"Josep" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • PERSOEIRO

    Arqueólogo francés, irmán de Jean-François Champollion. Foi bibliotecario de diversas institucións e catedrático de Paleografía na École des Chartres. Estudiou os documentos gregos escritos en exipcio. Escribiu, entre outras obras, Annales des Lagides (1819), L’Egypte ancienne et moderne (O Exipto antigo e moderno, 1840) e L’écriture démotique égyptienne (A escritura demótica exipcia, 1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político, irmán de André M. Chénier. Foi membro da Convención e do Consello dos Cincocentos. Autor de diversas traxedias e de Tableau de la littérature française de 1789 à 1808 (1816) e da letra do Chant du départ. O seu talante moderado levouno a participar na defensa de Luís XVI, feito polo que foi considerado sospeitoso e foi guillotinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi reivindicado polos artistas surrealistas como un referente do naïf e do onirismo. O Palacio Ideal (1879-1910) é unha obra produto da imaxinación de Cheval que mestura elementos arquitectónicos do románico, do barroco, da arquitectura exipcia, hindú, musulmana, etc. O carácter ecléctico do palacio reforzouse pola exhuberancia escultórica que incorpora figuras de animais exóticos e motivos bíblicos, entre outros símbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Discípulo de Nonnotte e Blaire, ampliou estudios en Roma. Retratista da familia de Napoleón Bonaparte, fixo, entre outros, os bustos de Napoleón, Xosefina e Madame Récamier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político canadense. En 1963 foi elixido membro da Cámara dos Comúns de Canadá polo Partido Liberal. Fíxose cargo de varias carteiras ministeriais: Asuntos Indios e do Norte canadense (1968-1974), Industria e Comercio (1976-1977), Finanzas (1977-1979), Xustiza (1980-1982) e Enerxía, Minas e Recursos (1982-1984). Despois de converterse en líder do seu partido, foi elixido primeiro ministro de Canadá nas eleccións de 1993, cargo que renovou nos comicios de 1997 e de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou debuxo con Josep Berga i Boix e escultura na École des Beaux Arts de Toulouse (1897). En 1900 trasladouse a París e foi discípulo de Rodin. No Salon des Artistes Français de 1907 presentou a obra Turment (Tormento) e no Salon de la Societé Nationale de 1908 Crepuscle (Crepúsculo). A amizade coa bailarina Isadora Duncan permitiulle realizar os seus debuxos máis espontáneos ao redor da danza. Realizou monumentos públicos como Serenidad sobre las ruinas de la vida, no cemiterio de San Isidro de Madrid, e retratos como o de Clara Stuart Merrill (1926). As súas obras simplificáronse e liberáronse de todo sentimento. Con Maillol, Clarà representou a reacción clasicista de raíz mediterránea diante do modernismo de raíz xermánica e do impresionismo rodiniano. Foi membro da Real Academia de San Fernando de Madrid (1925). Entre os galardóns que recibiu destacan a medalla de honor da Exposición Internacional de Barcelona de 1929 con Repòs...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tratadista de arte. Foi compañeiro de Josep Lluís Sert. Especializado en estudios sobre decoración e mobiliario, publicou Muebles de estilo inglés y su influencia en el exterior (1946); Muebles de estilo francés desde el gótico hasta el Imperio (1952) e Muebles de estilo español (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, poeta e político. En 1845 fundou a agrupación coral La Aurora, transformada en 1850 en La Fraternidad, sociedade de auxilios mutuos e primeira coral peninsular, composta por 40 homes. En 1857 cambiou o nome polo de Euterpe. Fundou e dirixiu a revista musical El Eco de Euterpe (1859) e El Metrónomo (1863). Organizou numerosos actos musicais e festivais corais, e foi autor de zarzuelas, cantatas e cancións populares. Como literato publicou, entre outras obras: Flores de estío (1858), La Revolución (1868) e La Marsellesa (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico de arquitectura. Incorporou á arquitectura popular a linguaxe da arquitectura contemporánea. Estudiou a tipoloxía da vivenda e foi un dos fundadores do Grupo R, que pretendía a renovación da arquitectura. Entre as súas construcións destacan as casas