"Loxia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 396.
-
-
Figura de pensamento por detracción que consiste na supresión de elementos da frase que non están no contexto pero que se poden sobreentender.
-
Emprego dunha expresión abreviada equivalente a outra máis ampla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia dedicada ao estudo das briófitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia todo o relativo aos alimentos. Trátase dunha disciplina químico-biolóxica, con vertentes tecnolóxicas e sanitarias, aplicada aos alimentos e aos seus ingredientes, que utiliza moitas ciencias fundamentais (bioloxía, bioquímica, física, microbioloxía, química) e participa na problemática da tecnoloxía aplicada (bioenxeñería, enxeñería química, técnica de envasado, etc). Ocúpase do estudo da composición e as propiedades dos alimentos e os seus ingredientes; dos procesos de fabricación e almacenaxe de alimentos; de colaborar coa nutrición no coñecemento da relación das propiedades dos alimentos co seu papel no organismo; de promover normas e disposicións lexislativas que permitan garantir o correcto estado sanitario e a calidade dos alimentos, reprimir os fraudes e contribuír a unha información axeitada ao consumidor en cuestións alimentarias; e dos aspectos económicos e antropolóxicos da produción e o consumo de alimentos. A preocupación do ser humano pola calidade dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da meteoroloxía que estudia as tempestades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que, sen ser gramaticalmente incorrecta, vai contra a lóxica ou o bo uso da lingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte do campanólogo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que trata o cancro.
-
-
Parte da psicoloxía que estudia o carácter e a personalidade do home.
-
Conxunto de trazos particulares que constitúen o carácter dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia os crustáceos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que estudia a anatomía, a fisioloxía e a patoloxía do corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza que provoca unha axitación continuada das mans e que se manifesta agarrando violentamente a roupa ou obxectos que se buscan ou se xuntan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da citoloxía dedicada ao estudo do núcleo celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da botánica que se ocupa do estudo das carofíceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que se dedica ao estudo do froito. A súa aplicación nos estudios arqueolóxicos permite, xunto coas análises polínicas, o coñecemento dos paleoambientes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado da fermentación.
-
-
Rama da bioloxía que estudia a estrutura e función da célula. O desenvolvemento da citoloxía estivo intimamente ligado ao proceso da teoría celular e aos avances técnicos dos medios de observación, como o microscopio. En 1625 F. Cesi e F. Stelluti publicaron Apiarium, primeira obra coñecida de obxectos examinados co microscopio. Posteriormente, en 1665, R. Hooke editou a súa Micrographia, obra na que aparece a primeira descrición das células vexetais. Segundo Hooke, a cortiza e outros tecidos vexetais estaban feitos de buracos pequenos, que denominou celas pola súa semellanza coas dun panal de abellas. A célula recibiu distintos nomes, ata que, dende comezos do s XIX, se popularizou o nome actual. En 1757 A. von Haller describiu por vez primeira a fibra, e desta idea naceu a dos tecidos, que estudiaría Bichat maxistralmente. Moldenhawer, coa maceración de órganos vexetais, illou as células en 1812 e demostrou que cada unha ten parede propia e...
-
-
Estudio das distintas formas celulares, normais e patolóxicas, dun tecido, dun fluído, etc, que se realiza con finalidade diagnóstica.
-
citoloxía exfoliativa cérvico-vaxinal
Procedemento de diagnose baseado na obtención dunha mostra de células escamadas do colo uterino e da vaxina que, despois dunha tinguidura especial, se observa polo microscopio. Tamén se denomina frottis cérvico-vaxinal, test de Papanicolau ou PAP.
-
-
-
-
Disciplina da xeografía física que ten como obxecto a análise dos climas da Terra, coa determinación das súas variedades e distribución, así como a investigación dos seus efectos bioxeográficos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, edáficos, económicos e humanos. A climatoloxía e a meteoroloxía son dúas disciplinas distintas, aínda que estreitamente vinculadas e inseparables. Nunha primeira aproximación aparecen trazos diferenciadores: os cultivadores da meteoroloxía son físicos e os da climatoloxía, xeógrafos. Existen, así mesmo, diferencias de obxecto, perspectiva e finalidade. O obxecto do meteorólogo é o tempo, mentres que o do xeógrafo é o clima. O meteorólogo acostuma traballar con datos ao día; en cambio, o climatólogo debe manexar series amplas de datos pasados o máis longas posibles. Hai tamén un evidente contraste de perspectiva: a do meteorólogo é prospectiva, posto que pretende a predición do tempo cara a un futuro próximo; en cambio, a visión do climatólogo é retrospectiva, ten que...
-
Estudio do clima en función das esixencias climáticas das plantas de cultivo para coñecer as condicións medias que lles son máis favorables ou desfavorables de cara a completar o seu ciclo vexetativo.
-
Estudio do clima mediante a análise da sucesión e a frecuencia dos diferentes tipos de tempo, a causa que as orixina, a súa evolución e as súas relacións coa dinámica xeral atmosférica.
-
Estudio do clima en función da súa repercusión sobre o organismo humano. Analiza as propiedades saudables ou prexudiciais dos diferentes elementos climáticos para podelos empregar con finalidades terapéuticas e tamén para determinar as condicións climáticas máis favorables á actividade do home.
-
Estudio do conxunto dos elementos climáticos que afectan a unha área extensa nun momento determinado. Indica cada un dos elementos sinalados sobre as cartas sinópticas e precisa os lugares que rexistran os mesmos valores mediante as isoliñas (isóbaras, isotermas, etc), e tamén a presenza doutros meteoros (neve, brétema).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia do libro manuscrito que consiste no estudo arqueolóxico dos códices (tamén dos libros impresos antigos) e das súas compoñentes para refacer a súa historia completa. Ocúpase, entre outros aspectos, da forma externa (rótulo, códice), da materia (papiro, pergamiño, papel) e da preparación (punteado, pautado), da composición dos cadernos (alteracións da orde, folios engadidos ou suprimidos), da escritura, da distribución dos textos (columnas, marxes, glosas, indicacións auxiliares, colofóns), das ilustracións (miniaturas, letras capitais), do sistema de copia ou transcrición do texto (pecia, ditado), da encadernación, do estado de conservación e das restauracións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do número e das características das células de escamadura fisiolóxica da vaxina. Emprégase para a investigación das fases do ciclo ovárico e os seus trastornos.