Esquines
Esquines
Político e orador ateniense. Destacou nas batallas de Mantinea (362 a C) e Tamines (358 a C). Inimigo dos macedonios, participou na embaixada diante de Filipo III de Macedonia, pero despois pasou a defender os intereses do partido macedonio, polo que se enfrontou con Demóstenes. Tralo seu fracaso no proceso de Ctesifonte (338 a C-330 a C), pola intervención de Demóstenes, exiliouse e fundou unha escola de oratoria en Rodas (323 a C). Consérvanse os discursos Contra Timarco, Sobre a embaixada fraudulenta e Contra Ctesifonte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Atenas -
Deceso
Lugar : Rodas