Ormaetxea, Nikola

Ormaetxea, Nikola

Escritor. Coñecido como Orixe, destaca a obra poética, iniciada na preguerra cos poemas de Barne muinetan (No interior da medula, 1934) e continuada despois na mesma liña de poesía mística, de gran rigor formal. É autor do poema épico “Euskaldunak” (Os vascos, 1950), influído por F. Mistral, ao que traduciu ao éuscaro. Fixo tamén versións dos Salmos (1967) e das Confesións de Santo Agostiño (1956), e escribiu Jainko billa (Na procura de Deus, 1971), un ensaio de apoloxética relixiosa publicado postumamente.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Orexa, Gipuzkoa

  • Deceso

    Lugar : Donostia