dilución
(< lat dilutĭōne)
-
s
f
Acción de diluír ou diluírse.
-
[QUÍM]
-
s
f
Operación mediante a que se aumenta a proporción de disolvente respecto ao soluto nunha disolución.
-
dilución isotópica
Procedemento analítico para a determinación cuantitativa de elementos ou compostos presentes nas mesturas complexas, por adición a estas dunha cantidade pesada dun isótopo radioactivo (de actividade específica A 1 ) do elemento que se quere determinar, e medida da actividade final A 2 deste elemento ou dun derivado seu, illado da mestura problema e purificado. O produto illado conterá cantidades do isótopo radioactivo e do inactivo proporcionais ás cantidades iniciais respectivas. Calcúlase polo tanto, a cantidade do elemento problema a partir da razón de actividades A 1 /A 2 sen ter que proceder á súa separación cuantitativa completa. Este método aplícase en bioquímica e na análise de sinais. Emprégase tamén a dilución isotópica inversa para avaliar os rendementos de reaccións nucleares, engadindo pesos coñecidos de materiais inactivos á mestura dos diferentes núclidos radioactivos.
-
s
f
-
lei de dilución
[QUÍM/FÍS]
Lei deducida por W. Ostwald en 1888 na que se define que, para solucións suficientemente diluídas, os coeficientes de actividade do electrólito e dos ións son aproximadamente a unidade e, polo tanto, a constante de disociación (Kα) é aproximadamente α 2 C/(1-α) (sendo α o grao de disociación, e C a concentración total do electrólito).