"Inés" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 173.

  • Estado final da profase da primeira división meiótica, anterior á desaparición da membrana nuclear, na que a separación dos cromosomas homólogos é practicamente completa e ten lugar o entrecruzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade de executar voluntaria e rapidamente unha serie de movementos sucesivos e opostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo. Inventor de instrumentos meteorolóxicos (anemómetro e higrómetro). Fixo estudios sobre a alta estratosfera e sobre a dinámica dos ciclóns e anticiclóns e a radiación solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Karen Christentze Blixen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de coordinación nos movementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Emigrou a Puerto Rico, onde traballou no Banco Sobrinos de Ezquiaga e foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Alistouse no Batallón de Voluntarios e retornou pouco antes da perda da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Dublín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Dublín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante arcaica do antropónimo feminino Inés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de luminescencia que presentan certos sólidos ao seren excitados por un campo eléctrico. Descubriuno o físico francés Georges Destriau en 1936 mentres excitaba unha placa de sulfuro de zinc con corrente alterna, pero non se empregou ata 1952, cando uns enxeñeiros de Sylvania Electrical Produts Inc desenvolveron un panel electroluminescente a base de pos de sulfuro de zinc. A enerxía eléctrica que se comunica aos electróns libres dun sólido transfórmase en luz. Son axeitadas para producir electroluminescencia as unións pn polarizadas, tanto en sentido directo coma inverso, as heterounións, as barreiras Schottky e as estruturas MIS, entre outras. Ten aplicación nos díodos electroluminiscentes ou LED, nos díodos láser e nos paneis electroluminescentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao corpo ou substancia que ten a propiedade da electroluminescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Estudiou en Viena e mais Berlín. Influenciado por Schopenhauer, a súa obra, de inspiración folclórica, é crítica e pesimista. Formou parte do grupo político cultural Junimea, de tendencia nacionalista. Da súa produción destacan os poemas Venere si Madon ǎ (Venus e Madona, 1870) e Luce ǎ farul (A estrela, 1883), a novela Sărmanul Dionis (O pobre Denís, 1872) e contos de orixe popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Considerado o máis fiel dos discípulos de Sócrates, coñécese a través dalgúns discursos de Platón. Consérvanse tan só pequenos fragmentos da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e orador ateniense. Destacou nas batallas de Mantinea (362 a C) e Tamines (358 a C). Inimigo dos macedonios, participou na embaixada diante de Filipo III de Macedonia, pero despois pasou a defender os intereses do partido macedonio, polo que se enfrontou con Demóstenes. Tralo seu fracaso no proceso de Ctesifonte (338 a C-330 a C), pola intervención de Demóstenes, exiliouse e fundou unha escola de oratoria en Rodas (323 a C). Consérvanse os discursos Contra Timarco, Sobre a embaixada fraudulenta e Contra Ctesifonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado na marxe dereita do río Almanzora (1.746 h [1996]). A agricultura e a extracción de mármore son as principais bases da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fineses, ao seu pobo ou á súa lingua.

    2. Individuo pertencente a calquera dos pobos que falan o grupo de linguas baltofinesas.

    3. Pobos que se estableceron na costa báltica oriental, Finlandia e Carelia, a partir do Neolítico, procedentes das rexións centrais de Rusia. Entre eles incluíronse os finlandeses, os carelios, os estonianos, os livonios, os vepsios e os udmurtos. Trala chegada de poboación de orixe eslava e xermana a partir do s X, sufriron unha redución territorial que se incrementou nos ss XII e XIII. Na actualidade, só os finlandeses e os estonianos, que contan cun estado nacional propio, conservan as súas características culturais mentres que o resto experimentaron un proceso de rusificación.

    4. finlandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten carácter de folletín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luminescencia estimulada por radiación visible, infravermella ou ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo agrupado que naceu en Vigo no ano 1983 arredor da revista de educación especial Quinesia. Os seus responsables e membros fundadores son Francisco Insua Meirás, Elixio Domarco Álvarez e Álvaro Espilla Dopico, e está formada, principalmente, por profesionais que traballan no terreo das discapacidades. Acreditada no ámbito da integración das persoas con discapacidades, cómpre dicir que o seu labor desenvólvese, sobre todo, a través da publicación da revista Quinesia de estudios e investigacións no campo das discapacidades, e da organización de diversos cursos e proxectos sobre as discapacidades (formación do profesorado, integración laboral, escolar e social do discapacitado, etc). Constituíse como Asociación (1992) de ámbito galego e como Fundación Benéfico-Asistencial (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarcosindicalista. Coñecido como Diego Abad de Santillán, dirixiu o semanario Tierra y Libertad e fundou a revista Tiempos Nuevos. En 1938 incorporouse ao Comité Nacional del Frente Popular Antifascista e ao remate do conflito civil exiliouse en Francia e Arxentina, de onde regresou en 1976. Publicou Por qué perdimos la guerra (1940) e Contribución a la historia del movimiento obrero español (1962-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO