Dura Europos

Dura Europos

Antiga cidade helena situada no curso alto do Éufrates, preto de Mari, que foi fundada polo xeneral Nicanor ao redor do 280 a C. Pasou a mans dos partos e integrouse no Imperio Romano a finais do s II d C. No s III sufriu os ataques dos sasánidas, que a destruíron. Das estruturas arquitectónicas conservadas, cómpre destacar as pinturas do santuario de Mitra, da sinagoga, con escenas do Antigo Testamento, da capela e dun baptisterio paleocristián con escenas do Antigo e do Novo Testamento.

Palabras veciñas

Duques de Soria, Fundación | Duquesnoy | dura | Dura Europos | durabilidade | durable | duración