende a maior parte das familias lingüísticas de Europa e Asia (indoeuropeo, urálico, altaico, paleosiberiano) e ata a familia esquimó-aleutiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que indica alegría por ter localizado ou conseguido algo que se andaba a buscar ou que se intentaba resolver. OBS: É a exclamación que se lle atribúe a Arquímedes cando descubriu o principio que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe troiano, protagonista dun episodio do canto IX da Eneida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar lacedemonio. Almirante da flota grega durante a Segunda Guerra Médica, trasladou a súa flota ao golfo de Salamina trala derrota das Termópilas. Trala caída de Atenas en mans persas, pensou en regresar ao Peloponeso, aínda que, aconsellado por Temístocles, esperou en Salamina o enfrontamento coa flota persa, do que saíu vitorioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (466-484). Accedeu ao trono tralo asasinato do seu irmán Teodorico II. Rompeu a alianza entre os visigodos e o Imperio Romano e ampliou o territorio do reino. No 468, tralo enfrontamento co rei suevo Remismundo, fíxose co control de case toda a Península Ibérica, agás os territorios suevos da antiga provincia de Gallaecia. No 475, o Emperador Xulio Nepote recoñeceu a súa soberanía sobre a Galia desde o río Loira á Provenza e sobre a Península Ibérica. Foi o primeiro que estableceu un código de leis, o código de Eurico, que rexía unicamente os visigodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocupa unha grande área de distribución.

    VER O DETALLE DO TERMO