"Erte" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

  • PERSOEIRO

    Escritora. Foi bibliotecaria no Instituto Internacional de Madrid e residiu nos EE UU ao obter unha bolsa Fullbright de Literatura Española, impartindo clases en diferentes universidades. De regreso a España, deu clases de español para americanos no Instituto Internacional e en 1972 obtivo a bolsa da Fundación March de Literatura Infantil, feito que lle permitiu dedicarse de cheo á literatura. Organizou a primeira biblioteca Infantil Ambulante para pequenas vilas e centrouse na literatura infantil. Participou na fundación do grupo Versos con Faldas (1947) e na revista Arquero, e colaborou nas revistas Maravillas, Chicas, Postismos, Cerbatana, Rumbos, Poesía Española e El pájaro de paja. Da súa produción destacan La princesa que quería ser pobre (1942), Isla ignorada (1950), Canciones para niños (1952), Prometeo (1952), Aconsejo beber hilo (1954), Todo asusta (1958), Que estás en la tierra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Canarias, ao SO de Lanzarote, illa da que está separada polo estreito de Bocayna (1.659 km2, 42.938 h [1996]). De orixe volcánica, ofrece un relevo montañoso, aínda que de escasa altitude (Jandía, 802 m). As rochas volcánicas e as cinsas ocupan a maior parte da illa, polo que é moi pobre e improdutiva. Puerto del Rosario é o seu núcleo máis importante. A agricultura e o turismo son as principais fontes de riqueza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou dereito en Santiago de Compostela, fundou e dirixiu as publicacións La Pluma, La Semana e La Defensa de Galicia, e colaborou en O Tío Marcos da Portela e El Derecho. Da súa produción destacan Luchar por la patria, Gritos del alma, Volvoretas (1887), Chorimas (1890), Leenda de groria (1891) e Follas de papel (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Licenciado en Belas Artes, na década de 1990 foi o responsable en Lugo do fanzine experimental Kedeké. Colaborou en O Fanzine das Xornadas, Ovo e Semana de Banda Deseñada. En 2001 coordinou a exposición colectiva Microclimas. Dirixe a librería especializada Tótem de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (69.000 h [1990]). Situada na conca do Ruhr, iniciou a súa expansión urbana en 1877, coa explotación das minas de carbón, que é unha das principais actividades da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida ou complexidade excesiva de certos órganos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á hipertelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento da tensión dun líquido contido nun recipiente fixo. Pode ser por aumento de líquido ou por redución do recipiente.

    2. Aumento da presión normal do sangue das arterias. Considérase que hai hipertensión cando a presión sistólica pasa de 150 mm Hg e a diastólica de 95 mm Hg. Pode ser esencial (de causa descoñecida) ou secundaria (que representa o 20% dos casos). Pode dar lugar a complicacións orgánicas, especialmente nos ollos, nos riles e no corazón.

    3. Hipertensión esencial que durante moitos anos non produce sintomatoloxía.

    4. Hipertensión que se produce cando a presión sistólica aumenta proporcionalmente máis ca a diastólica.

    5. Descenso da presión sistólica, con mantemento da diastólica, a causa dun fallo do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao medicamento, substancia ou axente que provoca un aumento da presión sanguínea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a quen está afectado de hipertensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acceso á información textual ou multimedia de xeito non secuencial. A información, que pode ser textual, gráfica, de video ou de audio, relaciónase mediante nós conceptuais. Pódese acceder á información saltando polos conceptos a xeito dunha asociación de ideas, evitando o acceso secuencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se altera ou non se intimida por nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de advertencia ou atención.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de incerto.

    2. Estado de quen se atopa inseguro.

    3. Principio enunciado por W. Heisenberg segundo o que é imposible medir exacta e simultaneamente a posición e a velocidade dunha partícula; isto débese a que cada partícua leva asociada cadansúa onda. É un dos principios fundamentais da mecánica cuántica e recibe tamén a denominación de principio de indeterminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carece de vida por natureza.

    2. Que non presenta fisicamente indicios de vida.

    3. Que se mostra inactivo ou falto de iniciativa.

    4. Que está paralizado ou reducido á inactividade.

    5. Aplícase á substancia que non reacciona quimicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á intertextualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de relacións que ten un texto respecto doutro ou doutros, tanto no que atinxe ao autor como ao lector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado ou se dá entre dúas vértebras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que carece de columna vertebral.

    2. Que carece de estrutura ou organización interna.

    VER O DETALLE DO TERMO