"Lores" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 73.
-
PERSOEIRO
Actriz mexicana. De nome Dolores Martínez Asúnsolo, iniciou a súa carreira en Hollywood en 1925. Despois de participar nalgúns filmes musicais, traballou ás ordes de Emilio Fernández en Flor silvestre (1943), María Candelaria (1943) e La malquerida (1949). Tamén interpretou diversos papeis en La Cucaracha (1959), Rio Blanco (1967) e The Children of Sanchez (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Especializada en literatura infantil, da súa obra destacan A lenda do capitán Miñoca (1999, Premio O Barco de Vapor) e Historia invisible do bico Simón (2004). Escribiu tamén a novela Dentro da illa (2005, XXIII Premio de Novela Blanco Amor 2004), que destaca pola habilidade da autora para crear un mundo literario que se move entre o fantástico e o real, dotada de imaxes moi orixinais, e rica en recursos de estilo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Formouse en Madrid, onde dirixiu a banda do corpo de enxeñeiros (1897). Director da banda municipal de Donostia, compuxo cincuenta zarzuelas, das que destacan Los amarillos y El naranjal, piezas para piano e música instrumental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filóloga. Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é profesora titular (1993) desta disciplina na Universidade da Coruña. Foi membro do equipo de investigadores do Instituto da Lingua Galega (ILG), onde colaborou no Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa, 1985-1989) e no Arquivo do léxico galego e, desde 1990, é membro do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG). As súas liñas de investigación son a lingüística galega, en particular a lexicografía e a historiografía, a lingua francesa e a edición de textos medievais. Participou no proxecto de investigación Vocabulario fundamental da lingua galega (1987) e dirixiu e dirixe diferentes proxectos relacionados coa lexicografía e a edición de textos medievais. Formou parte do equipo redactor do Dicionario da lingua galega (1990) e do Dicionario da Real Academia Galega (1997), e participa na elaboración do Dicionario xeral da lingua galega (1997). En relación coa filoloxía francesa,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Formadora da Aula de Teatro Universitario de Ourense (1992), creou e coordinou a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) desde 1996 e coorganizou o Congreso Internacional de Teatro (2005) en Ourense. Membro de Sarabela Teatro, participou en diversas montaxes, como Farsas (1977), A esmorga (1996), O lapis do carpinteiro (2000) e Rolda de caricias (2004), e tamén en Leoncio e Helena (1993), co Centro Dramático Galego. Interveu nas series de televisión Pratos Combinados (1996, 2000 e 2001), A familia Pita (1996-1997), Terras de Miranda (2001, 2003 e 2004) e Los Serrano (2004). Recibiu o premio á mellor actriz secundaria (1995) por Cama (1994) e o Premio María Casares á mellor actriz protagonista (2002) por Sexismunda (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Coñecida como Lola Solla, empregou unha paleta de tonalidades quentes, moi adecuadas a unha temática que vira arredor do orgánico. Da súa produción destacan as series Osame e Peles.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Arquiveiro bibliotecario da Real Academia Galega desde 1907 e cronista da cidade da Coruña desde 1934, foi correspondente da Real Academia de la Historia e membro, entre outras asociacións, da Real Sociedad Geográfica e da Associação dos Arqueólogos Portugueses. Colaborador no Boletín da Real Academia Galega, foi o único redactor do Dicionario Gallego-Castellano, publicado pola RAG. Escribiu, entre outras obras, Gómez Pérez das Mariñas y sus descendientes: (Apuntes históricos y genealógicos) (1917), Un notable escudo de La Coruña (1922), D. Bermudo, Rey de Galicia (1924) e Bosquejo histórico de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Integrado na escola poética formalista, liderada por E. Pondal, participou na redacción de diferentes xornais, como La Fidelidad, Revista Gallega e El Tribuno, especialmente con artigos de carácter histórico. Membro fundador da Real Academia Galega, participou na organización da Asociación Regionalista e das Irmandades da Fala. No apartado creativo, traduciu ao galego as Odas (1897) de Anacreonte e o libro VI (1897) da Eneida de Virxilio; ademais, escribiu o poemario épico Os Calaicos: poema en catro cantos (1894), en que tenta imitar o estilo de Camões; Mágoas: poesías (1901), en que inclúe sonetos de estilo petrarquista; e Follas ao vento (1919); as novelas Bestas bravas (1923), onde aparecen representadas varias familias fidalgas das Mariñas; e Anxélica: novela orixinal e inédita (1925), xunto aos libros de carácter didáctico Resume da Geografía de Galicia (1897) e Resume da Historia de Galicia (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi deputado do Parlamento de Galicia (1985-1986) e deputado por Lugo no Congreso (1986-1996) polo PSdeG-PSOE e vicepresidente segundo da Comisión de Xustiza (1996-1998). Foi concelleiro (1983-1987) e tenente de alcalde (1979-1983 e 1987-1991) do Concello de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Os seus estudos centráronse na arquitectura e escultura renacentista e barroca en Galicia. Destacan as súas obras La escultura del Renacimiento en Galicia: el manierismo (1983), Lugo barroco (1983), Francisco de Moure (1991) e La arquitectura barroca en Galicia (1991); e coordinou O antigo retablo maior da catedral de Lugo (1995) e O patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra en Espiñeiros (Allariz). Segundo a lenda a Virxe pediulle a un pastor que edificase unha capela, ao redor da que xurdiu a aldea de Vilar de Flores. Celébrase no mes de agosto.
-
GALICIA
Ensaísta e crítica literaria. Doutora en Filoloxía Galega e DEA pola École des Hautes Études en Sciences Sociales do CNRS (París), é profesora de literatura galega na Universidade de Santiago, especializada en narrativa e teatro galego contemporáneos. Colaboradora e membro do consello de redacción de Grial, desde 2003 dirixe o Anuario de estudos literarios galegos, que en 1992 contribuíra a poñer en marcha baixo a dirección de Xoán González-Millán. Colabora como crítica literaria en revistas especializadas, como Tempos novos, e semanalmente dirixe a páxina literaria do “Diario cultural” da Radio Galega. Como investigadora, coordinou o Dicionario da literatura galega (4 vol 1995-2003). Ademais de coeditar obras clásicas como Follas novas, Retrincos. Un ollo de vidro, A festa da malla, O castelo de Pambre ou o epistolario cunqueiriano Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a F. Fernández del Riego (2003), publicou A recepción inmanente de Neira Vilas (1990), Sobre narrativa galega contemporánea...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política e economista. Foi asesora económica do concello de Santiago de Compostela (1989-1991). Membro do PSdG-PSOE, foi concelleira do concello de Vigo (1991-2001) e deputada no Parlamento de Galicia desde 1997. En 2005 converteuse na primeira muller en presidir o Parlamento galego.
VER O DETALLE DO TERMO