"Fernán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 808.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado en Madrid e Barcelona, é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. A súa obra non se adscribe a ningunha tendencia, segue fielmente as súas vivencias e foxe de toda convención ao utilizar a súa liberdade creativa como motor da súa produción artística. Entre as súas obras máis salientables destacan o Pub Irán de Ourense (1983), a vivenda da Abarcala (O Grove, 1991) e intervencións no patrimonio construído, como as Adegas de San Clodio (Ourense, 1991). Así mesmo, realiza esculturas, pinturas, murais, labores de deseño e instalacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral, licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse en 1982 ao grupo de marionetas Tanxarina onde traballou como manipulador de bonecos, actor, coautor de textos, deseñador de espacios e vestiario ou director de escena, amais de participar como docente en diversos cursos de construción e manipulación de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou cómpre subliñar Migallas e cirigaitas (1983), Rosalín no país do Sol (1984), Un, dous, catro..., 24. Mariquiña ten un gato (1985), Titiricircus (1988), Coca, a volta da besta (1989), O bebé (1991), Santiago, Santiago (1993), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995) ou Contaloucos (1998). En 1994 participou como actor no primeiro espectáculo de Producións Teatrais do Sur, Macbett. Colabora habitualmente na organización dos Encontros dos Titiriteiros Galegos e noutras actividades de promoción do teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Pertenceu ao grupo fundador da revista Távola redonda. A súa obra encádrase no Existencialismo. En 1960 obtivo o Premio Camilo Castelo Branco pola novela A gata e a fábula; en 1971 con Lourenço é nome de jogral obtivo o Premio Nacional de Literatura e en 1987 o Premio da Crítica con Esta noite sonhei com Brueghel. Escribiu tamén a colección de poesías As coordenadas líricas (1951), O engima de sete alíneas (1956), Terra sem música (1969) e Festa em casa de Flores (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Na súa obra destaca o tratamento irónico e satírico dos temas representados. Realiza tamén interpretacións de obras de mestres antigos. Con formas moi radicais e cunha forte carga sensual expresa unha visión pracenteira e vitalista do mundo. Actualmente vive entre París, Nova York e Medellín. En 1987 o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid) dedicoulle unha retrospectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Socioloxía da Educación pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor na Universidade de Vigo, publicou as obras: Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña (1988); A situación socio-cultural dos concellos galegos (1991); As necesidades no desenvolvemento social de Galicia (1994), en colaboración con Iago Santos Castroviejo. Ademais, ten colaborado en diversas publicacións como Grial, Luzes de Galiza ou Análise empresarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de arte. Especialista en Arte Contemporánea, realiza as súas investigacións dende unha perspectiva sociolóxica. Entre as súas publicacións destacan: El realismo plástico en España de 1900 a 1936 (1967), Historia del Arte en España (1972), El arte del siglo XX. La construción de la vanguardia (1978), La ilustración gráfica del XX en España (1979), Sátira y tragedia: las imágenes de Castelao (1987), Arte y ciudad en Galicia, s XIX (1990) e Arte del siglo XX en España (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político portugués. Estudiou Dereito na Universidade de Coimbra na que se licenciou en 1867, e se doutorou un ano despois. Foi catedrático de Literaturas Modernas do Curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. De ideas republicanas, trala revolución de 1910, foi Presidente do goberno provisional (1910) e Presidente da República Portuguesa (1915). Publicou moitos libros e traballos, sobre todo de temas literarios e filosóficos, e foi un dos principais animadores da denominada “xeración dos 70”. Como poeta escribiu Folhas Verdes (1859),Visão dos Tempos (1864), Tempestades Sonoras (1864), Torrentes (1869) e Miragens seculares (1884). Foi, ademais, un gran coñecedor da literatura popular como o demostra Alma Portuguesa (1902-1904), inspirada nas tradicións e na poesía oral, ademais de investigacións folcloristas como Poesia do Direito (1865); História da Poesia Popular Portuguesa, Cancioneiro Popular...