"Kola" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico alemán. Coñecido como Klaus Kinski, destacou polos seus papeis en películas de terror. Deuse a coñecer con Das Kalte Herz (O corazón conxelado, 1950), pero o prestixio acadouno máis tarde cos filmes Doctor Zhivago (1965), Aguirre, der Zorn Gottes (Aguirre, a pantasma de Deus, 1972), Nosferatu: Phantom der Nacht (Nosferatu: a pantasma da noite, 1979), Fitzcarraldo (1982), Woyzeck (1984) e Cobra verde (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Nikolaus Lenau, difundiu a súa obra, cargada de dor, pesimismo e melancolía, en alemán, da que destacan Gedichte (Poemas, 1932), Polenlieder (Cantos polacos, 1835), Savonarola (1837) e Waldlieder (Cantos do bosque, 1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galina Jevgen’jevna Voljanskaja.
-
PERSOEIRO
Escritor, xornalista e editor ruso. Colaborador do xornal Drone, foi autor de obras filosóficas, económicas e pedagóxicas, e editor de revistas satíricas. A súa popularidade debeuse á crítica contra as inxustizas sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Naturalizado francés, en 1918 estableceuse en París, onde foi alumno de Ravel e Orban. Inventou un sistema dodecatónico diferente ao de Schönberg e experimentou con instrumentos electrónicos, como a cruz sonora. A súa obra principal é a ópera Le libre de la vie (1917-1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e revolucionario. Participou, xunto con A. Herzen, na loita pola liberación do pobo. Detido varias veces, en 1856 instalouse definitivamente en Londres. Buscador de novas formas poéticas para expresar os problemas sociais, utilizou uns temas e un estilo populares de inspiración romántica. Escribiu Monologi (Monólogos, 1844-1947), o poema Jumor (Humor, primeira e segunda parte 1840-1841, terceira parte 1867-1868) e Poesías (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico, humanista e político húngaro. Foi secretario do consello real de Luís II de Hungría (1526), bispo de Zagreb (1544), de Eger (1548) e arcebispo de Esztergom (1553). Destacou como vangardista da Contrarreforma en Hungría. Da súa obra, ademais das súas Cartas, destacan Efemérides, Hungría (unha historia de Hungría desde a derrota de Mohács) e Atila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Orixe, destaca a obra poética, iniciada na preguerra cos poemas de Barne muinetan (No interior da medula, 1934) e continuada despois na mesma liña de poesía mística, de gran rigor formal. É autor do poema épico “Euskaldunak” (Os vascos, 1950), influído por F. Mistral, ao que traduciu ao éuscaro. Fixo tamén versións dos Salmos (1967) e das Confesións de Santo Agostiño (1956), e escribiu Jainko billa (Na procura de Deus, 1971), un ensaio de apoloxética relixiosa publicado postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Innovador da temática e da composición, formouse baixo a influencia de Belinskij, e converteuse no autor realista máis importante do seu país. As súas obras son unha crítica da sociedade, do despotismo e unha protesta social. Da súa produción destacan Groza (A tempestade, 1859), Vojevoda (O caudillo) e Bespridannica (A moza sen dote), que describe o empobrecemento da nobreza e a rapina dos burgueses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Caeu ferido na guerra civil e en 1924 comezoulle un proceso de parálise e cegueira progresiva. Nestas condicións escribiu a súa única novela, Kak zakalyalac stal (Como se forxa o aceiro, 1935), que se converteu nun modelo do realismo socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor alemán. En 1863 fixo construír en Colonia o primeiro modelo de motor de gas. Perfeccionou as ideas expostas en 1862 por Beau de Rochas, e en 1872 fixo construír un motor de combustión interna, que tivo despois aplicación na industria automobilística. Empregou o sistema do cilindro e pistón da máquina de vapor e dividiu o proceso en catro tempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político serbio. Contrario á política da dinastía dos Obrenović, creou en 1877 o diario Samauprava (A Autonomía), que se converteu en órgano do partido radical serbio. Exiliado en 1883, volveu en 1889, coa abdicación do Rei Milan I de Serbia, e estableceu unha constitución democrática. Presidiu o goberno (1891-1892), pero debido á súa política rusófila tivo que deixar o poder. En 1903 acadou de novo o poder e continuou coa súa política, aspirando a crear un forte estado eslavo nos Balcáns baixo o predominio serbio. Levou o país ás Guerras Balcánicas (1912-1913) e á Primeira Guerra Mundial. En 1921 conseguiu a aprobación dunha nova constitución que aseguraba a supremacía de Serbia dentro do novo estado iugoslavo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte alemán. A causa do nazismo, naturalizouse británico. Especializouse en arquitectura e deseño e en 1951 comezou a publicación de Buildings of England. Dirixiu Pelican History of Art and Architecture e escribiu Outline of European Architecture (1942), Pioneers of Modern Design (1949) e The Sources of Modern Architecture and Design (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. Foi condenado a morte por pertencer, xunto con F. Dostojevskij, ao grupo revolucionario Petraševskij (1849) e logo desterrado a Orenburg. O seu poema Vper’od! bez strakha i somnenija (Adiante!, sen poñer dúbidas!, 1846) converteuse en canto revolucionario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro ucraíno. Converteuse en representante permanente de Ucraína no consello de ministros soviético. Accedeu ao comité central do PCUS (1960), á presidencia do Soviet Supremo (1965) e ao Politburó (1966). En 1977 foi substituído por Leonid I. Brežnev.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nikolaj F’odorovič Stukalov.
-
PERSOEIRO
Escritor. Autor de novelas de exaltación patriótica, a súa obra principal Povest o nastojaščem čeloveke (Novela dun home auténtico, 1946) recibiu o Premio Stalin 1947, galardón que volveu gañar en 1949 con My sovetskije l’udi (Nós, os soviéticos, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Viaxeiro e xeógrafo ruso. Xeneral maior, dedicouse ao estudo do centro de Asia, foi profesor de xeografía en escolas militares e membro de honra da Academia de Ciencias de Peterburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario, escritor e pensador. Expoñente da mocidade ilustrada, demócrata e revolucionaria da época, escribiu Putešestvije iz Peterburga v Moskvu (Viaxe de Peterburgo a Moscova, 1790), que inclúe o poema revolucionario “Vl’nost’” (A liberdade).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor polaco. Foi o primeiro autor en lingua vernácula e está considerado o pai da literatura polaca. Satírico, con finalidade moralizadora, da súa obra destacan Postylla (1577), Zwierzyniec (O bestiario, 1568) e Zwiercialdlo (O espello, 1568), ademais dun tratado filosófico-moral en prosa.
VER O DETALLE DO TERMO