Aznar López, José María

Aznar López, José María

Político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e membro do corpo de Inspectores de Finanzas do Estado. Deputado no Congreso pola circunscrición de Ávila (1982-1987), formou parte da executiva autonómica de Alianza Popular (AP) en Castela e León, da que foi Presidente (1986-1989). Vencedor nas eleccións de 1987, foi presidente da Junta de Castilla y León (1987-1989). En 1989, tralo congreso de refundación do Partido Popular (PP), demitiu como presidente autonómico para asumir a vicepresidencia nacional do PP (1989-1990). Candidato á presidencia do Goberno en 1989, é presidente nacional do PP dende 1990. Deputado por Madrid dende 1989, logo do triunfo electoral do seu partido en marzo de 1996 logrou ser investido presidente do Goberno español o 4 de maio de 1996, grazas ao apoio dos nacionalistas cataláns (CiU), vascos (PNV) e canarios (CC). Nas eleccións xerais do 12 de marzo do 2000 conseguíu a maioría absoluta para o PP por primeira vez na historia da democracia española. Ostenta, así mesmo, a vicepresidencia do Partido Popular Europeo (PPE), da Unión Democrática Internacional (IDU) e da Unión Democrática Europea (EDU).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid