Duquesnoy

Duquesnoy

Familia de escultores franceses. Jerôme Duquesnoy (Le Quesnoy 1570 - Bruxelas 1643), coñecido como Duquesnoy le Vieux, realizou a fonte Manneken-pis de Bruxelas, destruída posteriormente. O seu fillo, Françoise Duquesnoy (Bruxelas 1594 - Livorno 1643), coñecido como Francesco Fiammingo, traballou con Bernini no baldaquino de San Pedro do Vaticano. O seu estilo sereno contraponse ao barroquismo atormentado de Bernini. En Roma realizou, entre outras obras, Santa Susana en Santa María de Loreto e Sant’Andrea en San Pedro. Realizou tamén bronces de pequeno formato e destacou no tratamento dos putti. O seu irmán Jerôme Duquesnoy (Bruxelas 1602 - Gante 1654) coñecido como Duquesnoy le Jeune, traballou na corte de Filipe IV. Entre as súas obras destacan a tumba do bispo Trieta na catedral de Saint-Bavon en Gante.