"Gil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 160.

  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, de orixe aristocrática. Tío do trobador Rodrigu’Eanes de Vasconcelos e cuñado de Johan Soarez Coelho, hai quen o identifica con Gil Perez Feijó. Algúns investigadores pensan que en 1248 tivo que fuxir a Castela, despois do conflito pola sucesión ao trono portugués entre Sancho II e Afonso III o Boloñes; desde 1269 é vasalo de Afonso X e en 1286 infanzón na corte do seu sucesor, Sancho IV. Na corte castelá relacionouse con Gomez Garcia, Johan Vasquiz de Talaveira e Rodrigu’Eanes Redondo no momento da expedición de Sancho IV a Baiona co gallo de se entrevistar con Filipe IV o Fermoso. As súas cantigas aparecen recollidas na última parte do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1515-1532); son 16 cantigas de satíricas (6 escarnios persoais, 4 políticos, 2 literarios, 2 de amor, 2 sociais), unha cantiga moral e unha cantiga de amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Comezou a súa formación en Santiago e en 1839 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi profesor de pintura no Liceo Artístico y Literario de Madrid. Introduciu a pintura arqueolóxica romántica na plástica galega. Colaborou no Semanario Instrutivo (1839), Semanario Pintoresco (1841), El Recreo Compostelano (1841) e La Aurora de Galicia (1845). Das súas obras destacan Vista de Santiago (1837), Cura de aldea cantando na igrexa, A catedral de Santiago vista dende a Quintana, ademais de seis vistas de Aranjuez e os debuxos da Viaxe por Galicia (1842), publicados en Revista de Galicia. Realizou retratos de membros da aristocracia madrileña e, entre outros, de Espartero e A Raíña Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Exerceu a medicina e fundou en 1838 en Santiago de Compostela o Semanario Instrutivo, así mesmo, colaborou en Revista de Galicia e La Aurora de Galicia con artigos de divulgación científica. Como poeta, no Álbum de la Caridad aparecen as súas composicións “O cogollo” e “A cita”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotógrafo. Realizou as fotografías dos libros: Vigo, fronteita do alén (1988), Tigres coma cabalos (1990), de Xela Arias, Santiago de Compostela (1993) e, dentro da colección “Artistas galegos”, dirixida por Antón Pulido, Novecentos (1998), Figuracións Abstraccións (2002) e Arquitectura modernista, ecléctica e rexionalista (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador e crego portugués. Entre 1214 e 1219 estivo posiblemente exiliado na corte de Afonso IX de León. Casou con Maria Garcia de Sousa, filla de Garcia Mendiz d’Eixo, un dos primeiros trobadores en cultivar a lírica medieval galego-portuguesa. O Cancioneiro da Bilioteca Nacional de Lisboa conserva da súa autoría a cantiga de amor, “Tu, que ora vëes de Monte-mayor”, unha das composicións máis antigas dos cancioneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista internacional. Coñecido como Moncho Gil, foi dianteiro do Real Vigo Sporting. Formou parte da primeira selección española, coa que se proclamou subcampión olímpico nos Xogos de Anveres 1920. Co rexemento de Vigo proclamouse vencedor do Primeiro Campionato Militar de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Lugo (1735-1745) e arcebispo de Santiago (1745-1751). Foi colexial maior de Santa Cruz de Valladolid e reitor do colexio de Fonseca (1713). En 1725 tomou posesión dunha coenxía en Sevilla, que conmutou por unha en Santiago, onde tamén exerceu como administrador do Hospital Real. Tras ser nomeado bispo de Lugo (1735), fomentou a educación dos nenos do coro catedralicio, mandou construír o retablo da capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes e ampliou o palacio espiscopal. Foi delegado rexio de Filipe IV para efectuar a ofrenda ao Apóstolo (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Osma (1715-1720) e arcebispo de Sevilla (1720-1722). Formado na Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de Prima de Leis (1690-1700) e reitor do colexio de Fonseca en dúas ocasións (1690 e 1683). Tralo seu traslado ao colexio de Cuenca da Universidad de Salamanca, foi penitenciario da catedral de Oviedo, doutoral da catedral de Toledo (1702) e vicario xeral eclesiástico de Madrid (1711). Entre outros postos políticos ocupou a presidencia da Real Chancelería de Valladolid, foi xeneral da cruzada, presidente do Consello de Castela e ministro de Filipe V para asuntos eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Formado en teoloxía, foi catedrático de Filosofía na Universidad de Salamanca. En 1706 trasladouse ao convento de Santiago de Compostela, onde exerceu de lector de teoloxía, de examinador sinodal do arcebispado e de censor de libros para a Inquisición. Foi provincial da súa orde e posteriormente visitador da mesma (1713 -1716). Das súas obras destacan Acerca de las indulgencias concedidas a los que asisten a las doctrinas y a las misiones (1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Doutor en Xurisprudencia pola Universidad Central de Madrid, foi catedrático de diversas disciplinas na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu á comisión encargada de redactar as observacións do claustro da universidade compostelá sobre o proxecto de instrución pública en 1869. Dos seus escritos destacan De los Censos en la Legislación General de España: Indicaciones (1880) e Proyecto que el vogal de la comisión constituida para emitir informe acerca del derecho foral de Galicia, o