Mutis Jaramillo, Álvaro

Mutis Jaramillo, Álvaro

Escritor. Influído pola obra de Pablo Neruda, Octavio Paz e Walt Whitman, e relacionado co movemento poético da revista Mito, o seu estilo caracterizouse polo uso dun discurso cheo de imaxes propias doutro mundo, moi suxestivas. Iniciou a súa produción coa escolma poética La balanza (1947), á que seguiron Los elementos del desastre (1953), en que aparece o seu célebre personaxe Maqroll el Gaviero. Posteriormente escribiu Los trabajos perdidos (1960) e Summa de Maqroll el Gaviero (1973), onde se recollen todos os seus poemas entre 1948 e 1970. É tamén autor de diversas obras en prosa, como Diario de Lecumberri (1960), Caravansary (1982), La nieve del almirante (1986, Premio Médicis) e Tríptico de mar y tierra (1993). Galardoado coa Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, recibiu o Premio Nacional de Poesía de Colombia (1983), o Premio Príncipe de Asturias (1997), o Premio Neustadt (2001) e o Premio Cervantes (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bogotá