"Lucí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Revolución Cristera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución neutra de hipoclorito sódico ao 0,50% e de ácido bórico ao 0,40% utilizada para limpar feridas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Cunha enorme axilidade vocal, destacou como prima donna e como intérprete de óperas de Mozart, Jommelli e mais de Gluk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Traballou na Banque de París como asesor de planificación, asuntos sociais e culturais. No ano 1974 ingresou no Parti Socialiste e foi ministro de Economía e Finanzas (1981-1984). Foi deputado do Parlamento europeo (1979-1984) e presidente do Comité económico e monetario das Comunidades Europeas (1979-1981). Tamén presidiu a Comisión Europea (1984-1994), cargo desde o que impulsou a integración europea mediante a aprobación da Acta Única Europea (1986), o Tratado de Maastricht (1992) e a admisión de novos membros. En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias á Cooperación Internacional e en 1995 o Premio Carlos V, en recoñecemento á súa tarefa a prol da unificación europea. Publicou Le nouveau concert européen (O novo concerto europeo, 1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Destacou, sobre todo, na produción teatral con obras como Turneu în provincie (Xira por provincias, 1946), Trei generaţti (Tres xeracións, 1956), Oameni şi jivine (Homes e bestas, 1956) e Arborele genealogic (Árbore xenealóxica, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de deslucir.

    2. Que perdeu brillo ou intensidade.

    3. Que non tivo o éxito ou interese que se agardaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deslucir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer que algo ou alguén perda a súa brillantez ou boa aparencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de devolver.

    2. Reembolso dos cartos pagados de máis na liquidación dun imposto, taxa ou tributo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito entre as monarquías hispánica e francesa (1667-1668) provocado pola reivindicación de Luís XIV dos territorios de Flandres para a súa muller María Teresa, filla de Filipe IV. Polo Tratado dos Pireneos, María Teresa renunciou aos seus dereitos á coroa hispánica, pero o incumprimento dalgunhas normas do dereito flamengo deulle pé a Luís XIV para invadir Flandres e o Franco Condado en 1667. Este feito provocou o receo dalgunhas potencias (Inglaterra, Holanda e Suecia), que se uniron en 1668 na Triple Alianza. Despois destas confrontacións militares chegouse ao Tratado de Aachen (maio de 1668).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de dilucidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de dilucidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Explicar ou esclarecer un asunto ou cuestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de diluír ou diluírse.

      1. Operación mediante a que se aumenta a proporción de disolvente respecto ao soluto nunha disolución.

      2. dilución isotópica

        Procedemento analítico para a determinación cuantitativa de elementos ou compostos presentes nas mesturas complexas, por adición a estas dunha cantidade pesada dun isótopo radioactivo (de actividade específica A 1 ) do elemento que se quere determinar, e medida da actividade final A 2 deste elemento ou dun derivado seu, illado da mestura problema e purificado. O produto illado conterá cantidades do isótopo radioactivo e do inactivo proporcionais ás cantidades iniciais respectivas. Calcúlase polo tanto, a cantidade do elemento problema a partir da razón de actividades A 1 /A 2 sen ter que proceder á súa separación cuantitativa completa. Este método aplícase en bioquímica e na análise de sinais. Emprégase tamén a dilución isotópica inversa para avaliar os rendementos de reaccións nucleares, engadindo pesos coñecidos de materiais inactivos á mestura dos diferentes núclidos radioactivos.

    2. Lei deducida por W. Ostwald en 1888 na que se define que, para solucións suficientemente diluídas, os coeficientes de actividade do electrólito e dos ións son aproximadamente a unidade e, polo tanto, a constante de disociación (Kα) é aproximadamente α 2 C/(1-α) (sendo α o grao de disociación, e C a concentración total do electrólito).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de disolver ou disolverse.

      1. Proceso polo que unha substancia, o soluto, se dispersa noutra substancia, o disolvente, e orixina un sistema homoxéneo en canto á súa composición molecular. Ten lugar, ben por reacción química co disolvente de xeito que se forma unha nova substancia, ben por reacción química co disolvente en que se forma un solvatado, ou ben por dispersión simple. O primeiro caso dáse cando o disolvente interacciona co soluto rompendo algúns enlaces e formando novas substancias, como na disolución dos metais en ácidos, formando sales. O segundo caso implica tamén reacción, a de solvatación denominada, nas solucións acuosas, hidratación, que dá solvatados constituídos por moléculas ou ións dos solutos rodeados dun certo número de moléculas de disolvente. O terceiro caso preséntase cando non hai interaccións químicas entre soluto e disolvente, senón que o proceso se explica pola tendencia dos sistemas físicos cara aos estados de máxima desorde ou máxima entropía.

      2. calor de disolución

        Enerxía que se libera cando un mol dunha substancia se disolve totalmente nun determinado volume de disolvente.

    2. solución.

      1. Acto xurídico que abre o proceso de liquidación dunha sociedade, que non coincide co momento de extinción da sociedade, e que se produce trala distribución do haber social e a cancelación das contas.

      2. disolución matrimonial

        Ruptura, por calquera das causas legais, do vínculo matrimonial validamente celebrado.

    3. Relaxación moral ou dos costumes.

    4. Procedemento, efectuado baixo a forma de decreto, mediante o que o poder executivo acurta o período de mandato lexislativo do Parlamento e fixa a data de novas eleccións. A Constitución española prevé dous tipos de disolucións, a automática e a discrecional. A disolución automática das cámaras pódese producir ao transcorrer catro anos da formación das cámaras, cando o Congreso de los Diputados non outorgara a investidura a ningún candidato á presidencia do Goberno no prazo de dous meses trala celebración das eleccións e cando se acepte polas cámaras unha proposta de revisión total da Constitución ou parcial nos preceptos que a propia constitución define. A disolución discrecional das cámaras é unha potestade do presidente do Goberno, con deliberación do Consello de Ministros. Non procede disolver as cámaras no suposto de que estea en trámite unha moción de censura e no termo dun ano dende a anterior disolución. O Congreso de los Diputados, ademais, non se pode disolver durante a vixencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como George Sand, educouse baixo a tutela da súa avoa en Nohant e ingresou nun convento en París (1817-1820). En 1822 casou co barón Duvenant. En 1831 separouse e trasladouse a París. Posteriormente, volveu a Nohant e logo pasou uns anos xunto a F. Chopin na cartuxa de Valldemosa en Mallorca. En colaboración con Jules Sandeau publicou a súa primeira novela titulada Rose et Blanche (1831), baixo o pseudónimo común de Jules Sand, e fundou a revista Revue indépendante (1841), xunto con Pierre Leroux. Escribiu pezas de teatro, como Claudie (1851) ou Molière (1851), e tivo unha grande actividade como novelista con obras, como Valentine (1832), Indiana (1932), Lélia (1833), Mauprat (1837), Un hiver à Majorque (1841), Le meunier d’Angibault (O muiñeiro de Angibault, 1845), La mare au diable (O pantano do demo, 1846), François le Champi (1848), Histoire...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de elucidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Explicar ou pór en claro algún asunto ou cuestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro que esclarece cousas escuras ou difíciles de entender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso inverso ao de adsorción que consiste na separación, mediante un fluído, dunha substancia retida nunha fase estacionaria. Esta técnica utilízase na cromatografía de columna.

    VER O DETALLE DO TERMO