anano -na
anano -na
(< lat nānu ‘anano’
-
adx
Aplícase ao que é máis pequeno en comparación cos demais da súa especie.
Ex: Entre os que máis me gustan está ese mono anano que come cacahuetes.
-
adx e s
Que está afectado de ananismo.
Ex: É así de anano por mor dunha enfermidade que tivo na infancia.
-
s
f
[ALIM]
Especie temperá de mazá.
Ex: Recollemos as ananas antes de que as pólas da árbore caesen.
-
s
m
[MIT]
Ser mítico que, segundo a crenza popular, habita nas forxas dos ferreiros, a carón do fogón; caracterízase pola súa bondade e agarimo cara aos nenos, aos que cura de moitas doenzas. Pode adoptar diferentes formas como as de bolboreta, paxaro ou verme, pero é máis coñecida a súa figura de homiño pequeno, con barba moi branca e longa, que se agocha en profundas covas e fragas moi mestas.