"Irán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 118.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Empregou o dialecto labortano clásico, culto, pero descoñecido para a maioría dos falantes de éuscaro. O seu labor poético comezou en 1950 e colaborou en diversas revistas e xornais, como Euzko Gogoa, Euzko Deia, Gernika, Egan ou Irrintzi. Como narrador, destaca a súa novela Haur besoetakoa (A rapaza, 1970). Tamén destacou como tradutor e axudou a Jon Etxaide na preparación da obra Etahun’en bertsoak gipuzkeraz (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente á cidade ou comarca portuguesa de Miranda do Douro, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante da cidade ou comarca portuguesa de Miranda do Douro.
-
Lingua do phylum indoeuropeo que se fala no nordés de Portugal, nunha extensión de preto de 500 km 2 . De orixe asturleonesa, recibiu a influencia do portugués, sobre todo a partir do s XVI. Na cidade de Miranda do Douro e arredores conservouse como lingua oral xa que foi substituído polo portugués. José Leite de Vasconcelos describiuno e escribiuno por primeira vez a finais do s XIX. O proceso de normativización do mirandés iniciouse en 1995 coa publicación dunha Proposta de Convenção Ortográfica Mirandesa e consolidouse en 1999 coa edición da Convenção Ortográfica da Língua Mirandesa. Foi recoñecido como lingua oficial pola Lei 7/99, de 29 de xaneiro. Estímase que o falan unhas 7.000 persoas na zona de orixe e que o coñecen uns 5.000 emigrantes.
-
-
Aplícase a unha raza de vacas cos cornos revirados cara a atrás propia de Miranda do Douro.
-
-
PERSOEIRO
Xa de Irán (1941-1979), fillo e sucesor de Reza I de Irán. Coñecido como Reza Pahlawī, en 1979 tivo que exiliarse pola revolución que converteu Irán nunha república islámica. Á súa morte, o seu fillo Reza foi proclamado xa de Irán no exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Masma, que nace no extremo O da parroquia de Oirán (Mondoñedo) e desemboca na de Lourenzá, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico saturado que consiste nun anel carbonado de tres membros que contén un átomo de osíxeno. Ten unha grande importancia industrial e os compostos que conteñen a súa estrutura básica denomínanse epóxidos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao can que non é de ningunha raza específica.
-
FILOSOFOS
Filósofo humanista, señor de Mirandola e conde de Concordia. Estudou dereito canónico e filosofía aristotélica e formouse na mística de Averroes. En 1486 fixo imprimir en Roma, precedidas da Oratio de hominis dignitate, as novecentas Conclusiones philosophicae, cabalisticae et theologicae in omni genere scientiarum, síntese de filosofía platónica, de cábala, de maxia astrolóxica e de doutrina relixiosa. A curia romana condenou parte da obra, motivo polo que foi encarcerado en Vincennes (1488). Volveu a Florencia e recibiu finalmente a absolución de Alexandre VI (1493). Outros escritos representativos do seu humanismo son Heptaplus de septiformi sex dierum Geneseos enarratione (1490), De ente et uno (1491) e Disputationes adversus astrologiam divinatricem.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe da familia dos carácidos, da orde dos cipriniformes, sobre todo os que pertencen aos xéneros Serrasalmus, Roosveltiella e Pygocentrus. Presentan dentes triangulares, rematados en punta, e que encaixan perfectamente. Son animais dunha gran voracidade, que atacan o gando e, incluso, o home. Habitan as augas doces das rexións tropicais de América do Sur.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e escritor italiano. Formado nas universidades de Palermo, Roma e Bonn, ensinou estilística e literatura na Università di Roma (1897-1922) e formou a compañía Teatro d’Arte (1925-1928), coa que percorreu diversos países de América e Europa. Da súa obra, que analiza a psicoloxía e os conflitos da personalidade humana, cómpre destacar o ensaio L’umorismo (1908), as novelas L’esclusa (1894), Il fu Mattia Pascal (1904), I vecchi e i giovani (1913), Si gira... (1916), Uno, nessuno e centomila (1927), e as narracións breves recollidas en Novelle per un anno (1922). No apartado dramático -a súa achega máis importante-, mestura elementos da psicoloxía e da filosofía, xoga cos planos da ilusión e da realidade, e emprega o simbolismo e as paranoias. Destacan Pensaci Giacomino! (1916), Liolà (1916), Così è, se vi pare (1917), Il giuoco delle parti (1918), L’uomo, la bestia e la virtù...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador e arquitecto italiano. Coñecido como Giambattista Piranesi, iniciou a súa carreira en Venecia. Das súas numerosas series de gravados destacan Opere varie d’architettura, prospettiva, groteschi, antichità (1750), o ciclo Vedute di Roma (1748-1775), Carceri d’invenzione (1750-1760) e Antichità romane (1756). Construíu Santa Maria del Priorato, coa contigua Piazza dei Cavalieri di Malta (1764), en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico que consite nun anel de seis membros insaturable que contén un átomo de osíxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento meteorolóxico que mide a radiación solar global, xeralmente de rexistro continuo, que contén un elemento fotosensible que se instala no interior dunha esfera de cristal ou cuarzo para protexelo do vento e da chuvia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma natural dalgúns azucres, constituída por un anel de seis membros, que se pode considerar derivado do pirano. Pode ser considerada tamén un hemiacetal, como o resultado dunha reacción intramolecular entre un aldehido e un alcohol. O resultado é a formación dun carbono asimétrico (carbono anomérico). Pode existir, polo tanto, en dúas formas estereoisómeras, denominadas á e â.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido que ten unha estrutura da que deriva o pirano. Un dos máis coñecidos é a sacarosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘querer’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Afonso XII o 5 de xullo de 1875 a Xosé Varela Cadaval (Tui 22.11.1817-Santiago de Compostela 3.12.1885), deputado en Cortes. Sucedeuno a súa filla María do Carme Varela Bermúdez (?-Madrid 15.11.1927), II condesa de Ramiranes, e o fillo desta, Afonso Bermúdez Varela (?-Paracuellos del Jarama 20.11.1936), III conde de Ramiranes, mordomo de semana de Afonso XIII. O IV conde foi Xosé Manuel Bermúdez de la Puente Rodríguez .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santiago de Compostela. Edificouna Xosé Vareal Cadaval, conde de Ramiranes, no s XIX, no lugar que ocupara o colexio dos Irlandeses. Realizado en cantaría de granito, ten planta baixa e dous pisos, divididos en tres corpos rematados en frontóns. No frontón central atópase o escudo dos condes rematado por unha coroa.
-
PERSOEIRO
Xa de Irán (1925-1941). Antigo xefe da brigada cosaca que operaba en Irán, conquistou Teherán (1920) ao exército soviético e proclamouse primeiro ministro (1923). Logo de recibir plenos poderes do parlamento, exiliou o xa e proclamouse xa el mesmo. A raíz da Segunda Guerra Mundial, a URSS e Reino Unido invadiron o país e foi obrigado a abdicar (1941) en favor do seu fillo Mu ḥ ammad Reza de Irán.
VER O DETALLE DO TERMO