"Mut" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 118.

  • Expresión latina que significa ‘cos cambios necesarios’, ‘coas correccións necesarias’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de mutacións pola acción de axentes mutáxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se produce por unha mutación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao axente físico ou químico capaz de aumentar a taxa de mutación dun organismo, como as radiacións ionizantes e ultravioletas, certas substancias químicas (gas mostaza, certos peróxidos, epóxidos e carbamatos) e certos virus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á escola mutazilita.

    2. Membro da escola teolóxica do Islam xurdida no s VIII arredor de Wāṣil ibn ‘Aṭā’ e ‘Amr ibn ‘Ubayd en Basora. A súa doutrina, cualificada tradicionalmente de racionalista, intentou harmonizar a revelación coa razón, influída pola corrente filosófica helenística. Desapareceu no s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Formouse en Berlín e estudou en Londres a arquitectura e a decoración inglesas do momento. Cando volveu a Alemaña foi un dos participantes da Deutcher Werkbund e representou, dentro do grupo, o denominado funcionalismo integral, defensor da estandarización na arquitectura. Da súa obra destaca Die Englishe Baukunst der Gegenwart (A arquitectura inglesa actual, 1901) e Das Englische Haus (A casa inglesa, 1904-1908)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesca Romana Rivelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Di-rector de orquestra italiano. Formado no Conservatorio de San Pietro de Majella e no de Milán, en 1973 foi elixido director da Philharmonia Orchestra de Londres. De 1980 a 1992 foi o principal director da Philadelphia Orchestra, e desde 1986 ocupouse tamén da dirección musical do Teatro alla Scala de Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘solteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten mucrón ou aresta terminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mutilar ou mutilarse.

    2. Delito que consiste no corte ou inutilización dunha parte do corpo dunha persoa. É gravemente castigado por todas as lexislacións salvo cando se trata de transplantes de órganos practicados segundo a lexislación vixente ou de esterilizacións e cirurxía transexual co consentimento do interesado. Foi penado especialmente cando se recorría a ela para evitar o servizo militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de mutilar.

    2. Que ou quen carece dalgún membro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar un membro ou unha parte importante do corpo sen posibilidade de rexeneración.

    2. Cortar ou censurar unha parte importante de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mutílidos.

    2. Insecto da familia dos mutílidos.

    3. Familia de insectos da orde dos himenópteros que alcanzan entre 7 e 20 mm e teñen a cabeza grosa (as femias sen ocelos), o tórax máis ou menos cúbico, sen suturas, e o abdome cónico, moi peludo e cunha serie de debuxos. O seu desenvolvemento larvario realízase nos niños doutros himenópteros, sobre todo de ápidos solitarios, dos que son parasitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘fillo’ ou ‘rapaz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das faláceas ao que pertence o carallete.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anotación nun texto dramático que indica que un ou varios actores deben retirarse da escena.

    2. Acción de retirarse un actor da escena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e polígrafo. En 1761 foi a Santa Fe como médico do vicerrei. Dirixiu a famosa Expedición Botánica, base da monumental Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Influído pola obra de Pablo Neruda, Octavio Paz e Walt Whitman, e relacionado co movemento poético da revista Mito, o seu estilo caracterizouse polo uso dun discurso cheo de imaxes propias doutro mundo, moi suxestivas. Iniciou a súa produción coa escolma poética La balanza (1947), á que seguiron Los elementos del desastre (1953), en que aparece o seu célebre personaxe Maqroll el Gaviero. Posteriormente escribiu Los trabajos perdidos (1960) e Summa de Maqroll el Gaviero (1973), onde se recollen todos os seus poemas entre 1948 e 1970. É tamén autor de diversas obras en prosa, como Diario de Lecumberri (1960), Caravansary (1982), La nieve del almirante (1986, Premio Médicis) e Tríptico de mar y tierra (1993). Galardoado coa Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, recibiu o Premio Nacional de Poesía de Colombia (1983), o Premio Príncipe de Asturias (1997), o Premio Neustadt (2001) e o Premio Cervantes (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude adoptada, por motivos éticos ou por causas patolóxicas, que consiste en non falar nin responder a ningunha pregunta.

    2. Feito ou actitude de estar calado, xa sexa de modo voluntario ou imposto.

    VER O DETALLE DO TERMO