"Lier" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • Trastorno, normalmente hereditario, que se caracteriza por un crecemento desmesurado e desharmónico das cartilaxes, sobre todo nas metáfises dos ósos longos. Foi descrita polo cirurxián francés Léopold Ollier (1830-1900). OBS: Tamén se denomina condrodisplasía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barra do eixe que une as rodas motrices nun automóbil transmitíndolles o movemento xerado polo motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e topógrafo francés. Profesor do Conservatoire National des Arts et Métiers, inventou diversos instrumentos para traballos fotogramétricos de restitución de fotografías verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade sen ánimo de lucro con sede na Coruña, fundada en 1983 como asociación. En 1987 constituíuse como fundación e, ao ano seguinte, foi declarada Cultural e de Interese Galego pola Xunta de Galicia. Entre os seus obxectivos destaca a protección e o fomento das ideas de liberdade e tolerancia, o respecto aos dereitos humanos e o apoio ao progreso de Galicia en todos os campos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Díaz Porlier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxura liberal dirixida, na noite do 18 ao 19 de setembro de 1815, polo mariscal de campo, Juan Díaz Porlier. Tiña como obxectivo restaurar a orde constitucional que daría a España as liberdades políticas. O corpo militar estaba de acordo, menos o capitán xeneral de Galicia, Filipe Saint March, que foi encarcerado. O pronunciamento foi xestado no balneario de Arteixo, onde descansaba por motivos de saúde. Na cidade da Coruña foi un éxito pero desde Santiago de Compostela, cidade cara á que se dirixiu para continualo, as institucións militares, civís e eclesiásticas organizaron a contraofensiva. O día 21, Porlier, traizoado por parte das súas tropas, foi detido no lugar de Merelle, preto de Ordes, e encarcerado en Santiago de Compostela. Foi trasladado á Coruña e permaneceu no Cárcere Real ata que foi condenado a morte e aforcado o 3 de outubro de 1815.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe, fillo dun secretario de María de Medici. Afillado do cardeal Richelieu, foi un neno precoz, abade comendatario de cinco abadías e presbítero, e experimentou unha conversión radical despois dunha mocidade disipada. Viviu cos oradores e logo profesou a vida cisterciense en Notre-Dame de La Trappe, de onde pasou a ser abade efectivo, e iniciou a reforma do Císter da máis estrita observancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Residiu en Montpellier entre 1295-1327 pero, orfo desde os vinte anos, repartiu as súas riquezas entre os pobres e tomou o hábito franciscano. Atribuíronselle peregrinacións a Santiago de Compostela, Roma e Xerusalén, nas que se di que coidaba dos apestados polo camiño. Tras contaxiarse, retirouse a un monte a onde un can lle levou a comida ata que un anxo o curou. Considerado avogoso da peste, das chagas, da boa morte e protector dos cans de palleiro, o seu culto estendeuse por toda Europa no s XV, a miúdo asociado ao de san Sebastián. Iconográficamente representouse como un home de mediana idade, barbado, con vestiduras nobres, chapeu de ala ancha, mochila pendurada ao ombreiro e bordón, cunha cabaza nunha man, mentres que coa outra ergue a túnica para amosar as chagas da perna. Como elementos simbólicos porta unha ou varias vieiras (peregrinación a Santiago de Compostela), dúas chaves cruzadas (a Roma) e a palma (a Terra Santa). Representouse cun anxo cunha redoma (co que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da illa de Jersey, nas illas Anglonormandas, situada na baía de Saint-Aubin (28.123 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Stéphane Georges de Bouhélier- Lepelletier, cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, no que destaca Le carnaval des enfants (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Formado en Venecia, pasou á corte de Viena en 1766, onde se formou co mestre da capela imperial Florian Gassmann. Á morte deste ocupou o seu cargo e destacou como operista, con máis de corenta óperas. Participou na formación de L. van Beethoven, F. Schubert e F. Liszt e amosouse seguidor de Gluck en Armida (1771). Tamén realizou óperas bufas como Don Chisciotte alle nozze di Gamace (1771) e La calamita dei cori (1774), e compuxo música instrumental e relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e operador francés. Coñecido como José Sellier, instalouse na Coruña (1886) co seu irmán Louis, quen abrira un estudo fotográfico na década de 1850. Naturalizado español (1894), Joseph quedou a cargo do estudo e o seu interese dirixiuse cara ao cinematógrafo. En maio de 1897, tras unha visita a Francia, conseguiu un cinematógrafo dos irmáns Lumière e comezou a ofrecer proxeccións no seu estudio. Froito do seu interese pola técnica da imaxe en movemento, o 20 de xuño de 1897 gravou a primeira película galega, Entierro del general Sánchez Bregua, sobre a condución do cadáver do político e militar coruñés, de apenas un minuto de duración. A esta cinta seguíronlle San Jorge, salida de misa (1897), Fábrica de gas (1897), Plaza de Mina y Orzán (1897), Orzán, oleaje (1897), Temporal en Riazor (1898), Regreso de Cuba/Desembarco de los heridos de Cuba en nuestro puerto (1898), Matadero y salida de operarios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Louis Joseph Sellier Loup.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bolandista valón. Xesuíta en 1687, desde 1702 dedicouse á redacción dos Acta Sanctorum, obra da que chegou a ser editor en 1723. Da súa produción destacan os Acta beati Raymundi Lullii (1707) e o Martyrologium Usuardi monachi (1715-1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pedagogo musical. Profesor no Royal College of Music, compuxo a ópera The Canterbury Pilgrims (1884), a obra coral The Revenge (1886) e numerosas cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudita. Coñecida como a marquesa de Châtelet, está considerada como unha das mulleres máis destacadas das ciencias do s XVIII. Naceu no seo dunha familia nobre e desde pequena relacionouse con personaxes eminentes da intelectualidade francesa. En 1725 casou co marqués de Châtelet, con quen tivo tres fillos. Mantivo unha longa relación sentimental con Voltaire, algo que se reflectiu no pensamento do sabio. Impulsou os intereses da ciencia, especialmente a difusión das ideas de Newton en Francia. En 1734 participou na elaboración dos Elements de la philosophie de Newton, publicados por Voltaire en 1738. En 1737 comezou a escribir as Institutions de Physique, un novo tratado sobre esa materia destinado a substituír outro, de 1671, que ignoraba a física newtoniana. O traballo de maior esforzo e que máis contribuíu á súa gloria foi a tradución ao francés da obra de Newton Philosophiae naturales principia Matematica, que comezou en 1744 e rematou pouco antes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, conde de Villiers de L’Isle-Adam. En París coñeceu a Ch. Baudelaire, a través de quen coñeceu a Edgar A. Poe. Ademais de poesía, escribiu as novelas L’Eve future (1886), L’amour suprême (1886) e Tribulat Bonhomet (1887), as narracións recollidas en Contes cruels (1883) e Nouveaux contes cruels (1888), e o drama Axel (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran mestre da orde de San Xoán de Xerusalén. Dirixiu a defensa de Rodas, onde estaba o centro da orde, contra Solimán II, pero tivo que capitular e abandonar a illa (1522). Obtivo de Carlos V o arquipélago maltés, onde instalou a residencia da orde (1530).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, conde (1617), primeiro marqués (1618) e cuarto duque (1623) de Buckingham. Baixo Xaime I, de quen foi amante e favorito, e Carlos I dirixiu a política exterior inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático británico, conde de Clarendon (1838). Como embaixador do seu país en Madrid (1833-1839), interveu na vida política española en favor dos liberais. Foi gobernador de Irlanda (1847-1852) e ministro de Asuntos Exteriores (1853-1858), durante a Guerra de Crimea e noutras ocasións (1865-1866 e 1868-70).

    VER O DETALLE DO TERMO