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Físico e inventor. Foi catedrático de Física e Química do Instituto de Oviedo (1903) e despois do da Coruña (1916). Acadou renome polos seus inventos, como un aparello para a inscrición mecánica automática das variacións do magnetismo terrestre e un receptor radiotelegráfico que permitiu rexistrar radiogramas a unha distancia de case dous mil quilómetros. En 1899 fundou e dirixiu na Coruña o primeiro gabinete radiográfico da cidade. Doutorouse coa memoria Estudio de las radiaciones hertzianas e publicou Registro de las señales hertzianas a grandes distancias (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. Profesor do Collège de France (1949), foi director da revista Annales, Sociétés, Économies, Civilisations (1946) e presidente da VI Sección de la École Pratique des Hautes Études ata 1972. Fundou nos anos sesenta a Maison des Sciences de l’Homme e dirixiuna ata 1985. En 1983 foi nomeado membro da Academie Française. Entre as súas obras cómpre salientar La Méditerranée et le monde méditerranéen à l’ époque de Philippe II (O Mediterráneo e o mundo mediterráneo na época de Filipe II, 1949 e 1973), Civilisation matérielle et capitalisme, XV-XVIII siècles (Civilización material e capitalismo, 1967, 1977 e 1983) e La Méditerranée (O Mediterráneo, 1949). Os seus artigos foron recollidos en La Historia y las ciencias sociales (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ourensán. Concorreu á Exposición de Bellas Artes de Madrid no ano 1892 con dous bodegóns de obxectos de China e Xapón de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico, editor e folclorista. Propugnou o uso exclusivo do catalán na produción literaria, e foi un dos iniciadores do movemento catalanista. Entre outras obras publicou: La masia dels amors (O casarío dos amores, 1866), Lo coronel d’ Anjou (O coronel de Anjou, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Emigrou de neno a Bos Aires pero regresou para estudar enxeñería en Madrid, carreira que abandonou. Ligado á corrente do modernismo, a súa obra caracterízase por estar cargada de simboloxía. Colaborou en La Esfera. En 1913 participou nunha exposición de artistas galegos organizada polo centro galego de Madrid, e ao ano seguinte, no salón de humoristas. Presentou tamén dous debuxos á exposición rexional de 1917. En 1935 regresou á Arxentina, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecilia Francisca Josefa Böhl de Faber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela. Dende os seus cargos como reitor do Colexio de Fonseca e membro do claustro universitario compostelán, organizou o Batallón Literario e perseguiu os profesores afrancesados tralo regreso de Fernando VII, de quen obtivo unha pensión vitalicia. Foi fundador de El Sensato, publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela en 1811.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Construtora e manipuladora de bonecos. Estudiou marionetas no Institut del Teatre de Barcelona. Realizou diversos espectáculos entre os que destacan A guerra das Galíxias de Jorge Rey e Agasallo de sombras co Centro Dramático Galego. É tamén autora, xunto con Rafael Vázquez, de Maltraste, que estreou en 1992 co grupo Trécola, no que traballa habitualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Benedictino de Solesmes (1878), foi abade de Farnborough (1903). Autor de Le livre de la prière antique (O libro do rogo antigo, 1900). Dirixiu os Monumenta Ecclesia Liturgica (Actas eclesiásticas litúrxicas, 1900-1912) e o Ditionnaire d’archéologie chrétienne et de liturgie (Dicionario de arqueoloxía cristiá e de liturxia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado socioprogresista (1934-1937), converteuse en vicepresidente da República (1950) e en presidente (1954-1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico cirurxián. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, no 1955, acadou a cátedra de Patoloxía e Clínica Cirúrxica. Dedicou unha especial atención á infección en cirurxía e traballou tamén nos receptores de estróxeno en tumores de mama e ensaios clínicos. Pertenceu a numerosas sociedades científicas, foi secretario e presidente da Sociedad de Cirugía de Galicia (1988-1995) e director da Revista Gallega de Patología Digestiva. Ademais de numerosos artigos científicos, publicou: Infección en cirugía (1994), Contenidos y objetivos docentes en patología quirúrgica general y del aparato digestivo (1996), Conferencia de consenso sobre la infección en cirugía (1997) e Asepsia y antisepsia en cirugía (1999), entre outros libros. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, foi galardoado con premios como o Conde de Fenosa (1984), Sociedad de Cirugía de Galicia (1986) ou Braum-Dexon (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político conservador. Foi deputado polo distrito de Celanova, senador vitalicio, ministro de Gracia e Xustiza no goberno de O’Donnell (1865) e presidente do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi membro da Academia de Ciencias Morales dende 1871 cun discurso sobre El derecho del estado para castigar y la legitimidad de la pena de muerte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora. Licenciada en Belas Artes na facultade de San Fernando e profesora de debuxo, participou en varias exposicións colectivas e individuais como a II Mostra de Pintura (1989), a II Bienal de Artistas Galegas (1990) ou Galicia Solidariedade (1994). Das súas ilustracións destacan, entre outros, os títulos: A perla (1990), A lúa non está á venda (1990), Paulina ao piano (1991), Endrina e o segredo do peregrino (1992) e O príncipe feliz (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO