"Marque" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 117.

    1. Título ou diginidade dun marqués.

    2. Circunscrición sometida á xurisdición dun marqués.

    3. Territorio e dignidade que se correspondía co margraviato, no Sacro Imperio Romano-xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illas da Polinesia Francesa, no Océano Pacífico (1.274 km2; 8.064 h [1996]). Está formada por doce illas volcánicas, con altitudes que superan os 1.000 m. As máis importantes son Nuku-Hiva e Hilva-Oa. Destaca o traballo da madeira, seguido do cultivo de árbores froiteiras, cocos e tabaco. En 1791 o militar francés J. B. Marchand tomou posesión do territorio en nome do seu país e en 1842 proclamárono protectorado francés. Desde 1958 forman parte da Polinesia Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Bóveda. Ten planta rectangular e construíuse cara a 1772, con marcada influencia italianizante. Conserva catro escudos na fachada e solaina sobre arcos de medio punto e cuberta. Destaca o arquivo que garda a evolución da historia da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta de tea que se apoia sobre unha tenda de campaña para gardala da choiva ou do sol.

    2. Cuberta lixeira, xeralmente de vidro e ferro, madeira ou formigón, colocada na fachada dun edificio, nas paradas de transporte público, nunha porta, escalinata ou plataforma, destinada a resgardar da choiva ou do sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Formouse en París (1890), na École des Arts Décoratifs e no taller de Gustave Moreau (1897), onde contactou cos futuros fauves. Foi un dos principais paisaxistas franceses e pintou sobre todo o río Sena. Destaca o seu Portrait d’André Rouveyre (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Decoración plana nos mobles, que consiste na incrustación na madeira de pezas metálicas ou doutras madeiras que forman debuxos. Nos ss XVI e XVII, os motivos eran composicións pitóricas feitas con combinacións de madeiras ou materiais de cores e vetas diversas. Na época isabelina alternábanse metais e madeiras.

    2. Obra feita segundo esta arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido galego que tivo a súa orixe en Luaces, Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e militar. Foi administrador das Rendas Reais e comisario de Guerra durante a Guerra da Independencia (1808-1814), momento no que creou a Xunta de Lobeira. Participou no asedio de Tui (1809) e na toma de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Coñecido polo pseudónimo de Milo de Lug, inicialmente dedicouse ao ensino, labor que abandonou pola avogacía. Colaborador de El Progreso, escribiu diversos artigos sobre asuntos legais e relativos a Galicia. Publicou O campaneiro das Mariñas e outras narracións (1987) e, en colaboración con Carlos de Blas, o ensaio A galeguidade no mundo (1991). Recibiu o Premio Internacional Vieira de Humor (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Interventor da Aduana de Vigo e xefe do negociado de Facenda. Realizou análises estatísticas das balanzas comerciais dos países que consideraba esenciais para a economía española. Escribiu Ligeros apuntes sobre el impuesto de Aduanas (1875), Estudios acerca de las relaciones mercantiles entre España y Portugal (1880), Nuestras relaciones comerciales aduaneras con el Imperio de Marruecos (1883), Nuestras relaciones comerciales con las Islas de Cuba, Puerto Rico y Filipinas (1893) e El progreso comercial de Vigo (1893). Recibiu a orde de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Remeiro. Nomeado dúas veces mellor deportista provincial e finalista no premio ao mellor deportista galego, foi sete veces campión de España en diferentes modalidades. Logrou o sexto lugar no campionato do mundo (1983) e foi unha vez campión de Europa (1988). Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán do exército en Galicia, foi fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de 1846.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido polo Rei Amadeo I de España a Xenaro Méndez Núñez Guadarrama e Fernández, oficial de infantaría, o 23 de agosto de 1872, na procura de honrar a memoria do seu irmán Casto Méndez Núñez. Trae por armas un escudo cuarteado en cruz: o primeiro, cuarteado á súa vez: 1) de prata, cruz flordelisada de goles de prata; 2) de ouro, árbore de sinople; 3) de ouro, tres bandas de goles; 4) de prata, cinco cruces de sable en aspa con bordo de goles e oito aspas de ouro; o segundo, de goles, banda de prata con león de ouro e tau de azul; o terceiro, de ouro, tres follas de vide de sinople, con bordo de azul con catro aspas de ouro e catro podadeiras de prata de forma alterna; cuarto cuartel, de azul, cinco lises de ouro postas en aspa, con bordo de goles con oito aspas de ouro; no timbre, a coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Álvarez Méndez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Pando Fernández de Pineda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido en 1889 polo Rei Afonso XIII a Manuel de Misa Bertemati, deputado por Cádiz e primeiro conde de Baiona (1875). Trae por armas un escudo cuartelado en cruz: primeiro cuartel, en campo de goles, unha faixa de azul, perfilada de ouro; segundo cuartel, de prata, cun león de goles; terceiro cuartel, de ouro, cun león de goles; e cuarto cuartel, de azul, cunha faixa de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Françoise Athénaïs de Rochechouart de Mortemart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • James Graham.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad de Madrid, especializouse en obras didácticas e literarias, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. No apartado pedagóxico destaca a escolma poética Os novísimos da poesía galega (1973), o libro de texto Literatura galega século XX (1981), en colaboración con X. Rábade Paredes; e os cadernos didácticos As linguas de España (1991) e Verso e prosa (1991). No eido da tradución, ademais das versións que outros autores realizaron das súas obras, publicou El perro Rin y el lobo Crispín (1986), de Carlos Casares; Mecanoscrito da segunda orixe (1989), de Manuel de Pedrolo; Os ollos do dragón (1989), de Mª Angels   Gordella; e As mazás da prosperidade (1991), de Hans C. Andersen. No apartado creativo, ademais de participar no volume colectivo Lerias (1991), destacan Alcores de Donalvar (1969), Mar adiante (Historia de nenos pra nenos) (1973), Contos pra nenos (1979), Leonardo e os fontaneiros (1986, Premio Barco de Vapor),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado ao pé da serra de Malagón, delimitado ao L por Madrid (4.381 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e diversas industrias alimentarias, serradoiros e de elaboración de resinas. É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO