anfineuro -ra
anfineuro -ra
(< lat científico amphineura)
-
adx
[ANIMAL]
Que pertence ao grupo dos anfineuros.
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco do grupo dos anfineuros.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Grupo de moluscos mariños, moi primitivos, que carecen de cuncha (aplacóforos) ou ben están dotados dunha serie de placas dorsais articuladas (poliplacóforos). Son litorais e reptan polo fondo ou nadan. É un grupo con poucos representantes, o máis importante deles é o quitón.