"Mario" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • PERSOEIRO

    Filósofo, xurista e patriota. Loitou pola República Partenopea e formou parte do seu goberno provisorio. Publicou un ensaio de lexislación romana, Nomotesia (1767), pero a súa obra máis importante é Saggi politici dei principi, progressi e decadenza della società (1785), tratado orgánico de filosofía histórica con concepción cíclica do mundo primitivo e con influencias da escola escocesa e dos ilustrados franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor grego. Naturalizado francés, era de tendencia non figurativa e representou signos en movemento. Tamén fixo decorados de ballets (Erik XIV, de Strindberg) e ilustracións para libros, como Le Mur, de Sartre, e Le bestiaire, de Guillaume Apollinaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que vai primeiro no tempo ou nunha escala que comeza polo grao inferior.

      2. eleccións primarias

        Consulta electoral dos afiliados dun partido político para designar os candidatos nos cargos públicos e os delegados nas convencións. En EE UU forma parte do seu sistema institucional.

      1. Que é básico ou fundamental.

      2. Que é rudo, primitivo ou pouco civilizado.

      3. Que predominan os instintos básicos e os impulsos sobre a reflexión, especialmente referido ao carácter.

    1. Aplícase aos planetas propiamente ditos, por oposición aos planetas secundarios ou satélites.

    2. Aplícase ao circuíto dun transformador que recibe a potencia activa.

    3. Relativo ou pertencente ao Primario ou Paleozoico.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Xornalista de profesión, as súas novelas versan sobre o mundo dos inmigrantes italianos en EE UU. Escribiu, entre outras,    The Fortunate Pilgrim (La Mamma, 1964) e conseguiu unha notable popularidade a partir da adaptación ao cine da súa novela The Godfather (1969), dirixida por Francis F. Coppola en 1972, e que se desenvolveu en dúas partes máis (1974 e 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Considerado como poeta oficial da súa cidade, polemizou con Carducci (1881). A súa obra está recollida en Poemi, liriche e traduzioni (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. En 1948 emigrou a Arxentina onde madurou a súa vocación artística e contactou con Laxeiro, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo e E. Blanco-Amor. En 1967 trasladouse a Londres para traballar no sector da hostalaría. En 1977 celebrou a súa primeira mostra. Participou en diferentes exposicións en Galicia e Portugal e a súa obra atópase en museos de Galicia, España, México, Venezuela, Arxentina, Inglaterra, Francia, Alemania e Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fundou con F. Pessoa a revista Orpheu, divulgadora dos movementos de vangarda. En 1914 publica os poemas de Disperção, que, con Indícios de Oiro, integran as Poesías Completas (1946). Escribiu tamén a novela Confissão de Lucio (1914), os contos Céu em Fogo (1915), a peza teatral Amizade (1912) e dous volumes de correspondencia con F. Pessoa (1958 -1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico, de número atómico 62 e peso atómico de 150,35, descuberto por Lecoaq de Boisbaudran en 1879. Pertence ao grupo IIIB da táboa periódica e é un dos metais da serie dos lantánidos. Está presente na natureza, xunto con outros lantánidos, na monazita, da que constitúe un 3% do peso, e a súa separación efectúase mediante técnicas de intercambio iónico e extracción con disolventes. O samario natural é unha mestura de 7 núclidos, tres dos cales

