"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • Curmán e discípulo preferido do Buda, a quen seguiu durante vinte e cinco anos. No primeiro concilio que tivo lugar á morte de Buda (483 a C ?), fixou o texto do Sutta Pitaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tailandia (1935-1946). Sucedeu ao seu tío Prajadhipok (Rama VII de Siam). Gobernou baixo un consello de rexencia e morreu asasinado como consecuencia dun Golpe de Estado. Sucedeulle o seu irmán, Bhumipol Adulyadet, en 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da planta ou flor desprovista de estames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de maceira que produce as ananas, froito temperán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote xudeu durante os anos 47-59. En Xerusalén opúxose ao apostolo Paulo. Foi asasinado polos zelotas pola súa amizade cos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristián da comunidade de Damasco que, segundo os Feitos dos Apóstolos, visitou Paulo cando aquel xa perdera a vista e que logo recuperou milagrosamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da primitiva comunidade de Xerusalén, morreu, xunto coa súa dona Safira, despois de que Pedro lle recriminase ter defraudado a comunidade coa venda dun campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de escritura críptica que consiste nunha lectura das palabras de atrás a diante para dar lugar a un antropónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica da Idade de Ferro (ss VIII-VII a C) do L de Europa, establecida nas bacías dos ríos Kama, Vatka e Belaja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno do crecemento, debido a causas xenéticas ou ambientais, na que un individuo acada un talle inferior aos límites considerados normais para a súa especie. Na especie humana débese a unha insuficiente secreción da hormona do crecemento durante a infancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos quince satélites de Xúpiter. Ten un radio aproximado de 10 km e unha orbita, a unha distancia media de 21 millóns de quilómetros do planeta, que describe un movemento retrógado. Descubriuno S. B. Nicholson en 1914.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que é máis pequeno en comparación cos demais da súa especie.

    2. Que está afectado de ananismo.

    3. Especie temperá de mazá.

    4. Ser mítico que, segundo a crenza popular, habita nas forxas dos ferreiros, a carón do fogón; caracterízase pola súa bondade e agarimo cara aos nenos, aos que cura de moitas doenzas. Pode adoptar diferentes formas como as de bolboreta, paxaro ou verme, pero é máis coñecida a súa figura de homiño pequeno, con barba moi branca e longa, que se agocha en profundas covas e fragas moi mestas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradēsh, India, ao N de Bangalore (174.792 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ano’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprovisto de flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anacoluto no que se suprime un dos termos correlativos do período.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Descendente por liña paterna de Alonso de Lanzós, foi un dos protagonistas das Revoltas Irmandiñas. Licenciado canonista no Colegio de San Bartolomé de Salamanca, obtivo a cátedra de Decretais neste mesmo centro. Foi oidor da Real Audiencia de Sevilla, fiscal da suprema Inquisición de España e conselleiro do Tribunal. Ao tempo que ocupaba o cargo de Vicerrei, foi nomeado Arcebispo de Palermo e de Jaén. Neste último lugar fixo proclamar o culto a San Pedro Pascual por bula do Papa Clemente X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político galego da familia dos Andrade. Foille outorgado o título de conde de Andrade en 1480 polos Reis Católicos e tras vencer aos franceses en Seminara en 1503, gañoulles 13 bandeiras e incorporou o seu emblema ao escudo dos Andrade. Destacou na campaña de Nápoles como Lugartenente do Gran Capitán. Defendeu nas Cortes de Castela convocadas por Carlos I en 1520 a concesión do Voto en Cortes para Galicia que fora suprimido en 1476, ao quedar supeditado ao voto de Zamora. Como consecuencia, parece ser que o Rei o desterrou á Coruña; aínda que, segundo algúns investigadores, o certo é que volveu á cidade herculina como enviado do Emperador para preparar a recepción do Rei. Alí foi nomeado Capitán Xeneral da Armada en Flandres. Promoveu e organizou expedicións da Armada en terras americanas. Na segunda campaña comandada por Pedro de Mendoza en 1535 fundouse a cidade de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso da Orde dos franciscanos. Ingresou no colexio de pasantes de Alba de Tormes en novembro de 1770 e concluíu o seu trienio no ano 1773. Xa no 1786 exerceu como discreto no convento de San Francisco de Santiago e o 10 de xuño de 1790, desempeñando o cargo de gardián do convento de Lugo, fixo o acostumado xuramento de examinador sinodal. No ano 1804, data da súa morte, ocupaba o cargo de gardián do convento de Ferrol. A súa obra está en relación coa situación que ocupaba de predicador xeral. Así, publicou as obras: Sermón que en acción de grazas por el feliz nacimiento de los señores infantes gemelos Carlos y Felipe... dijo en Betanzos, el 26 de diciembre de 1783, el P. ____ (1784) e Elogio fúnebre que en honor del católico rey d. Carlos III dijo, en el día 23 de enero del año de 1789, en la iglesia de N. P. San Francisco de la villa de Ferrol, el P. ___(1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Palencia en 1628, de Burgos en 1631 e de Sigüenza en 1640. En 1636 foi Vicerrei e Capitán Xeneral de Navarra e nove anos máis tarde fíxose cargo do Arcebispado de Compostela. Publicou nesta cidade en 1648 o libro Constituciones sinodales.

    VER O DETALLE DO TERMO