Tápies (1964) e a ampliación da Escola d’Arquitectura (1978). Foi membro da Acadèmia de Belles Arts de Sant Jordi (1977) e recibiu a Medalla de Ouro da IX trienal de Milán (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático norteamericano. É profesor da Universidade de Stanford. Probou a imposibilidade da demostración de hipóteses continuas a partir do conxunto de axiomas dunha teoría. Estudiou as ecuacións diferenciais parciais e a análise harmónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante de cómic. Deuse a coñecer na posguerra con colaboracións en La Risa, Pocholo, L’infantil e, principalmente, en TBO. Foi un dos enlaces entre os debuxantes da xeración de TBO e os representantes máis novos do xénero, cos que compartiu as páxinas de Cairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta. Coñecido como o Schiller austríaco, escribiu dramas neoclásicos de problemática burguesa como Regulus (1801) e Coriolan (1802), para o que Beethoven escribiu unha obertura en 1807.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Licenciouse en Ciencias Físico-matemáticas en Barcelona (1889). Foi astrónomo do observatorio de R. Patxot (1896) e ingresou na Academia de Ciencias e Artes de Barcelona (1901), que lle encargou que dirixise a instalación do Observatorio Fabra e a súa Sección Astronómica (1904-1937). Descubriu dous cometas (un deles leva o seu nome), unha estrela variable e once pequenos planetas ou asteroides; un destes, chamado Barcelona, é excepcional pola grande inclinación da súa órbita. Realizou estudios sobre Marte, Xúpiter, Saturno e as estrelas dobres. Realizou tamén estudios de xeofísica e de física teórica; neste eido deu a coñecer en 1915 unha teoría orixinal da radiación electromagnética coñecida como teoría emisivoondulatoria. En 1911 fundou a Sociedade Astronómica de España e América, da que foi presidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Józef Teodor Konrad Nalecz Korzeniowski.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Interesado polos traballos dos surrealistas, participou nas actividades deste movemento nos EE UU. Realizou colaxes con diferentes obxectos, principalmente caixas, material tipográfico, obxectos de uso persoal e fotografías antigas. Progresivamente, o seu traballo fíxose máis sistemático e centrouse na evocación da realidade, de maneira que se considera un dos precursores da pop art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico norteamericano. Co-municoulles aos seus personaxes, a pesar da súa aparencia fría e distante, unha profunda intensidade dramática. Traballou, entre outras películas, en Citizen Kane (Cidadán Kane, 1940), Shadow of a Doubt (A sombra dunha dúbida, 1943), Duel in the Sun (Duelo ao sol, 1947) ou The Third Man (O terceiro home, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Encargouse da remodelación en 1750 do Arsenal de Ferrol, deseñado por Cosme Álvarez de los Ríos (1747). Fixo os grandes paseos con árbores, incluíu as fontes e adaptou o edificio á topografía do lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista inglés. Exerceu como médico ata 1930. A súa obra tivo gran difusión entre os anos 1940 e 1950 cando se levou ao cine. Entre os seus libros destacan Hatter’s Castle (O castelo do odio, 1931), The Citadel (A cidadela, 1937) e The Keys of the Kingdom (As chaves do reino, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte, diplomático e xornalista. Foi correspondente na Guerra de Crimea. En 1874 coñeceu a Giovanni Battista Cavalcaselle, con quen desenvolveu o seu traballo de historiador. Entre as súas obras destacan A new history of painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866) e Raphael: his life and works (Rafael: a súa vida e traballos, 1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e arqueólogo. Estudou en Barcelona e en 1939 marchou exiliado a Venezuela, onde se nacionalizou. Fixo expedicións científicas a diferentes lugares de África e América. Fundou a cátedra de Arqueoloxía da Universidad Central de Venezuela, dirixiu o Museo de Ciencias Naturales de Caracas (1944-1963) e o departamento de Antropoloxía do Instituto Venezolano de Investigaciones Científicas. Entre as súas obras destaca Arqueología de Venezuela (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO