"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Economista norteamericano. Foi membro do consello de economistas asesores do Presidente dos EE UU (1962) e presidente da American Economic Association (Asociación Americana de Economía) en 1972. As súas contribucións á economía neoclásica son numerosas: a súa obra Social choices and individual values (Elección social e valores individuais, 1951) supuxo un fito fundamental para a teoría do benestar. En 1972 recibiu o Premio Nobel de Economía, conxuntamente co británico John R. Hicks, polas súas achegas á teoría do equilibrio económico e do benestar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político uruguaio líder do movemento de emancipación no vicerreinado do Río da Prata. Era capitán do exército español no rexemento chamado os blandengues, co que combatiu contra rebelións indíxenas e contra o ataque de portugueses (1801) e ingleses (1806-1807). Trala invasión napoleónica de España (1808), uniuse á Xunta Revolucionaria de Bos Aires participando na insurrección pola independencia, á cabeza dos crioulos rebeldes de Oriente (1811). Derrotou aos españois na Batalla de Las Piedras (maio de 1811) e cerca Montevideo; houbo de levantalo ao chegar a un acordo polo que a Xunta de Bos Aires recoñecía aos españois a soberanía da banda oriental. Iniciou entón un éxodo (denominado “éxodo do pobo oriental”) que o levou ao río Uruguai. Abertas novamente as hostilidades (1812), volveu asediar Montevideo. O Congreso de Tres Cruces (1813) púxoo á fronte da administración da provincia e condicionou o recoñecemento da Asemblea Constituínte de Bos Aires a que esta admitira...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Profesor de Xeografía e Historia (en institutos de ensino medio galegos). Preocupouse pola formación psicopedagóxica e polos avances didácticos de comezos do s XX. Por este motivo, en 1934, sendo profesor de Xeografía no Instituto de Lugo, trasladouse a Alemaña. Publicou Lecturas escolares. Grado Superior. Hispano-América (1932) e outros libros de texto para institutos de Ensino Medio.
-
GALICIA
Bispo de Plasencia (1852-1857) e de Ourense (1857-1866). Estudiou Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Carta pastoral que el Ilmo. Sr. D. José Ávila y Lamas, obispo de Plasencia dirige a sus diocesanos (1853) e Carta pastoral que el Ilmo. Sr. D. José Ávila y Lamas, obispo de Orense, dirige a sus diocesanos (a su entrada en el obispado) (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e heraldista castelán. Marqués de Avilés. Tenente coronel de dragóns do exército de Filipe V en Catalunya. É autor do tratado: Ciencia heroica reducida a las leyes heráldicas del blasón (1725).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Nomeado ministro da Guerra (1824), dirixiu unha represión política antiliberal tan dura que lle valeu a destitución (1825). Foi capitán xeneral das Balears (1828-1833). Interveu nunha conspiración carlista (1834). Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político afrancesado. Duque de Santa Fe. Foi nomeado ministro de Guerra por Carlos IV (1793), vicerrei de Nova España (1798-1800) e ministro de Facenda de Fernando VII (1808). Participou na Xunta suprema de goberno mentres Fernando VII estaba en Baiona, onde foi designado Presidente da Asemblea de Notables que promulgou o Estatuto de Baiona, base legal da nova monarquía de Xosé I e, posteriormente, foi un dos ministros máis representativos do goberno deste monarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Marqués de Nibbiano. Foi embaixador de Carlos III e de Carlos IV en Roma (1786-1798) e en París (1798-1799 e 1801-1803), e como tal firmou a Paz de Amiens (1802). En Italia interesouse pola Arqueoloxía, a Estética e os clásicos latinos. Foi un dos ilustrados máis radicais, tal como se reflicte na súa correspondencia con Manuel Roda y Arrieta -editada en 1846-, e nas súas Memorias (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e membro do corpo de Inspectores de Finanzas do Estado. Deputado no Congreso pola circunscrición de Ávila (1982-1987), formou parte da executiva autonómica de Alianza Popular (AP) en Castela e León, da que foi Presidente (1986-1989). Vencedor nas eleccións de 1987, foi presidente da Junta de Castilla y León (1987-1989). En 1989, tralo congreso de refundación do Partido Popular (PP), demitiu como presidente autonómico para asumir a vicepresidencia nacional do PP (1989-1990). Candidato á presidencia do Goberno en 1989, é presidente nacional do PP dende 1990. Deputado por Madrid dende 1989, logo do triunfo electoral do seu partido en marzo de 1996 logrou ser investido presidente do Goberno español o 4 de maio de 1996, grazas ao apoio dos nacionalistas cataláns (CiU), vascos (PNV) e canarios (CC). Nas eleccións xerais do 12 de marzo do 2000 conseguíu a maioría absoluta para o PP por primeira vez na historia da democracia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lugo. Defensor do Absolutismo contra toda posible reforma liberal. En 1820 enviou ao Rei Fernando VII unha exposición na que lle solicitaba que nin as cortes nin o goberno se pronunciasen en materia eclesiástica, xa que son competencia exclusiva da Igrexa. Mandou constituír na diócese un tribunal eclesiástico encargado de velar polas lecturas (1821).