hipertensión
hipertensión
(< hiper- + tensión)
-
s
f
Aumento da tensión dun líquido contido nun recipiente fixo. Pode ser por aumento de líquido ou por redución do recipiente.
-
hipertensión arterial
[PAT]
Aumento da presión normal do sangue das arterias. Considérase que hai hipertensión cando a presión sistólica pasa de 150 mm Hg e a diastólica de 95 mm Hg. Pode ser esencial (de causa descoñecida) ou secundaria (que representa o 20% dos casos). Pode dar lugar a complicacións orgánicas, especialmente nos ollos, nos riles e no corazón.
-
hipertensión benigna
[PAT]
Hipertensión esencial que durante moitos anos non produce sintomatoloxía.
-
hipertensión converxente
[PAT]
Hipertensión que se produce cando a presión sistólica aumenta proporcionalmente máis ca a diastólica.
-
hipertensión decapitada
[PAT]
Descenso da presión sistólica, con mantemento da diastólica, a causa dun fallo do corazón.