denominado así, somete como ponente de la misma comisión al juicio de sus ilustrados compañeros (1889). Foi decano do Colexio de Avogados e da facultade de Dereito, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, senador real e membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De tendencia romántica, colaborou en diferentes periódicos e publicou a novela El señor de Bembibre (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Estudiou arte dramática e deuse a coñecer na película El complot de los anillos (1987). Posteriormente participou noutros filmes, entre outros, Amo tu cama rica (1991), Belle époque (1992), Los peores años de nuestra vida (1993), Antártida (1995), Libertarias (1996), Segunda piel (1999), Jet Set (2000), El lado oscuro del corazón II (2001) ou El embrujo de Shangai (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería. Dirixiu as obras de Santa María a Grande de Pontevedra dende 1520. Traballou cos mestres Xácome García, Alonso Mariño e Rodrigo de Riboo (1520), e en 1522 comezou a construción da capela de San Miguel. Realizou a casa de Ares García de Raxoo na Ferrería (1536) e atribúeselle o palacio de Suero Gómez de Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou socioloxía. Colaborador da axencia Black Star de Nova York, dende 1983 coordina os obradoiros dos Talleres de Expresión Fotográfica. Dende 1988 traballa na galería fotográfica permanente do Museo de Belas Artes da cidade de Chivilcoy. Expuxo a súa obra no Museo de América de Madrid (1984), no Centro Cultural de São Paulo (1986), na Casa de las Américas de La Habana (1987), no Centre National de la Photographie do Palais de Tokyo en París (1992), na V Fotobienal de Vigo (1992) e no Center for Photography at Woodstock de Nova York (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan La fascinación de lo real (1927), Vibración de estío (1928), Como pudieron ser. Galerías del Museo del Prado (1929), Misteriosa presenza (1936), Son nombres ignorados (1938), Concertar es amor (1951), Concierto en mi menor (1964), La trama inextricable (1968), Fuentes de la constancia (1972), La Meta-física (1974) e Homenajes e in promtus (1976). Nomeado doutor honoris causa pola Universitat d’Alacant (1985), foi presidente do consello de cultura da Generalitat Valenciana (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi profesor axudante da cátedra de Dereito Político da Universidad Complutense de Madrid. Foi membro fundador da Federación Popular Democrática, integrada na Federación de la Democracia Cristiana. Europarlamentario do Partido Popular desde 1989, presidiu o Parlamento Europeo entre 1997 e 1999. Ocupou tamén a presidencia do Centro de Estudios Comunitarios e a vicepresidencia da Fundación Humanismo y Democracia. Doutor honoris causa polo Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova (1998) e pola Universidade de Sofía (Bulgaria, 1999), recibiu, entre outras condecoracións, a Medalla Schuman (1995), a Medalla de Prata de Galicia (1999) e a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Catedrático de Dereito político, en 1931 foi elixido deputado agrario por Salamanca ás Cortes constituíntes da Segunda República. Como líder de Acción Popular, participou na fusión que deu lugar á CEDA, agrupación vencedora nas eleccións de 1933, e formou parte do goberno (1935) como ministro de Guerra, carteira desde a que deu cargos de responsabilidade a Franco, M. Goded e J. Fanjúl. Nas eleccións de 1936 presentouse como candidato do Frente Nacional, acentuando os aspectos nacional-socialistas do seu partido (facíase chamar el jefe), pero foi derrotado polo Frente Popular. Partidario da restauración monárquica, ao non producirse esta trala Guerra Civil exiliouse en Portugal como membro do consello privado de don Xoán de Borbón, conde de Barcelona. No ano 1975 organizou a Federación Popular Democrática e participou sen éxito nas eleccións xerais de 1977. Entre outras obras escribiu No fue posible la paz (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do S dos EE UU, afluente do Colorado. Atravesa os estados de Novo México, onde nace, e Arizona, e conflúe co río Colorado nos altiplanos desérticos de Yuma, despois dun curso de 1.048 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humorista e debuxante. Inicialmente traballou como mecánico. Co estalido da Guerra Civil española alistouse no V rexemento de Líster. En decembro de 1938 fixérono prisioneiro e internárono no cárcere de Yeserías. En Torrijos compartiu prisión co poeta Miguel Hernández. Unha vez liberado, traballou no diario Imperio e en Radio Zamora; ademais enviaba debuxos a La Codorniz e Hermano Lobo. Marchou a Madrid e despois dun monólogo improvisado no teatro Fontalba, montou unha compañía coa que percorreu toda España e Marrocos. En 1959 realizou unha xira por Cuba e México e a partir de 1962 decidiu ir a América; alí foi correspondente do semanario Triunfo e de Sábado Gráfico. Ademais, colaborou con Diario 16. Coa chegada da democracia regresou a España e participou en numerosos programas de televisión e radio. Participou nos filmes El hombre que viajaba despacio, Dónde pongo este muerto?, El Ceniciento, Sitiados en la ciudad, El Presidio,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Fundador e catedrático de Arquitectura na Acadèmia de Sant Carles (1768), a súa obra reflicte a transición do Barroco ao neoclasicismo. Das súas obras destacan a remodelación da catedral de València e a finalización da aduana (1758-1760).

    VER O DETALLE DO TERMO