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Os seus traballos máis importantes están relacionados coa fisiopatoloxía do cerebelo (1892), a significación da histeria e o estudo do reflexo de extensión das dedas, coñecido co nome de signo de Babinski. Tamén deu nome a outras probas e síndromes neurolóxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Os seus traballos máis importantes están relacionados coa fisiopatoloxía do cerebelo (1892), a significación da histeria e o estudo do reflexo de extensión das dedas, coñecido co nome de signo de Babinski. Tamén deu nome a outras probas e síndromes neurolóxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse con Francisco Urtado. Evolucionou desde un clasicismo académico (fachada da Igrexa do Sagrario, Granada, 1722; fachada da Catedral de Málaga, comezada en 1724) ata un barroco recargado (Igrexas de San Isidoro, iniciada en 1727, e Las Agustinas, (1746-1751), ambas en Antequera). Deste último estilo é a sancristía da Cartuxa de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor e humanista, coñecido como Jodocus Badius Ascensis. Formado en Italia, estudiou grego e latín en Lyon. Corrector nas prensas de J. Trechsel, cara ao 1495 estableceuse no taller de Robert Gaguin de París ata que posuíu imprenta propia, contra o 1500. Membro do núcleo de humanistas prerreformistas de París, do grupo de Lefèvre de Etaples, editou case catrocentos volumes dos humanistas máis relevantes da súa época (Erasmo, Budé, Poliziano, etc). Propiciou algunhas das primeiras edicións de obras lulianas: Logica brevis (1516), Proverbia (1518) e Arbor philosophiae amoris (1516). Escribiu algunhas obras orixinais, como Navis Stultorum (A nave dos tolos). Casou as súas fillas con libreiros e impresores,;dun deles, Roberto Stéfano, descende a liñaxe dos Ètienne.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Freda Josephine MacDonald.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán de orixe húngara. Traballou en Alemaña desde 1936 ata 1961. Unha das súas obras máis importantes é Münchhausen (1943), encargado por Goebbels para o 25º aniversario da UFA. Achegou numerosas novidades ao cine daqueles anos, principalmente trucos de imaxe e música. Dirixiu tamén Intermezzo (1936), Menschen von varieté (1939), Der ruf (1949), Fuhrmann Henschel (1956) e Die seltsame grafin (1961), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo, historiador, avogado e taquígrafo. Licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universitat de Barcelona. Estudiou o retorromano e os cantos populares da Engadina; publicou Orígenes históricos de Cataluña (1897) e unha ortografía catalá (1884) que tivo moita aceptación. Colaborou na creación do sistema Garriga de taquigrafía. Presidiu a Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona, de 1893 a 1901.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e actriz francesa. Dirixiu principalmente comedias, Sac de noeuds (Saco de nós, 1985) con Isabelle Huppert, e algún filme fantástico como Ma vie est un enfer (A miña vida é un inferno, 1991), coa participación de Daniel Auteil. A película Gazon maudit (Herba maldita, 1994) foi un dos maiores éxitos do cine francés nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e director. Iniciou os estudios musicais no Conservatorio Superior da Coruña; posteriormente trasladouse a Madrid onde realizou Composición e Dirección de Orquestra. Director da Escola Municipal de Música de Chantada (1990-1991), dirixiu a súa Banda Municipal, a Orquestra de Cámara e a Orquestra de vento do Conservatorio de Ourense (1992-1998) e dende 1999 a Orquestra Municipal de Aguiño. Dende 1992 exerceu como profesor de Harmonía e Análise Musical no Conservatorio de Ourense. Colaborou na elaboración de libros didácticos de práctica instrumental aplicada á linguaxe musical como Entonación y Práctica Instrumental, 1995). Entre as súas composicións destacan: Comenzo (suite orquestral) e Fuxidio (para grupo de metais).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Na Convención de Sucre (1843) foi elixido Presidente da República. Gobernou despoticamente e sufocou repetidas revoltas. En 1847 foi derrocado polo xeneral Belzú e exiliouse ao Brasil.
VER O DETALLE DO TERMO