"López" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 371.
-
GALICIA
Escritor. Investigador no campo da etnografía, coordinou o suplemento cultural Cataventos de El Ideal Gallego e colaborou en La Voz de Galicia. Dirixiu a Guía de la artesanía de Galicia (1984) e publicou Galicia artesana (1988) e O liño (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e debuxante. Coñecido como Ánxel Johán, en 1918 ingresou no corpo de telégrafos e en 1929 destinárono ás Palmas de Gran Canaria, onde permaneceu ata 1948 e onde o condenaron a morte por apoiar a República. Conmutáronlle a pena logo de cumprir cadea en Las Palmas (1937-1942). De regreso a Lugo, foi profesor de debuxo no colexio Fingoi e no Círculo das Artes e director e fundador da colección de poesía Xistral. Colaborador na prensa escrita, empregou tamén o pseudónimo de Vicente Prado. Como poeta inclúese na Xeración de 1925, e dentro desta no grupo lucense. Vinculado con Luís Pimentel, Ricardo Carballo Calero e Ánxel Fole, espallou a súa produción por xornais e revistas, e publicáronse postumamente os volumes recompilatorios Sonetos de vida e morte (1991) e Obras reunidas (1993). Así mesmo, destaca o seu traballo “Notas encol dos pintores galegos”, publicado en 1951 en Grial. Incorporouse ao grupo A Gadaña e participou con eles na exposición...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e historiador. Catedrático de Dereito Penal en varias universidades españolas. Durante a Segunda República foi deputado a Cortes nas tres lexislaturas (1931-1936) e en 1938 foi nomeado cónsul xeral de España en Xenebra e secretario da delegación española na Sociedade de Nacións. Ao rematar a Guerra Civil marchou a París, Anveres e logo a Nova York, onde se incorporou ao Hunter College como profesor de Literatura e Historia de España. Das súas numerosas obras destacan Emilia Pardo Bazán: novelista de Galicia (1944), Galicia, su alma y su cultura (1954), El arte dramático de Valle Inclán. Del decadentismo al expresionismo (1967), Historia de la literatura española (1965-1972), Historia de Galicia (1980), La Galicia de los Austrias (1980), El reinado de Isabel II en Galicia (1984) e Castelao, propagandista da República en Norteamérica. Pertenceu a diversas academias e foi nomeado doutor honoris causa pola...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, director e frautista. Foi fundador do grupo de música de vangarda Aticus 16, co que estreou a súa obra Crisis, para dous recitadores e catorce instrumentos. Como frautista tocou, entre outras agrupacións, coa Orquesta de Cámara de Vigo, coa Orquesta de Cámara de Pontevedra, coa Orquesta Clásica de Vigo, coa Banda Municipal de Tui e coa Banda Municipal de Santiago. Da súa produción destacan Céret, No ferro do rail, Spectro I, Caminar 7.3, O longo Camiño de Santiago, Gregorianus 1 en Sib e Aquaedutus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cambiou o segundo apelido polo de Cando e colaborou nas revistas Galicia e Revista Gallega. Escribiu varios poemas en galego e publicou obras de teatro en colaboración con A. López Álvarez e Perosterena como De visita (1898), El suicidio de anoche (1899) e La leva (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi conselleiro do Consejo General de la Abogacía Española e contribuíu á celebración do I Congreso de Dereito Galego en 1972. Foi vicepresidente do Partido Galeguista (1979) e presidiu a Comisión Mixta Deputación-Xunta de Galicia. Foi membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, da que foi vicepresidente e na que participou na comisión encargada da redacción das Bases do Estatuto de Galicia, do Instituto Español de Derecho Foral, do Instituto Español de Derecho Procesal e da Asociación Internacional de Avogados.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Tino Grandío, despois de acadar galardóns nas exposicións provinciais de Lugo de 1944 e 1945 acadou unha bolsa en 1949 da deputación lucense e trasladouse a Madrid, onde se relacionou con Cristino Mallo e outros artistas galegos. As súas primeiras obras foron escenas de xénero e costumistas tratadas cun colorido intenso e cunha rotundidade case escultórica na representación das figuras. Desde a década de 1950 a súa obra evolucionou cara a dúas correntes, a abstracción e a neofiguración, caracterizándose pola monocromía, xeralmente de grises e brancos, polas figuras pouco perfiladas sobre as que se estende a mancha da cor de xeito que semellan flotar ou vaporizarse no espazo e polo reiteramento dos temas, naturezas mortas, paisaxes, mariñas, escenas de interior, retratos e animais; no da abstracción cómpre destacar, entre outras obras, Vaca azul (1951) e a serie dos Espellos (1959-1961). No eido da figuración destacan, entre outras, Romaría...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Estudiou dereito, xornalismo e filosofía e letras. Exerceu como director do diario Pueblo e do Diario Montañés, e da revista Geografía Universal. No eido televisivo foi director dos telexornais de TVE-2, xefe do gabinete de prensa de TVE e xefe da secretaría xeral de informativos de TVE. Ademais, foi correspondente de TVE e RNE en Portugal. Escribiu Caerá Allende?, Evasión, La bomba (1982) e El ocaso del general. Obtivo o Premio Larra de Periodismo (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e profesora. Estudiou pintura na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Cultivou a paisaxe e a mariña. Na súa obra destaca o tratamento da luz, cun gusto polas luces outonais, e o emprego das gamas de azuis fríos, vermellos cálidos e matices dourados. Realizou exposicións individuais e participou no Salón de Otoño de Pintura de Plasencia de 1983 e na I Mostra Unión Fenosa 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi restaurador do Museo Municipal Quiñones de León e profesor na Escola de Artes e Oficios. Cultivou a paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego, fillo de Lopo Rodriguez de Ulhoa e Teresa Fernandez de Trastâmara, segundo o Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Activo entre 1238 e 1286, é natural probablemente da Ulloa; preto de 1286 debeu establecerse na Estremadura portuguesa logo, quizais, do seu casamento con Sancha Lourenço de Taveira. Consérvanse 18 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Ajuda, Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 11 cantigas de amor e 7 de amigo, que non escapan á convencionalidade dos xéneros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Historia (1979). Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo desde 1993, foi director do Colexio Universitario de Ourense (1988-1989), vicerrector do campus de Ourense (1989-1993), director do centro asociado da UNED (1994-1996 e desde 2000). Foi gobernador civil e subdelegado de goberno en Ourense (1996-2000) e deputado na VI lexislatura. Desde 1993 promove, con Xavier Castro, as Xornadas de Historia de Galicia. Foi autor, entre outras obras, de Aproximación al pensamiento e ideología de Vicente Risco:1884-1963 (1985), La posición centrista durante la Segunda República: el periódico Ahora, 1930-1936 (1988) e Historia do mundo contemporáneo, 1870-1945 (2002), con Julio Prada, e dirixiu a colección Galicia en comarcas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, narrador e dramaturgo. En 1998 escribiu, con Quico Cadaval, o texto Memoria de Antígona, traballo solicitado polo Centro Dramático Galego para unha produción dirixida por Guillermo Heras. En 1993 obtivo o Premio Camiño de Santiago coa peza O peregrino errante que cansou o demo e dous anos despois o Premio Rafael Dieste por O serodio remordemento do amor, dúas pezas nas que se deixa sentir a influencia de autores como Valle-Inclán ou Ramón Otero Pedrayo. Ese mesmo ano, 1995, recibiu o premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa por Os moradores da nada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
(Ferrol 1945) Actor, director e animador teatral. Diplomado pola Escola D Expresió de Barcelona, iniciou a súa traxectoria (1975) no movemento de teatro escolar potenciado desde as Universidades Laborais, para despois integrarse en Teatro Circo, grupo co que participou no espectáculo Os vellos non deben namorarse (1977). Foi un dos fundadores da Escola Dramática Galega e, durante o tempo que presidiu a entidade (1981-1985), potenciou un proceso de descentralización que levou á constitución, despois fallida, dunha sección da Escola en Vigo. Da experiencia naceu a compañía profesional Teatro de Ningures, na que colaborou. No eido do teatro escolar potenciou a creación de grupos como Kalandraka. Desde 1981 promoveu a edición do Boletín de Información Teatral, que se converteu posteriormente na Revista Galega de Teatro. Ten publicado diversas colaboracións sobre o feito teatral e traballos de carácter pedagóxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Relacionado con diversos intelectuais lugueses, como Ánxel Fole, participou na edición das revistas Guión e Yunque. No eido político organizou Acción Republicana, foi secretario de Izquierda Republicana e alcalde de Lugo (1936). Co estalido da Guerra Civil ingresou no cárcere e á súa saída foi profesor do Instituto Cajal (1947-1948), da facultade de Medicina (1956-1959) e da Escuela de Terapia Ocupacional. Colaborador en distintos medios de comunicación, é autor dos traballos El medio ambiente en el hospital de hoy e El médico ante la frontera de la muerte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena, tradutor e animador teatral. Estivo vinculado aos grupos afeccionados Círculo de Perlío, Escola Municipal de Teatro de Narón e Tagallo, cos que presentou diversos espectáculos entre 1975 e 1985. En 1980 creou, con Francisco Pillado, o boletín de información teatral Don Saturio, a primeira revista de teatro que se publicou en Galicia e en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Miguel López de Legazpi.
-
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Bocelo, dirixiu La Voz de Galicia (1950-1968), El Ideal Gallego (1968-1971) e El Progreso (1972-1980). Como xornalista destacou pola súa columna titulada “De sol a sol”. Publicou El periodismo por dentro (1974) e Wenceslao Fernández Flórez. El autor y su obra (1985). Foi galardoado co Premio Pérez Lugín (1987) e co Premio da Asociación de Periodistas de Galicia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, trece besantes de ouro, colocados en tres paos de catro, cinco e catro. Entre as numerosas variantes destacan: en campo de ouro, dous lobos de sable, pasantes, colocados en pau e acompañados de seis roeis de goles, colocados tres en faixa en xefe e outros tres en pau no flanco destro; en campo de ouro, unha aciñeira de sinople acompañada de dous lobos de sable pasantes, colocados en pao, o de arriba resaltado por detrás do tronco e o de abaixo resaltando o mesmo, e bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro; en campo de ouro, tres bandas de goles; en campo de sinople, cinco cunchas de vieira, de ouro, colocadas en aspa; en campo de ouro, trece roeis de azul, en tres paos, de catro, cinco e catro; en campo de goles, un castelo de ouro, con dúas torres; en campo de ouro, unha flor de lis de azul; en campo de ouro, catro faixa de azul; en campo de ouro, unha banda de sable, acompañada de dous lobos de sable, un no alto e outro no baixo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Dirixiu a Irmandade de Amigos da Fala de Muxía, colaborou en Ronsel, Nós e A Nosa Terra, ademais de na Colección Lar e no Seminario de Estudos Galegos. Da súa produción destacan De outono (1924), Buserana (1925), Fuxidos (1926), Nemancos (1929), Centileos nas ondas (1958) e a peza teatral María Rosa (1928), unha comedia sentimental en que se analiza o rol da muller na familia e na sociedade e se confrontan os valores da cidade e da aldea.
VER O DETALLE DO TERMO