"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • GALICIA

    Compositor e director. Iniciou os estudios musicais no Conservatorio Superior da Coruña; posteriormente trasladouse a Madrid onde realizou Composición e Dirección de Orquestra. Director da Escola Municipal de Música de Chantada (1990-1991), dirixiu a súa Banda Municipal, a Orquestra de Cámara e a Orquestra de vento do Conservatorio de Ourense (1992-1998) e dende 1999 a Orquestra Municipal de Aguiño. Dende 1992 exerceu como profesor de Harmonía e Análise Musical no Conservatorio de Ourense. Colaborou na elaboración de libros didácticos de práctica instrumental aplicada á linguaxe musical como Entonación y Práctica Instrumental, 1995). Entre as súas composicións destacan: Comenzo (suite orquestral) e Fuxidio (para grupo de metais).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi xefe da policía de Montevideo (1931), vicepresidente (1934) e ministro de Defensa (1935). Elixido Presidente da República (1938-1943) proxectou a revisión da Constitución de 1934 e apoiou ás potencias aliadas na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor pertencente ao chamado nacionalismo musical galego. Digno representante da música romántica galega, é coñecido fundamentalmente polas súas pezas para canto e piano inspiradas en textos de poetas galegos. Foi director de orfeóns (El Eco e El Brigantino) e de diferentes orquestras coruñesas. En 1941 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega. Colaborou en traballos folclóricos como a recollida de temas populares galegos para os Cantos y bailes populares de España, de José Inzenga, e para o Cancionero musical popular español, de Felipe Pedrell. Foi autor da ópera inédita A Virxe do Cristal (baseada na lenda de Curros), da zarzuela Santos e Meigas (con libreto de Manuel Linares Rivas) e de obras instrumentais e, de preto de 40 cancións estilo lied (aínda que interpretadas tamén en versión coral). Así mesmo, as composicións que obtiveron máis sona foron Cómo foi?, con texto de Curros Enríquez, Maio longo, con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de Guísamo (Bergondo). Foi fundado polo rexedor perpetuo de Santiago Diego de Ribera Taibo sobre unha casa preexistente da súa propiedade, a construción inicial correu de man do arquitecto Benito de Monteagudo (1702). De planta cadrada, foi reformado posteriormente pois a fachada actual é de estilo neoclásico, presentando dous arcos a regra de cantería e ventás con balcón no primeiro andar. No lado leste existe unha pequena capela coa súa espadana barroca. No escudo da fachada vense as armas dos Ribera, Soutomaior, de la Torre, Caamaño, Leis, Taibo e Ponte. Incendiado hai uns anos, hoxe en día atópase en estado ruinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Everet Le Roi Jones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico ucraíno. É autor de traballos básicos sobre a estrutura das capas corticais do cerebro. No ano 1874 describiu un tipo de células piramidais coñecidas como células de Bec.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo ruso. Foi un dos membros máis importantes, xuntamente con Pavlov, da escola de reflexoloxía rusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Asturias, drenado polo Pigüeña, afluente do Narcea (2.456 h [1996]). Situado nun terreo moi accidentado, a economía é basicamente gandeira, cunha actividade centrada no bovino de orientación láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Participou como soldado na campaña de Polonia. Despois de abandonar o exército, dedicouse á literatura. Colaborou en Os Anais da patria. Tivo un grande éxito coa súa obra Stikhotvorenija (Poesías, 1835), de estilo sinxelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Ortoño que constitúe o núcleo urbano capital do concello de Ames. A súa situación, na estrada de Santiago de Compostela a Noia (comarcal C-543), converteuno en capital municipal entre 1900 e 1920. En 1960 recuperou esa condición. Debido á súa proximidade á cidade compostelá (a menos de 10 km), designada capital da Comunidade Autónoma de Galicia en 1981, Bertamiráns experimentou un proceso de expansión urbanística especialmente intenso dende principios da década dos noventa. Este proceso viuse favorecido pola tendencia xeral á localización residencial nas periferias, propiciada neste caso concreto pola carestía do solo en Santiago de Compostela. Deste xeito, promovéronse en Bertamiráns multitude de urbanizacións de vivendas unifamiliares e apartamentos, primeiro á beira da estrada, para posteriormente irse espallando cara a localizacións máis interiores, pero sempre mantendo unha accesibilidade óptima á estrada C-543. Paralelamente ao desenvolvemento da edificación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio en lingua persa, moi destacado na súa época. Dedicouse ao mundo das letras, rexeitando as ofertas de numerosos príncipes. É autor de varios manawī místicos e dun diván.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Foi discípulo de Teócrito e consérvase da súa autoría o poema Lamentación por Adonis e o Epitalamio de Aquiles e Deidamis. Morreu envelenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor simbolista. Autor das seguintes novelas: Le crépuscule des dieux (O crepúsculo dos deuses, 1884), Les oiseaux s’envolent et les fleurs tombent (Os paxaros voan e as flores caen, 1893), e do poema “La nef” (A nave, 1904 e 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor e libreiro. Establecido en Barcelona, durante a invasión napoleónica editou a Gaceta Militar y Política del Principado de Cataluña. En 1814 concedéuselle a edición do Diario de Barcelona. En Palma de Mallorca publicou o Diario Mercantil de Palma. Introduciu industrialmente a litografía no estado español (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura neolítica da metade do segundo milenio, afín ás culturas danubianas, caracterizada por grandes poboados dispostos xunto aos ríos que se estendeu por Bosnia-Herzegovina. Atopáronse numerosas figuras de animais e humanos en terracota que pertencen a esta cultura, coñecida tamén pola súa cerámica de bandas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra e escritora. Estudiou na Escola Normal de Maxisterio de Santiago de Compostela. Fundou en 1950 a agrupación infantil Caraveliños, para a que escribiu tres sainetes incluídos en Contos que van pra feira (1962) e outras dúas pezas dramáticas que apareceron publicadas en Churruscadas (1979). En Contos pra nenos (1975) editou, xunto a textos narrativos e poéticos, dúas novas pezas: Sono de Nadal e A fermosa durminte, esta última, adaptación do coñecido conto de Perrault.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Brasil, no estado de Espírito Santo, ao N de Rio de Janeiro (125.800 h [1980]). Atravesada polo río Novo do Sul. A súa economía baséase na gandería e na agricultura (café, cana de azucre, millo e tabaco).

    VER O DETALLE DO TERMO