"Félix" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 68.

  • PERSOEIRO

    Político e príncipe austríaco, irmán de Karl Philipp von Schwarzenberg. Foi embaixador en Nápoles (1846-1848) e chanceler despois de facilitar o ascenso á coroa de Francisco Xosé I por abdicación do Emperador Fernando I. Levou a cabo unha política conservadora á cal se opuxo Hungría, que foi derrotada coa axuda dos croatas e dos rusos en Vilagos (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Observou os dous tránsitos de Venus por diante do Sol (1874 e 1882), en Xapón e Santo Domingo, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, escritor e debuxante. Coñecido como Nadar, comezou na fotografía en 1849 e abriu un estudo en París (1853), que se converteu en punto de reunión da elite cultural francesa, á que retratou en poses naturais fronte á rixidez da fotografía da época, e o lugar onde se realizou a primeira mostra dos impresionistas (1874). Fixo as primeiras fotografías aéreas desde un globo aerostático (1858) e fotografou as catacumbas de París usando iluminación de magnesio (1861). Publicou caricaturas ata 1865 (La Sihouette, Le Charivari e Revue comique), fundou a revista Paris Photograph (1891) e foi autor de diversos ensaios e da novela La Robe de Déjanira (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político cubano. Deputado nas Cortes españolas de 1822, defendeu a autonomía de Cuba e a abolición da escravitude. Condenado a morte polos absolutistas ao ter votado pola rexencia en 1823, exiliouse en Nova York (1824), onde foi nomeado vigairo xeral (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, prosista e autor dramático. Coñecido como Lope de Vega e Fénix de los Ingenios, formouse en parte nas universidades de Alcalá e Salamanca. Posteriormente ingresou na Armada e foi secretario do marqués de Sarria. De temperamento vivo e exaltado, sobre todo no aspecto sentimental, a súa intensa vida reflíctese na obra lírica, tanto nos sonetos de Rimas humanas (1602) e Rimas sacras (1614), coma nos romances compilados no Romancero general (1600) e en La Dorotea (1632). Cunha extraordinaria capacidade para imitar a poesía popular, escribiu poemas épicos, burlescos, relixiosos, históricos e mitolóxicos, narracións e novelas pastorís (La Arcadia, 1589), bizantinas (El peregrino en su patria); e curtas (La prudente venganza, 1624). En 1609 apareceu o seu Arte nuevo de hacer comedias, onde recomendaba prescindir das regras clásicas, mesturar o elemento tráxico co cómico e introducir nel o popular,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi xefe de Tráfico de Telégrafos da Coruña, cargo do que foi expulsado tras a Guerra Civil Española e definitivamente separado desde 1942. Posteriormente dirixiu a empresa de Armadores de Buques Pesqueros (Arbupes). Os temas principais das súas pinturas, de corte impresionista e xeralmente pintadas ao natural, foron as paisaxes, as mariñas e as corredoiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Foi clínico e anatomista, e considérase un dos fundadores da anatomía comparada, particularmente polo seu libro Systeme anatomique des quadrupèdes (1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director da ópera da corte de Viena (1908-1911) e do conservatorio de Basilea (1927-1935), en 1884 estreou a súa primeira obra, Sakuntala. Compuxo   sete sinfonías (1899-1937).

    VER O DETALLE DO TERMO