"Mie" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 190.
-
GALICIA
Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrado. Aos catro meses do seu nacemento, a súa familia trasladouse a Pontevedra e alí residiu ata os quince anos. Dos seus primeiros estudios e formación non se sabe nada con certeza; pode ser que entre 1705 e 1709 seguise o ciclo de humanidades no colexio pontevedrés dos xesuítas, como formación previa para acceder aos estudios universitarios que estes ofrecían. En 1710 ingresou no mosteiro bieito de San Martín de Madrid, onde profesou o 24 de maio de 1711 e, en outubro dese mesmo ano, trasladouse ao mosteiro-universidade de Irache (Navarra) para realizar os estudios universitarios de Artes ou Filosofía. En 1714 regresou ao mosteiro de San Martín e entregouse por completo ao estudio, á escritura e á copia de moitos pregos da súa biblioteca. En outubro marchou ao mosteiro de San Vicente en Salamanca para iniciar os estudios de teoloxía na Universidad de Salamanca, no rexistro da cal xa consta como Martín Sarmiento. Á fin deste ano foi enviado ao mosteiro de Eslonza (León) como profesor...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor nicaraguano. Coñecido polo pseudónimo Rubén Darío, exerceu o xornalismo e a carreira diplomática. Colaborador en distintos xornais, foi correspondente de La Nación en España. En París estivo en contacto con parnasianos e simbolistas. Inspirador e pontífice da revolución modernista, a súa obra caracterízase pola riqueza verbal, a musicalidade, o predominio das imaxes exóticas, o enriquecemento da métrica, e pola calidade e cantidade das súas invencións formais. Autor de poemas e obras en prosa, da súa obra destaca Azul (1888), Prosas profanas (1896), Los raros (1896), Peregrinaciones (1901), Tierras solares (1904), Cantos de vida y esperanza (1905), Canto errante (1907), Poema de otoño (1910) e Canto a la Argentina (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Firmin Tonnerre.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, que forma parte da aglomeración do Gran Bos Aires (646.891 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade premostratense e bispo de Amiens. Na iconografía leva vestiduras episcopais e, como atributo, un can. A súa festividade celébrase o 8 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi un dos creadores do estilo Cisneros. Corrixidor de Alcalá de Henares, construíu a igrexa maxistral e a capela da universidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia na medula espiñal, que se produce pola rotura dunha arteria ou dunha vea espiñal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subgrupo de operacións de simetría que enxendra formas cristalinas coa metade das caras das formas holoédricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á forma cristalina enxendrada por unha hemiedria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma cristalina hemiédrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á planta que xermina e crece epifiticamente nunha árbore, ata que as súas raíces chegan á terra e se transforma totalmente en liana ou árbore.
-
-
Relativo ou pertencente á hemiesferoide.
-
Que ten forma de hemiesferoide.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas partes nas que se divide un esferoide por parte dun plano que pasa polo seu centro.
-
PERSOEIRO
Bispo de Amiens. Segundo unha lenda do s XI, traballaba nunha panadería e un día a pa coa que quitaba o pan do forno floreceu. Por esta razón é patrón dos panadeiros, pero tamén é avogoso de floristas e muiñeiros. Na iconografía leva vestiduras episcopais, con casula ancha ou capa, mitra sobre a cabeza; e, como atributos, a palma do martirio e, ás veces, a pa dos panadeiros con pans. A súa festividade celébrase o 16 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural constituída formalmente en 1944, aínda que se acordou a súa creación en 1943, en Santiago de Compostela. Adscrito ao Centro Superior de Investigaciones Científicas, naceu baixo o Franquismo en substitución do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) e recolleu parte dos seus fondos, espoliados e depositados na Universidade de Santiago de Compostela. Desde a súa fundación acolleuse á patrocinio e maxisterio de frei Martín Sarmiento. Tivo a súa primeira sede na rúa Nova e en 1946 trasladouse á antiga librería do Colexio Fonseca para, posteriormente, instalarse no Hospital de San Roque. O seu primeiro director foi Francisco Javier Sánchez Cantón e desde 1994 diríxeo Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. No momento da súa creación estaba constituído en dez seccións: Xeografía, Prehistoria, Historia, Arqueoloxía, Arte, Filoloxía, Literatura, Etnografía e Folclore, Estudios compostelanos e Peregrinacións, e Bibliografía e Publicacións. Despois de diversas modificacións organízase...
-
CIDADES
Cidade da rexión de Katanga, República Democrática do Congo (101.309 h [1994]). Situada na costa occidental do Tangañika, é un porto destacado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Varsovia 1896 - 1980) Matemático polaco. Obtivo importantes resultados na teoría xeral dos conxuntos e en topoloxía.
-
-
lucerna.
-
Peza horizontal de pedra ou madeira que limita a parte superior do oco dunha porta ou dunha fiestra.
-
lumeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada na Coruña a partir de xaneiro de 1986. Baixo o subtítulo “Revista galega de pastoral”, tivo como director a Andrés García Vilariño, e estaba dirixida a sacerdotes e pastores. Publicouse cunha periodicidade cuadrimestral e incluíu estudios teolóxicos e informes sobre movementos cristiáns galegos.