anfiloquio -quia

anfiloquio -quia
  1. s m [HIST/ETN]

    Individuo do pobo anfiloquio.

  2.   Pobo (populi) prerromano da Gallaecia, no Convento Bracarense, mencionado por Estrabón e Xustino. A súa localización non é segura; sen embargo, é probable que ocupasen un territorio situado no val do Ambía ou do Limia. A historiografía decimonónica referiuse a eles como un pobo helenizado debido a que os consideraban descendentes dos compañeiros de Anfíloco, que dende a costa galega se espallaran cara ao interior logo da morte do heroe, e vinculado á lagoa de Antela, onde situaban unha cidade asolagada.

Palabras veciñas

anfidiploidia | anfigastro | anfiguri | anfiloquio -quia | anfímacro | anfimixe | anfineuro -ra