"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
GALICIA
Publicou artigos sobre temas relacionados coa música e a poesía en revistas como Grial, Galicia turística, Galicia en Madrid, entre os que se contan “Panorama da música galega. Aportación do mestre Rodrigo A. de Santiago”, “Noticia y glosa del Método completo de gaita” ou “Poesía de Miguel González Garcés. Nas faíscas do soño”. Achegouse tamén ao teatro coa publicación dos cadros líricos Romaxe a Teixido (1955), Cantiga (1956) e Era outra vez o muíño (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ameixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abruñeiro.
-
GALICIA
Compositor e escritor. Realizou estudios de Composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Compuxo unha suite para piano, unha sinfonía de cámara, varios cuartetos para corda, o poema sinfónico Galicia e a colección de Lieder agrupados baixo o título La humana pasión e a inacabada Mi cancionero mundial épico y lírico. Como narrador é autor de varias novelas: La dama de las magnolias, Palolo el canaco e Carnaval trágico. Como poeta, publicou os títulos: De mi tierra verde y arcaica, Poemas en tono de gris menor, Lirio nevado e Poemas de la ría de Ribadeo. Tamén colaborou na prensa galega con numerosos ensaios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O maior provedor de servicios de Internet do mundo. AOL ten base na cidade de Viena, en Virxinia, EE UU. Ofrece aos seus subscritores correo electrónico, conferencias, software, apoio sobre ordenadores, revistas e periódicos interactivos, clases en liña ou acceso a Internet, entre outros produtos. AOL mercou en novembro de 1998 unha das compañías emblemáticas do sector, Netscape, nunha espectacular operación que lle permitiu gozar do navegador Communicator e do centro de servicios NetCenter da empresa absorbida. Esta fusión por compra foi empregada como argumento por Microsoft, a multinacional de Bill Gates, para defenderse das acusacións de monopolio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía norteamericana de transportes aéreos fundada en Nova York en 1930 e reorganizada en 1934.
-
VER O DETALLE DO TERMO
amieiro.
-
-
Que pertence ao grupo dos anfineuros.
-
Molusco do grupo dos anfineuros.
-
Grupo de moluscos mariños, moi primitivos, que carecen de cuncha (aplacóforos) ou ben están dotados dunha serie de placas dorsais articuladas (poliplacóforos). Son litorais e reptan polo fondo ou nadan. É un grupo con poucos representantes, o máis importante deles é o quitón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise das follas nas que os nervios laterais forman un ángulo agudo co principal.
-
-
Antagonista da acción do parasimpático ou doutras fibras nerviosas colinérxicas.
-
Nome xenérico dos axentes que actúan como antagonistas competitivos da acetilcolina a nivel dos receptores muscarínicos. Posúen esta acción os compostos naturais alcaloides da beladona, como a antropina, a escopolamina e compostos de síntese.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que inhibe a enzima acetilcolinesterasa. Os anticolinesterásicos reducen a degradación enzimática da acetilcolina nas sinapses neuromusculares e, xa que logo, prolongan a súa acción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Faro adicional dun vehículo que se utiliza para minguar o efecto da néboa ou da chuvia sobre a visibilidade do condutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
anticanceroso.
-
-
Que combate a neuralxia.
-
Medicamento que combate a neuralxia.
-
-
-
Que prevén ou combate a inflamación dun nervio.
-
Nome xenérico dos axentes que combaten a neurite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a antipartícula dun neutrino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a antipartícula do neutrón.
-
PERSOEIRO
Actor, director de escena e realizador cinematográfico francés. Foi o creador do Théâtre Libre en París, compañía coa que, entre 1887 e 1894, realizou diversos espectáculos nos que desenvolveu e popularizou a corrente naturalista de Èmile Zola, presentando na capital de Francia a autores do relevo de August Strindberg, Henrik Ibsen ou Gerhart Hauptmann. No 1897 fundou o Théâtre Antoine e no 1906 foi nomeado director do Odeón. Pode considerarse un dos fundadores da dirección de escena como disciplina artística. As súas achegas van desde a consideración do deseño escenográfico, como un elemento determinante na posta en escena, ata cuestións tan relevantes na recepción, como a necesidade de apagar as luces da platea, palcos e outros espacios ocupados polos espectadores durante a función. Incorporado ao cine no 1914, o seu sentido do realismo avanzou o que moitos anos máis tarde sería a esencia do Neorrealismo italiano. Entre as súas obras destacan Les frères corses (Os irmáns corsos,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto francés. Foi un dos principais representantes do Neoclasicismo. Foi o autor da Nova Casa da Moeda de París (1768-1777), de estilo clásico.
VER O DETALLE DO TERMO