    2. Composto que se utiliza na fabricación de vidros especiais e como absorbente de neutróns en reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Cofundador do Partito Popolare Italiano (1919) e do Partito Democrazia Cristiana, foi primeiro ministro e ministro do interior (1954-1955), ademais de deputado (1958-1979) e presidente (1969-1971) do Parlamento Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundador da Acción Socialista Portuguesa (1968), foi elixido deputado en 1969. Exiliado en Francia desde 1970 e vinculado á Segunda Internacional Socialista, fundou o PSP (1972), do cal foi secretario xeral. Volveu a Lisboa en abril de 1974 e foi ministro de Asuntos Exteriores aos primeiros gobernos provisionais despois da revolución. Primeiro ministro (1976-1978, 1983-1985), abandonou a dirección do goberno e a secretaría xeral do PSP para aspirar á presidencia da república, que obtivo en 1986 e renovou en 1991. En 1996, esgotado o termo legal de dous mandatos, abandonou o cargo. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador cinematográfico italiano. Cultivou a narración breve e a novela, e da súa obra destacan America, primo amore (1935) e L’incendio (1981). Dirixiu os filmes Picolo mondo antico (1941), La Donna del fiume (1955) e Policarpo, ufficiale di scrittura (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é breve e sucinto.

    2. Aplícase aos xuízos ou procesos civís en que se prescinde dalgunhas formalidades e son tramitados máis rapidamente.

    3. Conxunto de actuacións practicadas polo xuíz de instrución, nas causas por delitos graves, tendentes a esclarecer os feitos e determinar as persoas que son responsables deles.

    4. Resumo de algo que se desenvolve a continuación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable editado en Ourense ou en Salamanca por Juan Gherlinc en 1503. Os continuos movementos deste impresor itinerante, que tivo obradoiros en Monterrei, Braga, Salamanca e Ourense, fan moi difícil establecer o lugar exacto de edición desta obra elaborada en folla voante a catro columnas e con tipos góticos. Consérvanse tres exemplares no Arquivo Capitular de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de temas en que se divide un curso, un exame, un discurso ou unha materia de estudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista peruano. Deuse a coñecer co libro de contos Los Jefes (1958, Premio Leopoldo Arias), e destacou na novela, traducida a moitas linguas, coa que reflicte diversos aspectos da sociedade peruana, como en La ciudad y los perros (1962, Premio de la Crítica Española), La casa verde (1965, Premio Nacional de Literatura de Perú, Premio de la Crítica Española e Premio Internacional Rómulo Gallegos 1967), Conversación en la catedral (1969), Pantaleón y las visitadoras (1973), La tía Julia y el escribidor (1977), La guerra del fin del mundo (1981), Quién mató a Palomino Molero? (1986), Elogio de la madrastra (1988), Lituma en los Andes (1993, Premio Planeta) e La fiesta del chivo (2000). Realizou tamén crítica literaria e publicou obras de teatro e ensaios, como Gabriel García Márquez: historia de un deicidio (1971) e a autobiografía El pez en el agua (1992). Foi candidato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e poeta. Foi un dos fundadores do Grupo Surrealista de Lisboa (1947). A súa obra caracterízase polo emprego das técnicas de automatismo psíquico, así como pola utilización da colaxe ou mesmo de obxectos tridimensionais nos seus lenzos. Destacan os Poemas-Obxectos. A súa poesía caracterízase pola aproximación humorística e ácida á realidade cotiá. Publicou Pena capital (1957) e Planisfério e outros poemas (1961). Tamén cultivou o ensaio en obras como Antologia surrealista do cadáver esquisito (1961) e Primavera Autónoma das Estradas (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Licenciado en Teoloxía Sistémica, estudou cinematografía e radiodifusión en Madrid. Foi director do Instituto Teolóxico Lucense e do Secretariado Diocesano de Medios de Comunicación Social, secretario do bispo de Lugo e responsable do Centro de Teoloxía para Segrares (1986-1990). Colaborou en varios xonais e dirixiu diversos programas relixiosos en RNE e COPE, e foi responsable de programación relixiosa en Radio Popular en Lugo. Membro do Instituto Enmanuel Mounier, publicou La solidaridad de Dios ante el sufrimiento humano: en la teología española contemporánea (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro mes do calendario republicano francés, que corresponde ao intervalo do 22 de setembro ao 21 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que asistía ao sacerdote nos sacrificios pagáns.

    VER O DETALLE DO TERMO